Convocante

Concello de Vigo

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Estas subvencións están dirixidas a fomentar o emprego, co fin de reforzar a capacidade de autoorganización das entidades asociativas e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción de calidade de vida e benestar social da cidadanía, xa que ten dentro das súas propostas para estes anos de crise, acadar mediante a contratación directa o maior número de postos de traballo reducindo a porcentaxe de desempregados e desempregadas na nosa cidade, unha das formas para acadar este obxectivo entre outras é a colaboración coas organizacións con presencia na cidade de Vigo, de tal xeito que se mellore a prestación de servizos de información, formación e asesoramento as persoas en situación de desemprego cara a busca de emprego, o autoemprego e o fomento do emprendemento.

Beneficiarios

Poderán solicitar subvencións e obter a condición de beneficiarios as entidades, sen ánimo de lucro, que reúnan os seguintes requisitos:

  • Que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.
  • Que, conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nas presentes bases.
  • Que, conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, as entidades deportivas, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nas presentes bases, e que veñan desenvolvendo actividades de promoción do deporte, cando menos nas ultimas duas tempadas deportivas.
  • Que dispoñan dunha estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acreditar a experiencia e capacidade necesaria para acadalos.
  • Que teñan debidamente xustificadas en tempo e forma axudas outorgadas nesta área do Concello de Vigo na convocatoria anterior.
Volver