{"id":9872,"date":"2021-02-08T13:30:12","date_gmt":"2021-02-08T11:30:12","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/gl\/?p=9872"},"modified":"2021-04-08T14:53:47","modified_gmt":"2021-04-08T12:53:47","slug":"conversa-con-evd-galicia-sobre-transformacion-organizacional","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/conversa-con-evd-galicia-sobre-transformacion-organizacional\/","title":{"rendered":"Conversa con EVD Galicia sobre transformaci\u00f3n organizacional"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-9873 alignleft\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/EVD-GALICIA-Logotipo.jpeg\" alt=\"\" width=\"180\" height=\"252\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/EVD-GALICIA-Logotipo.jpeg 458w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/EVD-GALICIA-Logotipo-215x300.jpeg 215w\" sizes=\"(max-width: 180px) 100vw, 180px\" \/><\/p>\n<p>Hoxe falamos co Equipo Directivo de EVD Galicia sobre como est\u00e1n a facilitar a evoluci\u00f3n das persoas e equipos para contribu\u00edr ao proceso de transformaci\u00f3n organizativa que estableceron na estratexia da s\u00faa organizaci\u00f3n.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.evdgalicia.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">EVD Galicia<\/a> \u00e9 unha organizaci\u00f3n de orixe relixiosa creada pola Congregaci\u00f3n das Escravas da Virxe Dolorosa. En Galicia ten como lema <em>Muller e Discapacidade<\/em>, e nos dous centros situados na nosa comunidade atende a 147 mulleres con discapacidade: 80 en Mos e 67 en Crecente. Para desenvolver a s\u00faa actividade mobiliza un orzamento de ao redor de 3,5 mill\u00f3ns de \u20ac e conta coa contribuci\u00f3n de 129 profesionais.<\/p>\n<p>Conversamos con <strong>Lev\u00ed Olivares<\/strong>, Director Xerente; <strong>Laura Ru\u00edz<\/strong>, Responsable de Calidade; e <strong>\u00c1ngeles Iglesias<\/strong>, Directora do Centro de Mos. Lamentablemente non puidemos contar coa participaci\u00f3n de <strong>Iria M\u00e9ndez<\/strong>, Directora T\u00e9cnica.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Pica na imaxe para ver en YouTube a conversa completa: 24.22 minutos. A continuaci\u00f3n tes por escrito un breve resumo.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/youtu.be\/KMKbp87xGSc\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"aligncenter wp-image-9887\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Imagen-bolet\u00edn-1-300x167.png\" alt=\"\" width=\"401\" height=\"223\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Imagen-bolet\u00edn-1-300x167.png 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Imagen-bolet\u00edn-1-768x427.png 768w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Imagen-bolet\u00edn-1-610x339.png 610w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Imagen-bolet\u00edn-1.png 915w\" sizes=\"(max-width: 401px) 100vw, 401px\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h5><strong>Programa VIRADA<\/strong><\/h5>\n<p><em>ALGALIA. O compromiso de EVD Galicia co que prop\u00f3n VIRADA \u00e9 moi grande. A que responde esa vinculaci\u00f3n tan estreita da vosa organizaci\u00f3n con VIRADA?<\/em><\/p>\n<p>LEV\u00cd. Sentimos VIRADA como parte do noso ADN porque nos axudou a un proceso de transformaci\u00f3n. Ti\u00f1amos unha bolsa con moitas ideas que necesitabamos ordenar e que algu\u00e9n nos acompa\u00f1ase.<\/p>\n<p>Supuxo moito para as persoas, cada unha de n\u00f3s, e para a organizaci\u00f3n, tam\u00e9n. Foi un apoio moi importante.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h5><strong>VIRADA Equipos<\/strong><\/h5>\n<p><em>ALGALIA. Que motivou a vosa participaci\u00f3n en VIRADA Equipos? Que queriades obter?