Dirixido a
O Programa VIRADA vai dirixido a Equipos de dirección de Entidades de economía social, co propósito de que estes desenvolvan as súas competencias de liderado, xestión e dinamización de equipos.
- O número de prazas está limitado a un máximo de 5 entidades.
- Por cada Entidade poderán participar un mínimo de 3 e un máximo de 7 persoas do Equipo de dirección.
- Algalia resérvase o dereito de suspender a edición do programa por razóns organizativas.
Duración e compromisos
O Programa VIRADA pretende promover unha intervención con pegada e impacto na Entidade de economía social, conxugando os momentos de reflexión e debate cos propios da xestión cotiá. Combina diferentes espazos e metodoloxía de aprendizaxe, xerando unha transformación que posibilita a xestión do cambio.
Abarca dous trimestres do curso escolar, e estrutúrase nesta edición dende outubro de 2018 ata abril de 2019.
Os compromisos de traballo presencial que adquirirán as Entidades de economía social participantes son os seguintes:
- Obradoiros: formación presencial compartida polas Entidades de economía social participantes.
- 4 obradoiros, de 8 horas de duración cada un, a traballar en Vigo (ou outra localidade de Galicia, acordada por Algalia cos participantes unha vez pechada a inscrición).
- Sesións de Coaching de equipos: acompañamento personalizado a todos e cada unha das entidades participantes.
- 4 sesións de Coaching de equipos, de 3 horas de duración cada unha, a desenvolver en cada un das entidades participantes no Programa.
Itinerario formativo
O itinerario formativo a desenvolver no Programa VIRADA é o seguinte:
Actividade | Participantes | Data e horario | Lugar | |
1 | Primeiro Obradoiro | Todas as Entidades de economía social participantes | 25-10-2018 (8 horas) | Vigo |
2 | Primeira sesión de Coaching de equipos | Equipo de dirección de cada entidade | Antes do vindeiro Obradoiro (3 horas) | En cada entidade participante |
3 | Segundo obradoiro | Todas as Entidades de economía social participantes | 22-11-2018 (8 horas) | Vigo |
Nadal | Nadal | Nadal | Nadal | |
4 | Segunda sesión de Coaching de equipos | Equipo de dirección de cada entidade | Antes do vindeiro Obradoiro (3 horas) | En cada entidade participante |
5 | Terceira sesión de Coaching de equipos | Equipo de dirección de cada entidade | Antes do vindeiro Obradoiro (3 horas) | En cada entidade participante |
6 | Terceiro Obradoiro | Todas as Entidades de economía social participantes | 24-01-2018 (8 horas) | Vigo |
7 | Cuarta sesión de Coaching de equipos | Equipo de dirección de cada entidade | Antes do vindeiro Obradoiro (3 horas) | En cada entidade participante |
8 | Cuarto Obradoiro | Todas as Entidades de economía social participantes | 21-02-2018 (8 horas) | Vigo |
Cada Entidade de economía social marcará as datas das sesións de Coaching de equipos en coordinación cos Coachs de Algalia
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 28 de setembro de 2018.
A inscrición realízase seguindo o seguinte procedemento e requisitos:
- Para proceder á inscrición, a través da páxina web de Algalia, cubrir o formulario de inscrición e enviar por correo electrónico a [email protected].
- Entrevista presencial de membros do equipo do Programa coa ou coas persoas responsables do Equipo de dirección da Entidade de economía social
- A inclusión no Programa, unha vez revisado que se cumpren os requisitos de admisión, establecerase por orde e inscrición.
- O número de prazas é dun máximo de 5 Entidades de economía social.
- Cada un destes poderá aportar un máximo de 7 persoas e un mínimo de 3 por Equipo de dirección.
- Para optimizar os espazos de formación en formato Obradoiro, as persoas participantes nos mesmos non superarán o número de 25.
Prezo
O prezo total por entidade entre 3 e 5 membros do Equipo de dirección, será de 4.960 €. Nos casos de equipos cunha composición superior a 5 membros, isto suporá un incremento do prezo, que se terá que estudar co coordinador do programa.
Este prezo inclúe, para todo o Equipo de dirección participante:
- 32 horas de formación presencial en formato Obradoiro.
- 12 horas de Coaching de equipo na propia entidade.
Este Programa pode ser bonificable pola Fundación Estatal para a Formación no Emprego. O importe bonificable será calculado especificamente para cada entidade durante o proceso de inscrición, e xestionado por Algalia.