O Equipo de facilitadores encargarase de dar apoios en cada unha das actividades do Programa:
- Encontros presenciais outdoor.
- Talleres de contido sobre liderado.
- Coaching persoal.
- Proxecto de mellora organizacional.
Fundación EDE
Ander Mimenza
É responsable de BIDERA (Liderado e emprendizaxe social) e consultor da área de consultoría da Fundación EDE acompañando procesos de fortalecemento e desenvolvemento organizacional.
Compaxina este labor de coordinación e consultoría coa facilitación de cursos: planificación estratéxica, comunicación e mercadotecnia, liderado, competencias conversacionais, perspectiva sistémica, etc.
É coach de persoas e equipos, formado en diferentes escolas internacionais: Ontolóxico, Sistémico, PNL, Corporal…
A súa área de coñecemento é multidisciplinar: Mercadotecnia, Administración de empresas, Xestión de entidades sociais, Psicoloxía, Filosofía…
Algalia
Celso Gándara
É xerente de Algalia e coach.
Xerente de Algalia (2014-2009), Presidente de Espazo Coop, Unión de cooperativas de Galicia (dende 2016), responsable de consultoría en Algalia sendo consultor en estratexia e proxectos sociais (2009-2000), asesor económico de entidades non lucrativas en Algalia (2000-1997), responsable da Área de Formación e Emprego en Cáritas Diocesana Tui Vigo (1998-1999), responsable do Centro de Desarrollo Humano e Empresarial Don Bosco en Tegucigalpa, Honduras (1996-1997) e docente en diversos planos de formación e postgraos de dirección de entidades sociais.
Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais (USC), Master en coaching de persoas e equipos (Mondragón Unibertsitatea), Programa Superior en Dirección y Gestión de Cooperativas (Escola Negocios A Fundación), Postgrao en Dirección e Administración de organizacións non lucrativas (UdeVigo) e Postgrao en Inserción Laboral de Persoas con Discapacidade (Fundación Paideia).
Begoña Suárez
É xerente de AMIPA e coach.
Xerente da Asociación AMIPA desde 2009 e formadora en diversos cursos relacionados co ámbito xurídico e social, na administración local e entidades non lucrativas.
Licenciada en Dereito (USC), Master en Dirección e Xestión de Centros, Recursos e Servizos para a Atención á Dependencia (USC) e Master en coaching de persoas e equipos (Mondragón Unibertsitatea).
David Pereiro, responsable de VIRADA Liderado
É socio consultor de estratexia e coach persoal e de equipos en Algalia.
Facilitou numerosos procesos de planificación estratéxica con entidades non lucrativas e responsabilizouse da elaboración e avaliación de proxectos para administracións públicas autonómicas e estatais.
É educador social, licenciado en Filosofía (USC), Máster en consultoría e xestión de procesos de desenvolvemento organizacional (Universidad de Valladolid), Máster en coaching de persoas e equipos (Mondragón Unibertsitatea) e Posgrao en coaching de equipos (Mondragón Unibertsitatea).