Convocante

Instituto Galego de Promoción Económica

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Estas axudas teñen por obxecto facilitar a execución dun conxunto de servizos profesionais por parte de entidades colaboradoras previamente seleccionadas mediante a Resolución do 12 de decembro de 2023 (DOG nº 241, do 21 de decembro).

Os servizos para os que se poderá conceder axuda en especie, consistente na execución de servizos para a súa realización en empresas galegas, están integrados nas seguintes categorías:

  • Profesionalización e desenvolvemento estratéxico:
    • Servizos de análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora.
    • Servizos de desenvolvemento estratéxico integral da empresa.
    • Servizos de análise do cumprimento normativo e dos riscos legais (Compliance).
    • Servizos de captación, fidelización e xestión de talento.
    • Servizos para o desenvolvemento dunha estratexia de integración ESG.
    • Servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento.
    • Servizos de circularización e optimización dos procesos de produción e cadea loxística.
    • Servizos de asesoramento para o relanzamento comercial.
    • Servizos de preparación de procesos certificables.
    • Servizo de apoio para empresas emerxentes innovadoras.
  • Innovación:
    •  Servizos de deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.
    • Servizos de protección da innovación.
    • Servizos de asesoramento para o financiamento da innovación.

Beneficiarios

Poderán ser entidades beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluídos os autónomos, as comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial e poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos, ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Volver