<\/em><\/p>\n<p>LEV\u00cd. Estabamos moi afeitos traballar de maneira individual e moi xer\u00e1rquica e ti\u00f1amos claro que queriamos cambiar a unha din\u00e1mica de equipo, de grupo, a unha din\u00e1mica de repartici\u00f3n e delegaci\u00f3n de tarefas, funci\u00f3ns, decisi\u00f3ns\u2026<\/p>\n<p>Naquel momento (<em>participaci\u00f3n do Equipo Directivo<\/em>) xunt\u00e1monos as persoas que ti\u00f1amos m\u00e1is presenza, m\u00e1is participaci\u00f3n, m\u00e1is responsabilidade na organizaci\u00f3n e dix\u00e9monos: se dunha maneira informal xa estamos a decidir cousas\u2026 por que non organizamos isto que facemos? VIRADA Equipos axudounos a organizar o que faciamos e a conformarnos como equipo. Entramos sendo un grupo de profesionais que compart\u00edan as s\u00faas funci\u00f3ns para ser un equipo cohesionado que supuxo moitas cousas\u2026 o equipo transformouse nas d\u00faas primeiras sesi\u00f3ns!<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>ALGALIA. Para que serviu no seu momento?<\/em><\/p>\n<p>\u00c1NGELES. Para acompa\u00f1arnos a cambiar, foi un momento de cambio importante (<em>participaci\u00f3n do Equipo de profesionais de Mos<\/em>). Para co\u00f1ecernos como equipo: levabamos moitos anos traballando xuntos, pero co\u00f1ecernos como equipo era importante. Unirnos como un equipo, traballar dunha maneira m\u00e1is horizontal e cambiar a nosa maneira de traballo.<\/p>\n<p>Todo ten que ser unha engrenaxe: \u00e9 importante que todas as partes estean ben cohesionadas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>ALGALIA. Cales considerades que son as claves para que a participaci\u00f3n dun equipo en VIRADA Equipos sexa de utilidade para a organizaci\u00f3n?<\/em><\/p>\n<p>LAURA. O principal \u00e9 que un equipo queira evolucionar, ser m\u00e1is eficaz, queira crecer. VIRADA Equipos ax\u00fadache a saber como es como equipo, como funcionas, onde queres chegar e cal \u00e9 o mellor cami\u00f1o para poder facelo.<\/p>\n<p>As entidades evolucionan, os tempos cambian. E as organizaci\u00f3ns que traballamos con persoas, a\u00ednda m\u00e1is. Pasan cousas, as organizaci\u00f3ns est\u00e1n nun constante movemento.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>ALGALIA. Recomendariades este programa? A quen?<\/em><\/p>\n<p>\u00c1NGELES. A calquera equipo natural que queira transformarse, evolucionar. Non s\u00f3 de organizaci\u00f3ns como a nosa: un equipo de calquera centro, equipos de direcci\u00f3n\u2026<\/p>\n<p>LEV\u00cd. Temos equipos que te\u00f1en din\u00e1micas de equipo, de relaci\u00f3n, de forma natural. A n\u00f3s VIRADA achegounos orde, criterio, roles claros, introducir din\u00e1micas e ferramentas\u2026 Isto vale para equipos que est\u00e1n moi centrados na tarefa, por exemplo, de Residencia, no noso caso. Son equipos pequenos, que non te\u00f1en cuesti\u00f3ns estrat\u00e9xicas entre mans, pero que seguen o seu d\u00eda a d\u00eda e necesitan incorporar din\u00e1micas e ferramentas. VIRADA vale para crecer e tam\u00e9n para consolidarse como equipo.<\/p>\n<p>Somos moi de pel. Somos moi de emoci\u00f3ns. Como nos miramos, como falamos, como nos enfadamos, como \u201cvomitamos\u201d o un co outro\u2026 cousas que no d\u00eda a d\u00eda suceden, por moi definido que estea todo, isto est\u00e1 presente\u2026 A \u201cvomitar\u201d dunha maneira controlada tam\u00e9n nos axudou VIRADA.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h5><strong>VIRADA Liderado<\/strong><\/h5>\n<p><em>ALGALIA. En que contribu\u00edu ao teu desenvolvemento como l\u00edder a participaci\u00f3n en VIRADA Liderado?<\/em><\/p>\n<p>LEV\u00cd. Foi moi potente. Como Xerente, necesitaba un proceso de purga e de transformaci\u00f3n persoal. O Xerente nun estilo de liderado xer\u00e1rquico agrupa moita autoridade, decisi\u00f3n\u2026 No proceso de cambio que queriamos, de estilo de traballo m\u00e1is horizontal, supo\u00f1\u00eda transformarme eu, as mi\u00f1as din\u00e1micas persoais e profesionais. Axudoume moito e t\u00e9\u00f1oo como ancoraxe cando moitas veces percibo en min mesmo alg\u00fan resorte\u2026 VIRADA \u00e9 unha ancoraxe para recolocarme.