Convocante

Concello de Barbadás

Publicación

Boletín Oficial de Ourense

Obxecto

Estas subveciñons están dirixidas ao apoio e promoción do deporte en todas as súas facetas, de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, libre concorrencia, non discriminación e igualdade, para a realización de actividades deportivas que contribúan ao fomento do deporte e da actividade física dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños e veciñas do Concello.

Haberá dúas liñas de financiamento:

  1. Organización de actividades deportivas federadas e outras actividades de especial transcendencia social que contribúan á promoción deportiva.
  2. Gastos de funcionamento das entidades deportivas por participación ou organización de competicións e actividades federadas de carácter oficial, ben na tempada ou anualidade que rematen no exercicio orzamentario.

Beneficiarios

Serán beneficiarias desta subvención asociacións e entidades deportivas sen ánimo de lucro, que estean debidamente rexistradas no Concello de Barbadás, que realicen actividades deportivas que complementen as atribuídas á competencia municipal e, en xeral, contribúan ao fomento do deporte e actividade física dos intereses deportivos do municipio.

Voltar