Convocante

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Estas subvencións teñen a finalidade de apoiar as mulleres en situación de violencia de xénero, na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para unha recuperación integral, tendo en conta que a falta de recursos propios, fundamentalmente dun posto de traballo, dificulta en moitas ocasións a ruptura da situación de violencia.

Beneficiarios

Poderán ser destinatarias destas subvencións as entidades sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

  • Carecer de ánimo de lucro.
  • Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.
  • Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Volver