Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
A Deputación concederá subvencións para promover, fomentar e difundir as actividades culturais que organicen as persoas físicas e xurídicas sen fins de lucro no seu ámbito territorial e excepcionalmente fóra deste, cando teñan relevancia para os intereses provinciais, durante o exercicio actual. Serán prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a mellorar a calidade de todas as manifestacións culturais, en especial, as actividades dirixidas á reivindicación e difusión do patrimonio material e inmaterial da provincia de Pontevedra, contribuíndo deste xeito á difusión, mantemento e recuperación da nosa cultura e tradicións.
Beneficiarios
Poderán solicitar estas subvencións as persoas físicas e xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:
- Carecer de fins de lucro (feito que se debe acreditar cunha declaración responsable da persoa representante)
- Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra deste cando versen sobre temas de interese para a provincia
- Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas
- Non estar incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei
- Estar ao corrente coas obrigas tributarias, coa Seguridade Social, coa Facenda autonómica e coa Deputación