{"id":919,"date":"2016-04-01T09:34:04","date_gmt":"2016-04-01T07:34:04","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=919"},"modified":"2020-04-06T18:30:12","modified_gmt":"2020-04-06T16:30:12","slug":"el-tribunal-supremo-avala-la-distribucion-estatal-del-07-de-irpf","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/el-tribunal-supremo-avala-la-distribucion-estatal-del-07-de-irpf\/","title":{"rendered":"O Tribunal Supremo avala a distribuci\u00f3n estatal do 0,7 do IRPF"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright wp-image-920 size-full\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/07-irpf.jpg\" alt=\"O Tribunal Supremo avala a distribuci\u00f3n estatal do 0,7 do IRPF\" width=\"268\" height=\"188\" \/><\/p>\n<p><span lang=\"GL\">O Tribunal Supremo ten ditado a s\u00faa sentenza do 15 de marzo de 2016 desestimando un recurso contencioso-administrativo da Generalitat de Catalu\u00f1a contra o Real Decreto que regula o <a href=\"https:\/\/www.boe.es\/diario_boe\/txt.php?id=BOE-A-2013-7713\">sistema <\/a>de repartici\u00f3n estatal de fondos \u00e1s entidades sociais.<\/span><\/p>\n<p class=\"ALGALIANORMAL\"><span lang=\"GL\">A consecuencia pr\u00e1ctica m\u00e1is importante ser\u00e1 a seguridade xur\u00eddica para poder efectuar convocatorias de subvenci\u00f3ns para programas de interese xeral do \u00e1mbito social desde o \u00e1mbito estatal, de enorme importancia para un gran n\u00famero de entidades tanto de \u00e1mbito estatal como auton\u00f3micas, pero, especialmente, para un moi elevado n\u00famero de persoas usuarias e beneficiarias deses programas.<\/span><\/p>\n<p class=\"ALGALIANORMAL\"><span lang=\"GL\">Sobre este tema houbo opini\u00f3ns enfrontadas que desagregamos brevemente a continuaci\u00f3n:<\/span><\/p>\n<ul>\n<li><span lang=\"GL\">Desde Catalu\u00f1a ofr\u00e9cese un enfoque xur\u00eddico e pol\u00edtico, lembrando que se cambiou unha traxectoria de trece sentencias do mesmo Tribunal Supremo e do Tribunal Constitucional ao longo de 20 anos sobre cal administraci\u00f3n ten a competencia de distribu\u00edr os fondos do 0,7% do IRPF para fins sociais, reinterpretando a Constituci\u00f3n Espa\u00f1ola e evidenciando os conflitos entre Catalu\u00f1a e o Reino de Espa\u00f1a, propo\u00f1\u00e9ndose desde a <a href=\"http:\/\/www.tercersector.cat\/noticies\/la-taula-del-tercer-sector-exigeix-el-traspas-immediat-catalunya-dels-fons-del-07-de-lirpf\">Taula<\/a> do Terceiro Sector a inmediata transferencia desas competencias a Catalu\u00f1a; e outro econ\u00f3mico, lembrando que as achegas catal\u00e1s suman 45 mill\u00f3ns de euros, pero Catalu\u00f1a recibe 30,8 mill\u00f3ns.<\/span><\/li>\n<li><span lang=\"GL\">Desde o \u00e1mbito estatal a <a href=\"http:\/\/www.plataformatercersector.es\/es\/noticias\/el-tribunal-supremo-falla-favor-del-actual-sistema-de-07-de-irpf-social\">Plataforma<\/a> do Terceiro Sector resalta que \u00abPor primeira vez o Supremo deunos a raz\u00f3n, dinos que as organizaci\u00f3ns podemos facer as nosas actividades e que, independentemente de onde naza unha persoa, ten que ter os mesmos dereitos\u00bb, a\u00ednda que comparte a reivindicaci\u00f3n do traspaso de competencias; e no aspecto econ\u00f3mico indica que eses fondos son soamente o 0,2% do di\u00f1eiro que o Estado transfire \u00e1s comunidades aut\u00f3nomas en materia de pol\u00edtica social e que afecta a 13 mill\u00f3ns de persoas que, segundo asegurou, padecen pobreza ou exclusi\u00f3n social en Espa\u00f1a.