Convocante
Axencia Galega das Industrias CulturaisPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas bases teñen por obxecto impulsar proxectos dirixidos a innovar e mellorar o funcionamento dixitalizado e sustentable das salas de exhibición cinematográfica establecidas en Galicia, e fomentar medidas de captación de público e de adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual nestes espazos, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) nº 2021/241.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que teñan como obxecto social a exhibición comercial de películas cinematográficas e estean dadas de alta na epígrafe 963.1 do imposto de actividades económicas no momento da publicación da presente convocatoria e que sexan titulares ou posuidoras, por calquera título válido en dereito, da sala ou salas de exhibición cinematográfica situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán ser beneficiarias das subvencións aquelas agrupacións de titulares e/ou posuidoras, por calquera título válido en dereito, de exhibición cinematográfica situadas na Comunidade Autónoma, sempre que se constitúan como agrupación, todos os membros cumpran cos requisitos necesarios para obter a condición de persoa beneficiaria e designen unha persoa representante con capacidade para actuar en nome e por conta de todas as persoas titulares ou arrendatarias que conformen a agrupación.