{"id":8816,"date":"2020-05-25T08:28:17","date_gmt":"2020-05-25T06:28:17","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/gl\/?p=8816"},"modified":"2021-04-08T15:19:15","modified_gmt":"2021-04-08T13:19:15","slug":"liderado-en-tempos-de-pandemia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/liderado-en-tempos-de-pandemia\/","title":{"rendered":"Liderado en tempos de pandemia"},"content":{"rendered":"<p>Se algo denota o antropocentrismo \u00e9 a crenza de que todo o que acontece na vida dun, \u00e9 algo hist\u00f3rico no medio de toda a longa vida da humanidade. Non ser\u00e1 a primeira nin a \u00faltima vez que pensemos que esta crise vainos a cambiar como sociedade. Ocorreu tam\u00e9n nas crises anteriores&#8230; e s\u00f3 a perspectiva do tempo quitaranos ou daranos a raz\u00f3n.<\/p>\n<p>A pesares diso, podemos aproveitar a oportunidade de debuxar os escenarios futuros, e por tanto revisar se os nosos modelos, por exemplo, de desenvolvemento organizacional e de liderado te\u00f1en vixencia ou requiren ser axustados. Non hai que esquecer que ensaiar sobre a realidade futura interp\u00e9lanos a valorar as nosas decisi\u00f3ns como sociedade e como organizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"aligncenter wp-image-8817\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/Liderado-en-tempo-de-pandemia-01.-CEBRA-300x269.jpeg\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"358\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/Liderado-en-tempo-de-pandemia-01.-CEBRA-300x269.jpeg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/Liderado-en-tempo-de-pandemia-01.-CEBRA-768x688.jpeg 768w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/Liderado-en-tempo-de-pandemia-01.-CEBRA-610x546.jpeg 610w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/Liderado-en-tempo-de-pandemia-01.-CEBRA.jpeg 960w\" sizes=\"(max-width: 400px) 100vw, 400px\" \/><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Algunhas pinceladas globais\u2026<\/h3>\n<p>Para moitos, o novo escenario pode supor o longo inverno do capitalismo. Unha proba m\u00e1is do seu esgotamento. Non obstante, se algo caracteriza a un modelo social, pol\u00edtico e econ\u00f3mico \u00e9 a s\u00faa perseveranza a seguir sendo como \u00e9. Os verdadeiros e profundos cambios prod\u00facense como as mutaci\u00f3ns nunha especie: moi de cando en vez. En parte, isto \u00e9 debido \u00e1 enorme plasticidade que nos permite adaptarnos, e \u00e1 vez esa resiliencia que nos devolve ao estado orixinal. Diremos que algo aprendemos, na medida que parezamos os mesmos pero que realmente non o sexamos de todo.<\/p>\n<p>A carencia e a necesidade xeran d\u00faas actitudes antag\u00f3nicas. Por unha banda, activa o medo protector do s\u00e1lvese quen poida, e \u00e1 vez a orientaci\u00f3n cara ao ben com\u00fan que explota ao m\u00e1ximo a solidariedade e xenerosidade. Haber\u00e1 que ver se a lema <em>a uni\u00f3n fai a forza<\/em> impera nas novas formas de gobernanza e interacci\u00f3n social.<\/p>\n<p>Parece que a hibridaci\u00f3n de relacionarnos co contacto persoal e telematicamente instalouse. Perderemos a humanidade para lograr a inmunidade colectiva? Realmente subir\u00e9monos ao tren do teletraballo e renunciaremos ao contacto? Haber\u00e1 que tomar unha decisi\u00f3n estrat\u00e9xica: o modelo produtivo en grupo ser\u00e1 con medios a distancia ou se avogar\u00e1 pola presenza.<\/p>\n<p>E falando de produtividade, que ser\u00e1 exixible agora? Parece que nos enfrontamos \u00e1 polaridade entre maximizar os beneficios e a utilidade social do noso traballo. Non en balde, moitas empresas optaron por mostrarse socialmente responsables por encima da rendibilidade inmediata. Esta tendencia veu para quedar?<\/p>\n<p>Cando observamos a un integrante da nosa organizaci\u00f3n, que esperaremos desa persoa? Con ganas de <em>desconfinar<\/em> os nosos corpos, quiz\u00e1 o verdadeiro reto \u00e9 <em>desconfinar<\/em> as mentes. Almas libres, flexibles, responsables, solidarias, afectivas, conscientes&#8230; Que m\u00e1is falta na lista?<\/p>\n<p>Para terminar este apartado, unha pregunta que alimentar\u00e1 a nosa curiosidade por moito tempo: os humanos estaremos a chegar ao l\u00edmite biol\u00f3xico da nosa capacidade pol\u00edtica?<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"aligncenter wp-image-8818\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/Liderado-en-tempo-de-pandemia-02.-SANITARIOS-300x199.jpg\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"265\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/Liderado-en-tempo-de-pandemia-02.-SANITARIOS-300x199.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/Liderado-en-tempo-de-pandemia-02.-SANITARIOS-610x404.jpg 610w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/Liderado-en-tempo-de-pandemia-02.-SANITARIOS.jpg 763w\" sizes=\"(max-width: 400px) 100vw, 400px\" \/><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>O liderado hoxe en d\u00eda\u2026<\/h3>\n<p>Estamos abocados a lidar con dous acontecementos:<\/p>\n<ul>\n<li>Reduci\u00f3n de custos. O que levar\u00e1 cambios organizativos, perda de talento, sobre carga de traballo, etc.<\/li>\n<li>Novo modelo de traballo: incorporaci\u00f3n do teletraballo e novas formas de relaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n.