Convocante
Consellería de Economía, Emprego e IndustriaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar as subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2020, coa finalidade de promover o emprego autónomo e a súa consolidación a través dos seguintes programas de axudas:
- Programa I. Fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de novacreación (TR807I).
- Programa II. Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas deemprego de base tecnolóxica (IEBT) (TR340E).
Beneficiarios
PROGRAMA I:
Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas neste programa as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.
PROGRAMA II:
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.
Observacións
Prazo presentación:
- Programa I – 31 de xullo de 2020
- Programa II – 30 de setembro de 2020