Convocante

Concello de O Barco de Valdeorras

Publicación

Boletín Oficial de Ourense

Obxecto

As presentes bases teñen por obxecto regular a concesión para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás entidades culturais do Concello do Barco de Valdeorras no desenvolvemento das súas actividades de promoción e cooperación cultural e á difusión e animación sociocultural que contribúan ao espallamento e á promoción da cultura galega no Concello do Barco de Valdeorras e redunden en beneficio da cidadanía.

Beneficiarios

Poderán solicitar estas subvencións e terán dereito a elas as entidades culturais legalmente constituídas e que figuran inscritas no Rexistro Oficial de Entidades Culturais da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha antigüidade non inferior a un ano anterior á data da solicitude da presente subvención e realicen as actividades no Municipio do Barco.

Volver