Aliados

“As mellores parellas están feitas de traballo en equipo, respecto mutuo, admiración e interminables doses de amor e gratitude”.

Aliados corporativos

Socias

Socias

Coop57 é unha cooperativa de servizos financeiros que promove a economía social e solidaria financiando os proxectos dos seus asociados.

A presenza de Algalia nesta organización explícase desde o apoio á creación de espazos financeiros que esten rexidos polos valores e principios da economía social.

Membros do Consello Reitor

Membros do Consello Reitor

Espazo coop Unión de Cooperativas de Galicia, que agrupa o sector de cooperativas en Galicia.

O noso compromiso con esta organización está motivado pola nosa aposta polos valores e principios da economía social e a convicción da necesidade de realizar incidencia política a través das entidades representativas da economía social.

Socias

Socias

Fiare Banca Ética, é unha cooperativa de servizos financeiros que promove a economía social e solidaria financiando os proxectos dos seus asociados.

A presenza de Algalia nesta organización explícase desde o apoio á creación de espazos financeiros que esten rexidos polos valores e principios da economía social.

Aliados de negocio

Socias

Socias

AECA Asociación Española de Contabilidad e Administración de empresas, asume como nova área de estudo e investigación todos os aspectos relacionados coa contabilidade das Entidades sen fins lucrativos.

Algalia pertence á comisión de entidades non lucrativas desde o ano 2012 e participa de forma activa na difusión de coñecemento sobre a contabilidade neste sector.

Alianza estratéxica

Alianza estratéxica

Expert Coop é un selo que agrupa a diversas asesorías cooperativas e que se agrupan contorna a ese selo como garantía de especialización, coñecemento e saber facer no asesoramento a cooperativas.

Alianza estratéxica

Alianza estratéxica

Fundación EDE é unha organización de Euskadi, que persegue o desenvolvemento social, cultural e educativo a través da implementación de programas de formación e orientación para profesionais e voluntariado. Tamén ofrece consultoría e apoio técnico a entidades, entre outros servizos.

Fundación EDE e Algalia manteñen unha estreita alianza no marco de programas en Liderado e Desenvolvemento de Equipos, que conxugan formación e coaching e que se caracterizan por un alto impacto transformador.

Alianza estratéxica

Alianza estratéxica

LKS S. Coop é unha cooperativa de consultoría que pertence á Corporación Mondragón.

Algalia aposta por unha sólida alianza coa liña de estratexia de LKS co fin de transferir modelos metodolóxicos de Reflexión estratéxica ás entidades de economía social nos ámbitos sociais, educativos e culturais.

Alianza estratéxica

Alianza estratéxica

Landin Informática é un distribuidor de productos software de xestión de A3.

A3 e Landí Informática xuntan forzas con Algalia para ofrecer aplicacións informáticas adaptadas ao Terceiro Sector e que sexan realmente instrumentos efectivos que permitan mellorar a eficiencia nos departamentos de administración e fornecer información para a toma de decisións.

Alianza estratéxica

Alianza estratéxica

Imatia SL é unha empresa de desenvolvemento, que creou a tecnoloxía Ontimize, que permite a creación áxil de aplicacións en código aberto.

Algalia mantén unha alianza con Imatia para o desenvolvemento e distribución de software de xestión para centros de discapacidade, +INTEGRA.

Membros da Xunta Directiva

Membros da Xunta Directiva

GEAccounting é unha agrupación de interese económico sen ánimo de lucro, que pretende crear unha comunidade de persoas interesadas na contabilidade social.

Naceu co propósito de facer chegar ao maior número de organizacións a Metodoloxía desenvolta polo Grupo de Investigación ECRI, grazas á cal é posible calcular o valor global xerado por calquera tipo de entidade.

Membros da Xunta Directiva

Membros da Xunta Directiva

Asociación DHO constitúe un grupo de persoas firmemente comprometido coa mellora e o progreso social e cunha clara vocación de servizo á comunidade.

Un dos obxectivos fundamentais da Asociación é apoiar ás persoas e equipos que traballan a favor do desenvolvemento das organizacións, contribuíndo así a construír unha sociedade mellor.