Convocante
Instituto Galego de Promoción EconómicaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas axudas teñen como obxecto apoiar as empresas galegas nos seus procesos de
internacionalización dixital conscientes de que o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais supón un enorme potencial para a mellora da competitvidade nos mercados internacionais, considerando que o desenvolvemento de plans empresariais de internacionalización dixital repercuten nas posibilidades de negocio, posibilitando a presenza en mercados, facilitando o aceso a clientes, reducindo os custos de transacción e publicidade, e permiten abrir canles comerciais novos, achegando así medios máis eficaces para a potenciación de actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións. O obxecto último destas bases é o desenvolvemento e a implementación dun plan de internacionalización dixital de empresa.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes
requisitos:
- Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. En todo caso, a solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá presentarse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
- Que estean ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.