Convocante

Deputación Provincial de A Coruña

Publicación

Boletín Oficial de A Coruña

Obxecto

O obxecto da presente convocatoria destinaranse á realización de actividades culturais por parte das entidades sen ánimo de lucro que forman parte dos seguintes catro ámbitos:

  1. Entidades de natureza cultural. Apoiarase o desenvolvemento de actividades culturais vinculadas á creación, investigación, formación e difusión cultural e á dinamización sociocultural do territorio.
  2. Entidades de natureza veciñal. Apoiarase unicamente o desenvolvemento de actividades e proxectos culturais orientados á dinamización sociocomunitaria e á vertebración e cohesión social.
  3. Entidades de natureza educativa. Apoiarase unicamente o desenvolvemento de actividades e proxectos culturais orientados ao fomento dos contidos educativos e ao desenvolvemento persoal do alumnado dos centros educativos públicos da provincia.
  4. Entidades de natureza social e asistencial. Apoiarase unicamente o desenvolvemento de proxectos e actividades culturais orientados á información e sensibilización social sobre o campo de traballo das entidades peticionarias e ao traballo cos seus destinatarios directos a través de contidos artísticos e culturais.

Beneficiarios

Poderán  acceder a estas axudas as entidades sen ánimo de lucro, con domicilio fiscal na provincia de A Coruña o que acrediten que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial de esta provincia.

Volver