Que pretendemos?
O Programa VIRADA vai dirixido a Equipos de dirección de Entidades de economía social, co propósito de que estes desenvolvan as súas competencias de liderado, xestión e dinamización de equipos, necesarias para enfrontar retos e superar dificultades.
As Entidades de economía social están a responder ao desafío de ser axentes de cambio e transformación no seu ámbito de influencia, e a nosa experiencia é que esta contribución social incrementa a súa efectividade cando o Equipo de dirección afronta e lidera a resposta aos retos dos tempos e se converte en inspiración para o resto de persoas e equipos da Entidade.
O impulso do Equipo de dirección resulta clave para que unha Entidade de economía social acade o cumprimento da súa misión, a institución desenvolva un proxecto atractivo, viable e sostible, e mellore a satisfacción de todas as partes implicadas.
Pretendemos acompañar a Equipos de dirección para contribuír a facer máis efectivas as Entidades de economía social.
Que traxectoria ten o Programa?
A intención de Algalia é trasladar e adaptar ás características propias da nosa comunidade a exitosa experiencia en Euskadi, contando coa participación de docentes e facilitadores da Fundación EDE.
O Programa VIRADA desenvolveu a súa primeira edición en Galicia entre novembro de 2015 e abril de 2016.
Cal é o enfoque de traballo?
O Programa incorpora enfoques e ferramentas que proveñen do Desenvolvemento Organizacional e do Coaching de equipos, coas que se pretende:
- Facilitar procesos nos que as persoas e equipos modifiquen as súas accións para lograr resultados máis efectivos, procesos que favorezan o cambio na forma de observar a realidade para abrirse a máis e novas posibilidades, antes inimaxinadas ou non contempladas.
- Desenvolver competencias conversacionais e emocionais que contribúan a desenvolver relacións entre os membros do equipo máis afectivas e efectivas.
- Repensar as formas de coordinación de accións de cara a lograr equipos de maior calidade e calidez.
- Promover a integridade das persoas e equipos coa misión, visión e valores da Entidade.
Cal é o desenvolvemento xeral?
As 5 Entidades de econonía social participantes compartirán espazos de formación presencial en formato Obradoiro cos facilitadores de Fundación EDE, e sesións de Coaching de equipos a cargo dos coachs de Algalia.
Os participantes contarán con ferramentas en liña para o traballo colaborativo.
A carga de traballo durante o Programa será a seguinte:
- Antes de Nadal de 2018:
- Primeiro Obradoiro: xoves 25-10-2018.
- Primeira sesión de Coaching de equipos.
- Segundo Obradoiro: xoves 22-11-2018.
- Despois de Nadal de 2018:
- Segunda e terceira sesión de Coaching de equipos.
- Terceiro Obradoiro: xoves 24-01-2018.
- Cuarta sesión de Coaching de equipos.
- Cuarto Obradoiro: xoves 21-02-2018.