Convocante
Concello A EstradaPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Este programa de axudas, ten a finalidade de colaborar de maneira activa na xeración de emprego no noso municipio, apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais.
Beneficiarios
Poderán acollerse a estas axudas o empresariado individual e as pequenas e medianas empresas (pemes), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022 (enténdese por inicio da actividade a alta no imposto de actividades económicas -IAE-), que cumpran os requisitos reflectidos nestas bases.