Convocante
Instituto Galego de Promoción EconómicaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas axudas estan destinadas a mellorar a adaptación da cualificación das persoas traballadoras ás necesidades do mercado laboral, para garantir o seu mantemento en emprego e permitir a súa progresión profesional.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas organismos intermedios de carácter empresarial de Galicia, como:
- As entidades con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, que pertenzan a unha das seguintes categorías: asociacións empresariais, fundacións empresariais ou universidade-empresa, colexios profesionais, consellos reguladores de denominacións de orixe ou clústeres empresariais.
- Os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación.