O Programa VIRADA vai dirixido a Equipos de dirección de Entidades de economía social, co propósito de que estes desenvolvan as súas competencias de liderado, xestión e dinamización de equipos.

Coa metodoloxía proposta desenvólvense competencias no ámbito persoal, no ámbito do propio Equipo de dirección e no ámbito da organización.

Presentamos as competencias agrupadas en tres bloques:

  • Estratéxicas.
  • Interpersoais.
  • Persoais.

Competencias estratéxicas

Dirección estratéxica

Capacidade para identificar os puntos fortes e débiles da organización, anticiparse ás tendencias da contorna e xerar novas liñas de traballo, servizos, proxectos, etc.

Orientación ao cliente

Capacidade para atender adecuadamente as necesidades do cliente, creando e consolidando unha relación de valor para ambas partes.

Rede de relacións

Capacidade para crear e fortalecer unha rede de contactos con persoas crave e axentes que facilitan o bo funcionamento da organización.

Negociación

Capacidade para chegar a acordos satisfactorios para todas as partes implicadas no proceso, xerando o maior valor engadido posible.

Competencias interpersoais

Dirección de equipos

Capacidade para xerar e fomentar un ambiente de cohesión e colaboración entre todos os membros do equipo, orientado á consecución da misión e os obxectivos da organización.

Comunicación

Capacidade para escoitar e expresarse, establecendo o modo e o momento oportuno para transmitir unha idea de maneira efectiva.

Delegación

Capacidade para transferir ao equipo o espazo e os recursos necesarios para a toma de decisións e o logro dos seus obxectivos.

Xestión do talento

Capacidade para desenvolver optimamente o potencial posible do equipo.

Competencias persoais

Análise de problemas e toma de decisións

Capacidade para identificar de maneira efectiva a información relevante, xerar distintas solucións e executar a liña de traballo óptima para cada situación.

Xestión do tempo

Capacidade para priorizar as tarefas, programar as actividades de maneira adecuada e executalas no prazo previsto.

Xestión do cambio e aprendizaxe

Capacidade para facer fronte ao cambio e asimilar novos coñecementos e comportamentos.

Autocontrol e equilibrio

Capacidade para reaccionar co estado de ánimo apropiado e comportándose de maneira ecuánime ante calquera situación.