<\/li>\n<\/ul>\n<p>Desde un marco te\u00f3rico ideal, o liderado do s\u00e9culo XXI debe desenvolver tres dimensi\u00f3ns de maneira integral:<\/p>\n<ul>\n<li>A identidade do proxecto, inspirado nunha misi\u00f3n, visi\u00f3n e valores compartidos.<\/li>\n<li>A produtividade individual e colectiva que faga sustentable ao proxecto.<\/li>\n<li>O clima relacional que contrib\u00faa ao benestar.<\/li>\n<\/ul>\n<p>Este modelo global leva a definici\u00f3n dun perfil de l\u00edder na s\u00faa dimensi\u00f3n do que debe ser e o que debe facer.<\/p>\n<p>Definir o<em> ser<\/em> en termos de valores obr\u00edganos a un dobre exercicio. Por unha banda, o simple enunciado dun valor non achega moita informaci\u00f3n en si mesma sen\u00f3n non a sometemos a indicadores baseados no comportamento observable: que deberiamos observar nesa persoa respecto ao valor ou actitude en cuesti\u00f3n?<\/p>\n<p>Doutra banda, os valores deben xerarquizarse. Debe priorizarse cales son os m\u00e1is nucleares nun momento e escenario determinado. As\u00ed evitaremos longas listas como a carta aos Reis Magos.<\/p>\n<p>Estas dimensi\u00f3ns do ser despr\u00e9ganse no facer \u00e1 hora de facer equipo e traballar con outras \u00e1reas, impulsando, apoiando e reco\u00f1ecendo. O reto \u00e9 preguntarse o que o l\u00edder debe facer neste contexto cun horizonte no curto e medio prazo.<\/p>\n<p>Hai que deterse a visualizar situaci\u00f3ns concretas \u00e1s que a entidade e as persoas enfr\u00f3ntanse. Eses desaf\u00edos e retos responden a necesidades. E unha vez te\u00f1amos claro todo isto poderemos preguntarnos: que debe facer un l\u00edder neste contexto?<\/p>\n<p>A continuaci\u00f3n, algunhas ideas forza a ter en conta:<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Direcci\u00f3n por valores.<br \/>\n<\/strong>Hai un rexurdir da importancia dos valores. Est\u00e1 a revitalizarse o humanismo, en forma de empat\u00eda, honestidade, xenerosidade, etc. Os valores han de expresarse en comportamentos observables que sirvan de gu\u00eda.<\/li>\n<li><strong>Identificaci\u00f3n co proxecto.<br \/>\n<\/strong>O liderado ser\u00e1 m\u00e1is esixido. \u00c9 clave o poder de convicci\u00f3n e credibilidade. Un liderado que vertebre a identificaci\u00f3n co proxecto e sentilo como propio. Un l\u00edder deber\u00e1 basear a s\u00faa direcci\u00f3n en base a valores e a xesti\u00f3n do talento. Boa xente, boa.<\/li>\n<li><strong>Orientaci\u00f3n \u00e1 tarefa e ao benestar.<br \/>\n<\/strong>Dest\u00e1case a necesidade de mellorar o traballo en equipo, as\u00ed como reter e xestionar o talento. A contorna obr\u00edganos a ser especialmente obxectivos e orientarnos a resultados. Hai que revisar os novos indicadores de produtividade.<br \/>\nO liderado compartido deber\u00eda levarnos a novas cotas de efectividade e benestar colectivo. En definitiva, traballar con proximidade e \u00e1 vez ser minucioso. Os equipos deber\u00e1n ser efectivos e afectivos.<\/li>\n<li><strong>Flexibilidade ante o cambio.<br \/>\n<\/strong>Nunha contorna especialmente VUCA, hai que desenvolver a capacidade de adaptarse ao cambio. Isto leva desenvolver a capacidade de innovaci\u00f3n e creatividade, nas persoas e na organizaci\u00f3n no seu conxunto.<\/li>\n<li><strong>Conversaci\u00f3ns de calidade e c\u00e1lidas.<br \/>\n<\/strong>Imponse novas formas de organizaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n. O teletraballo veu para quedar. Hai que aprender a comunicarse con outros c\u00f3digos e canles. \u00c9 necesario dominar as competencias conversacionais en diferentes formatos, as\u00ed como a intelixencia emocional para alcanzar a mestr\u00eda emocional.<\/li>\n<\/ul>\n<h3>Onde imos&#8230;<\/h3>\n<p>Cando observamos a un integrante da nosa organizaci\u00f3n, asumindo que lidera unha parcela importante do proxecto, que se espera desa persoa? Que valores e actitudes desexamos que pos\u00faa? Que comportamentos esperamos observar?&#8230; e desde o rol que temos na organizaci\u00f3n, que imos facer para que as\u00ed sexa?<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Equipo VIRADA: Ander, Itzi, Celso, Bego\u00f1a e David.<\/strong><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Se algo denota o antropocentrismo \u00e9 a crenza de que todo o que acontece na vida dun, \u00e9 algo hist\u00f3rico no medio de toda a longa vida da humanidade. Non ser\u00e1 a primeira nin a \u00faltima vez que pensemos que esta crise vainos a cambiar como sociedade. Ocorreu tam\u00e9n nas crises anteriores&#8230; e s\u00f3 a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":8907,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[38,26,39],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8816"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8816"}],"version-history":[{"count":24,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8816\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10184,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8816\/revisions\/10184"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8907"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8816"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8816"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8816"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}