<\/span><\/li>\n<\/ul>\n<p class=\"ALGALIANORMAL\"><span lang=\"GL\">Ademais da influencia que poida ter noutros recursos pendentes, o razoamento resulta digno de mencionar. Na sentenza do 21 de maio de 2015 o Tribunal Supremo ti\u00f1a anulado o Real Decreto 535\/2013, deste mesmo \u00e1mbito, pero referido a &#8220;os gastos de funcionamento\u201d tales como retribuci\u00f3n do persoal, mantemento de sedes, etc.- de entidades do Terceiro Sector colaboradoras da Secretar\u00eda de Estado de Servizos Sociais e Igualdade&#8221; (fundamento de dereito cuarto da sentenza actual). Na sentenza do 15 de marzo de 2016 o Tribunal Supremo mant\u00e9n o Real Decreto 536\/2013, dese mesmo \u00e1mbito, porque non se refire a asistencia social (literalmente), sen\u00f3n a &#8220;programas de interese xeral&#8221;, en concreto &#8220;programas relativos a necesidades educativas, integraci\u00f3n laboral, seguridade cidad\u00e1 ou prevenci\u00f3n da delincuencia&#8221;, denominaci\u00f3ns estas extra\u00eddas do Real Decreto-lei 7\/2013, do 28 de xu\u00f1o, de medidas urxentes de natureza tributaria, orzamentaria e de fomento da investigaci\u00f3n, o desenvolvemento e a innovaci\u00f3n, en execuci\u00f3n do cal se ditaba o Real Decreto 536\/2015 (fundamentos de dereito segundo e cuarto da sentenza actual). \u00abFai referencia a todas aquelas actividades tendentes a atender estados de carencia ou necesidade que non te\u00f1en cobertura mediante outros t\u00edtulos espec\u00edficos\u00bb.<\/span><\/p>\n<p class=\"ALGALIANORMAL\"><span lang=\"GL\">En conclusi\u00f3n, parece despexarse o panorama, polo menos no plano xur\u00eddico, para a convocatoria de subvenci\u00f3ns neste \u00e1mbito e todo iso, ademais, como an\u00e9cdota, en 9 p\u00e1xinas de sentenza, unha breve extensi\u00f3n para o que adoita ser habitual.<\/span><\/p>\n<p class=\"ALGALIANORMAL\"><span lang=\"GL\">E mentres tanto, en Galicia estabamos e estamos coa Proposici\u00f3n de lei de modificaci\u00f3n da Lei 13\/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, cami\u00f1ando con paso decidido cara ao concerto social, tomada en consideraci\u00f3n polo Pleno do Parlamento de Galicia ese mesmo d\u00eda 15 de marzo de 2016 con s\u00f3 2 votos en contra, pero esa \u00e9 outra historia para outro momento.<\/span><\/p>\n<p class=\"ALGALIANORMAL\"><strong>Santiago M\u00edguez<br \/>\nResponsable da Asesor\u00eda Xur\u00eddica de Algalia Servizos para o Terceiro Sector<\/strong><\/p>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Tribunal Supremo ten ditado a s\u00faa sentenza do 15 de marzo de 2016 desestimando un recurso contencioso-administrativo da Generalitat de Catalu\u00f1a contra o Real Decreto que regula o sistema de repartici\u00f3n estatal de fondos \u00e1s entidades sociais. A consecuencia pr\u00e1ctica m\u00e1is importante ser\u00e1 a seguridade xur\u00eddica para poder efectuar convocatorias de subvenci\u00f3ns para programas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":920,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[11],"tags":[21,32],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/919"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=919"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/919\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4299,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/919\/revisions\/4299"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/920"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=919"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=919"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=919"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}