Dirixido a

O Programa VIRADA vai dirixido a Equipos de dirección de Entidades de economía social, co propósito de que estes desenvolvan as súas competencias de liderado, xestión e dinamización de equipos.

  • O número de prazas está limitado a un máximo de 5 entidades.
  • Por cada Entidade poderán participar un mínimo de 3 e un máximo de 7 persoas do Equipo de dirección.
  • Algalia resérvase o dereito de suspender a edición do programa por razóns organizativas.

Duración e compromisos

O Programa VIRADA pretende promover unha intervención con pegada e impacto na Entidade de economía social, conxugando os momentos de reflexión e debate cos propios da xestión cotiá. Combina diferentes espazos e metodoloxía de aprendizaxe, xerando unha transformación que posibilita a xestión do cambio.

Abarca dous trimestres do curso escolar, e estrutúrase nesta edición dende outubro de 2018 ata abril de 2019.

Os compromisos de traballo presencial que adquirirán as Entidades de economía social participantes son os seguintes:

  • Obradoiros: formación presencial compartida polas  Entidades de economía social participantes.
    • 4 obradoiros, de 8 horas de duración cada un, a traballar en Vigo (ou outra localidade de Galicia, acordada por Algalia cos participantes unha vez pechada a inscrición).
  • Sesións de Coaching de equipos: acompañamento personalizado a todos e cada unha das entidades participantes.
    • 4 sesións de Coaching de equipos, de 3 horas de duración cada unha, a desenvolver en cada un das entidades   participantes no Programa.

Itinerario formativo

O itinerario formativo a desenvolver no Programa VIRADA é o seguinte:

 

  Actividade Participantes Data e horario Lugar
1 Primeiro Obradoiro Todas as Entidades de economía social participantes 25-10-2018   (8 horas) Vigo
2 Primeira sesión de Coaching de equipos Equipo de dirección de cada entidade Antes do vindeiro Obradoiro (3 horas) En cada entidade participante
3 Segundo obradoiro Todas as Entidades de economía social participantes 22-11-2018   (8 horas) Vigo
Nadal Nadal Nadal Nadal
4 Segunda sesión de Coaching de equipos Equipo de dirección de cada entidade Antes do vindeiro Obradoiro (3 horas) En cada entidade participante
5 Terceira sesión de Coaching de equipos Equipo de dirección de cada entidade Antes do vindeiro Obradoiro (3 horas) En cada entidade participante
6 Terceiro Obradoiro Todas as Entidades de economía social participantes 24-01-2018  (8 horas) Vigo
7 Cuarta sesión de Coaching de equipos Equipo de dirección de cada entidade Antes do vindeiro Obradoiro (3 horas) En cada entidade participante
8 Cuarto Obradoiro Todas as Entidades de economía social participantes 21-02-2018  (8 horas) Vigo

 

Cada Entidade de economía social marcará as datas das sesións de Coaching de equipos en coordinación cos Coachs de Algalia

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 28 de setembro de 2018.

A inscrición realízase seguindo o seguinte procedemento e requisitos:

  1. Para proceder á inscrición,  a través da páxina web de Algalia, cubrir o formulario de inscrición e enviar por correo electrónico a [email protected].
  2. Entrevista presencial de membros do equipo do Programa coa ou coas persoas responsables do Equipo de dirección da Entidade de economía social
  3. A inclusión no Programa, unha vez revisado que se cumpren os requisitos de admisión, establecerase por orde e inscrición.
  4. O número de prazas é dun máximo de 5 Entidades de economía social.
  5. Cada un destes poderá aportar un máximo de 7 persoas e un mínimo de 3 por Equipo de dirección.
  6. Para optimizar os espazos de formación en formato Obradoiro, as persoas participantes nos mesmos non superarán o número de 25.

Prezo

O prezo total por entidade entre 3 e 5 membros do Equipo de dirección, será de 4.960 €. Nos casos de equipos cunha composición superior a 5 membros, isto suporá un incremento do prezo, que se terá que estudar co coordinador do programa.

Este prezo inclúe, para todo o Equipo de dirección participante:

  1. 32 horas de formación presencial en formato Obradoiro.
  2. 12 horas de Coaching de equipo na propia entidade.

Este Programa pode ser bonificable pola Fundación Estatal para a Formación no Emprego. O importe bonificable será calculado especificamente para cada entidade durante o  proceso de inscrición, e xestionado por Algalia.