Convocante

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública das subvencións para o financiamento das accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas con compromiso de contratación e da actividade laboral asociada, dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas, a través dos seguintes programas:

  • Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata.
  • Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata.

Beneficiarios

Poderán ser entidades beneficiarias as empresas calquera que sexa a forma xurídica que adopten que empreguen cincuenta ou máis persoas traballadoras en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia,  de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Volver