Convocante

Consellería de Política Social e Xuventude

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Estas axudas teñen por obxecto promover a aplicación, nas escolas infantís 0-3 anos da súa titularidade, dunha bonificación do 100 % do prezo correspondente á atención educativa prestada aos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia entre o 1 de setembro de 2022 e o 31 de agosto de 2023.

Beneficiarios

Poderán optar a estas axudas as entidades privadas que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, non accedan á bonificación a través doutras liñas de axuda da Consellería de Política Social e Xuventude, apliquen a gratuidade da atención educativa nas escolas infantís 0-3 e cumpran os requisitos reflectidos nestas bases.

Volver