Convocante

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

A finalidade deste programa é a concesión de 2 liñas de axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo e mantemento da súa actividade laboral.

Establécense 2 liñas de axudas:

  • Liña 1: unha axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma.
  • Liña 2: unha axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia, equivalente a 12 meses da contía da cota reducida regulada no punto 1 do artigo 38.ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.

Beneficiarios

Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 30 de setembro de 2023 e o 30 de setembro de 2024, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

Observacións

O prazo de presentación de solicitudes de esta orde iniciaráse o día 16 de xaneiro de 2024 e finalizará o 29 de setembro de 2024.

Volver