<\/p>\n<p>LAURA. Foi un proceso de transformaci\u00f3n \u00e1 hora de como desempe\u00f1ar o labor de responsable de calidade, como afrontar o co\u00f1ecemento persoal de como es e como enfrontas certas situaci\u00f3ns que che xeran dificultades. O facer ese exercicio de introspecci\u00f3n coas ferramentas que che proporciona VIRADA Liderado, permitiume enfrontar as cousas doutra maneira: ampliar a mirada, xestionala doutra maneira\u2026<\/p>\n<p>Antes de chegar aqu\u00ed non era responsable de practicamente nada e hai un proceso de aprendizaxe \u00e1 hora de facelo, non \u00e9 sinxelo. Adquirir ferramentas e habilidades para facelo \u00e9, canto menos, interesante.<\/p>\n<p>\u00c1NGELES. Foi moi importante a nivel persoal. Aprender din\u00e1micas, estratexias, e, sobre todo, aprender a\u00a0 desaprender\u2026<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>ALGALIA. Das distinci\u00f3ns traballadas, cales foron as m\u00e1is transformadora no desenvolvemento do teu liderado?<\/em><\/p>\n<p>\u00c1NGELES. Aprender a\u00a0 desaprender, que representamos roles e que o desenvolvemos dunha maneira persoal\u2026<\/p>\n<p>LEV\u00cd. Foi clave toda a parte de ling\u00fc\u00edstica: as declaraci\u00f3ns, afirmaci\u00f3ns\u2026 Incorporar isto \u00e1 hora de expor cousas, establecer di\u00e1logos e conversaci\u00f3ns interesantes, foi importante.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n o tema dos xu\u00edzos: cantos te\u00f1o, cantos te\u00f1o que desmontar\u2026 Saber como tratalos, \u00e9 importante tam\u00e9n dentro do equipo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>ALGALIA. Que impacto tivo na t\u00faa organizaci\u00f3n a t\u00faa participaci\u00f3n en VIRADA Liderado, nun titular?<\/em><\/p>\n<p>\u00c1NGELES. Evoluci\u00f3n, transformaci\u00f3n e uni\u00f3n.<\/p>\n<p>LAURA. VIRADA \u00e9 un proceso de aprendizaxe e transformaci\u00f3n. Vas facer as cousas desde unha perspectiva m\u00e1is completa.<\/p>\n<p>LEV\u00cd. O Programa ch\u00e1mase VIRADA, e a virada non \u00e9 un momento, \u00e9 un proceso. Para n\u00f3s o que fixo \u00e9 iniciar un proceso, deixar un pouso. Mola navegar virando, descubrindo, descubr\u00edndote, compartindo\u2026<\/p>\n<p>Unha clave \u00e9 pasar varios por a\u00ed, porque podemos falar a mesma linguaxe e podemos virar e compartir moitas cousas. Ese crecemento persoal e individual de cada un tam\u00e9n une moito.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>ALGALIA. Moitas grazas, Equipo!<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>David Pereiro. Responsable de VIRADA.<\/strong><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe falamos co Equipo Directivo de EVD Galicia sobre como est\u00e1n a facilitar a evoluci\u00f3n das persoas e equipos para contribu\u00edr ao proceso de transformaci\u00f3n organizativa que estableceron na estratexia da s\u00faa organizaci\u00f3n. EVD Galicia \u00e9 unha organizaci\u00f3n de orixe relixiosa creada pola Congregaci\u00f3n das Escravas da Virxe Dolorosa. En Galicia ten como lema Muller [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":9873,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[27,22,26,39],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9872"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9872"}],"version-history":[{"count":24,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9872\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10170,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9872\/revisions\/10170"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9873"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9872"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9872"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9872"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}