{"id":8774,"date":"2020-05-18T12:59:00","date_gmt":"2020-05-18T10:59:00","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/gl\/?p=8774"},"modified":"2022-03-17T15:41:09","modified_gmt":"2022-03-17T13:41:09","slug":"o-kintsugi-ou-a-arte-da-reparacion-de-feridas-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/o-kintsugi-ou-a-arte-da-reparacion-de-feridas-2\/","title":{"rendered":"O Kintsugi ou a arte da reparaci\u00f3n de feridas"},"content":{"rendered":"<p>Co \u00e1nimo de ofrecer claves para a xesti\u00f3n persoal e colectiva da situaci\u00f3n desatada coa da COVID19, inspir\u00e1monos na arte do Kintsugi e a s\u00faa filosof\u00eda.<\/p>\n<p>Queremos convidar \u00e1 reflexi\u00f3n desde a met\u00e1fora, o simb\u00f3lico, a beleza. Convidamos a unha reflexi\u00f3n dende o vivencial, dende as experiencias pensadas, vividas e sentidas por cada unha de n\u00f3s neste proceso cheo de matices, intensidade, emoci\u00f3ns e feridas.<\/p>\n<p>Invit\u00e1mosvos a identificar que podemos facer para protagonizar un proceso de reparaci\u00f3n destas \u00faltimas dun xeito fermoso. Imos al\u00f3!<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-8769 aligncenter\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/Kintsugi-02.jpg\" alt=\"\" width=\"380\" height=\"199\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/Kintsugi-02.jpg 571w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/Kintsugi-02-300x157.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 380px) 100vw, 380px\" \/><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h4><strong>Que \u00e9 o Kintsugi?<\/strong><\/h4>\n<p>Kintsugi \u00e9 un termo xapon\u00e9s que \u00e9 traducido como \u201ccarpinter\u00eda de ouro\u201d. Tam\u00e9n se co\u00f1ece como Kintsukuroi ou \u201creparaci\u00f3n con ouro\u201d. Fai referencia a unha t\u00e9cnica art\u00edstica de orixe xaponesa que se remonta ao s\u00e9culo XV e que consistente en arranxar fracturas en pezas de cer\u00e1mica que polo paso do tempo ou por un accidente se agretaron ou sufriron alg\u00fan desperfeto.<\/p>\n<p>As fracturas nos obxectos rep\u00e1ranse dun xeito peculiar. En lugar de unirse cun pegamento discreto faise coa axuda dun verniz de resina que prov\u00e9n da \u00e1rbore urushi e que \u00e9 mesturado con po dun material precioso (ouro, prata ou platino). Unha vez rematado este proceso, que consta de varias fases e no que a paciencia e o paso do tempo son fundamentais (o secado \u00e9 un factor determinante e a resina tarda semanas, nalg\u00fans casos meses, en secarse), a peza loce chea de cicatrices brillantes que te\u00f1en un aspecto \u00fanico.<\/p>\n<p>Este concepto est\u00e1 vinculado asemade coa filosof\u00eda xaponesa do wabi-sabi baseada en ver a beleza na imperfecci\u00f3n, propo\u00f1endo que as roturas e reparaci\u00f3ns forman parte da historia dun obxecto, que deben amosarse en lugar de ocultarse, e incorporarse para facelo m\u00e1is fermoso, po\u00f1endo de manifesto a s\u00faa transformaci\u00f3n e historia. O obxecto deixa de ser unha peza cer\u00e1mica convencional para convertese nalgo novo, cun valor engadido.<\/p>\n<p>Esta idea de reparaci\u00f3n deu p\u00e9 a relacionar o termo Kintsugi coa resiliencia ou capacidade dos seres humanos para adaptarnos positivamente a situaci\u00f3ns adversas.<\/p>\n<p>Nestes momentos da COVID-19 experimentamos con intensidade a adversidade e a vulnerabilidade, que poden estar a superarnos e facernos sentir rotas. E isto afecta \u00e1 nosa persoa, aos nosos equipos, \u00e1s nosas organizaci\u00f3ns e \u00e1 sociedade en xeral.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h4><strong>Como inspira o Kintsugi os procesos de adaptaci\u00f3n positiva ao cambio?<\/strong><\/h4>\n<p>Queremos trasladarvos unha proposta que conecte cunha reflexi\u00f3n persoal estimulante, fermosa, \u00fanica, delicada,&#8230; a trav\u00e9s dunha serie de preguntas con vocaci\u00f3n de acompa\u00f1ar a un cambio de mirada e orientado \u00e1 reparaci\u00f3n de feridas ocasionadas polo impacto da situaci\u00f3n da COVID-19. Animamos a converternos en artes\u00e1s do Kintsugi!<\/p>\n<p>Na reparaci\u00f3n destas feridas, no tr\u00e1nsito da perspectiva micro \u00e1 macro, dende nivel persoal, pasando polos nosos equipos, polas nosas organizaci\u00f3ns, ata contribu\u00edr como axentes de cambio social, convid\u00e1mosvos a un protagonismo artesanal que dende a reflexi\u00f3n nos oriente \u00e1 acci\u00f3n como l\u00edderes nunha contorna de profundos e r\u00e1pidos cambios:<\/p>\n<ul>\n<li><em>Que feridas te\u00f1o\/temos que reconstru\u00edr? <\/em><\/li>\n<li><em>En que \u201cobxecto\u201d fermoso quero\/queremos converternos? Para que?<\/em><\/li>\n<li><em>Con que emoci\u00f3ns me vou \/nos imos conectar?<\/em><\/li>\n<li><em>Que preciso\/precisamos para acadalo?<\/em><\/li>\n<li><em>A que vou\/imos ter que renunciar? <\/em><\/li>\n<li><em>Que permisos me vou\/nos imos conceder? <\/em><\/li>\n<li><em>Que me\/nos vai facer m\u00e1is forte\/s? <\/em><\/li>\n<li><em>Cando podo\/podemos comezar a facelo?<\/em><\/li>\n<li><em>Canto tempo me vou\/nos temos que dar?<\/em><\/li>\n<li><em>Con quen podo\/podemos contar nese delicado proceso? <\/em><\/li>\n<li><em>Que cursos de acci\u00f3n te\u00f1o\/temos que desenvolver para conseguilo?<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p>Tendo presente onde po\u00f1emos o foco da mirada como artes\u00e1s deste proceso, podemos desfrutar do mesmo, como se dun <em>haiku<\/em> (tipo de poes\u00eda breve xaponesa) se tratara:<\/p>\n<p><em>Fun Kintsugi,<\/em><\/p>\n<p><em>Vexo Kintsugi,<\/em><\/p>\n<p><em>Somos Kintsugi!<\/em><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>Equipo VIRADA. Ander, Itzi, Celso, Bego\u00f1a e David.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Co \u00e1nimo de ofrecer claves para a xesti\u00f3n persoal e colectiva da situaci\u00f3n desatada coa da COVID19, inspir\u00e1monos na arte do Kintsugi e a s\u00faa filosof\u00eda. Queremos convidar \u00e1 reflexi\u00f3n desde a met\u00e1fora, o simb\u00f3lico, a beleza. Convidamos a unha reflexi\u00f3n dende o vivencial, dende as experiencias pensadas, vividas e sentidas por cada unha de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":8769,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[38,26,39],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8774"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8774"}],"version-history":[{"count":15,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8774\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10185,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8774\/revisions\/10185"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8769"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8774"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8774"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8774"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}