Fundación EDE

www.fundacionede.org

Ander Mimenza

É responsable de Bidera (liderado e emprendizaxe social) e consultor da área de consultoría da Fundación EDE acompañando procesos de fortalecemento e desenvolvemento organizacional.

Compaxina este labor de coordinación e consultoría, coa de coaching e facilitación de cursos: planificación estratéxica, comunicación e mercadotecnia, liderado, competencias conversacionais, perspectiva sistémica, etc.

É experto en mercadotecnia e xestión de entidades sociais, así como coach ontolóxico, sistémico e PNL.

Itziar Garay

Desenvolve o seu labor no servizo de calidade dentro da área de consultoría da Fundación EDE acompañando procesos de fortalecemento organizacional.

Compaxina este labor de consultoría coa de coaching e facilitación de cursos: sistemas de xestión de calidade, xestión de persoas, liderado, competencias conversacionais, perspectiva sistémica, etc.

Formouse como coach ontolóxico, sistémico e PNL con especialistas destas disciplinas.

Algalia

www.algalia.com

Miguel Barbosa

É socio consultor de persoas e procesos, e coach de equipos de Algalia.

Diplomado en Ciencias empresariais (especialidade de Recursos humanos), e diplomado en Relacións Laborais (Universidade de Vigo), Posgrao en coaching de equipos (Mondraón Unibertsitatea), Máster en Calidade (INGAFOR), Master en Xestión Ambiental (INGAFOR) E Máster en Prevención de Riscos laborais (especialidades de eronomía e psicosociología aplicada, hixiene industrial e seguridade no traballo, INGAFOR)

Desde o ano 2000 foi formador en diferentes Máster e Cursos superiores de Calidade, prevención de riscos laborais, recursos humanos e medioambiente,

En 2005 inicia a súa traxectoria como consultor de desenvolvemento organizativo en Algalia, onde na actualidade é consultor  sénior e responsable da área de consultoría.

David Pereiro

É socio consultor de estratexia e coach persoal e de equipos en Algalia.

Facilitou numerosos procesos de planificación estratéxica con entidades non lucrativas e responsabilizouse da elaboración e avaliación de proxectos para administracións públicas autonómicas e estatais.

É educador social, licenciado en Filosofía (USC), Máster en consultoría e xestión de procesos de desenvolvemento organizacional (Universidad de Valladolid), Máster en coaching de persoas e equipos (Mondragón Unibertsitatea) e Posgrao en coaching de equipos (Mondraón Unibertsitatea).