Convocante
Axencia Galega das Industrías CulturáisPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas axudas teñen por obxecto apoiar a festivais de artes escénicas e de música de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector e aprobar a súa convocatoria para o ano 2019.
Beneficiarios
Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas privadas domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, así como as entidades locais galegas, que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e cumpran as condicións e criterios establecidos nestas bases.