{"id":8711,"date":"2020-05-11T13:42:07","date_gmt":"2020-05-11T11:42:07","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/gl\/?p=8711"},"modified":"2020-05-12T08:46:18","modified_gmt":"2020-05-12T06:46:18","slug":"como-superar-conceptos-con-solera-no-sector-de-accion-social","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/como-superar-conceptos-con-solera-no-sector-de-accion-social\/","title":{"rendered":"Como superar conceptos &#8220;con solera&#8221; no sector de acci\u00f3n social"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<br \/>\nDebemos a inspiraci\u00f3n desta proposta a Victor Almonacid, quen publicou o 26 de abril de 2020 nun dos seus blogs o artigo <em>10 conceptos \u201ccon solera\u201d de la Administraci\u00f3n que han muerto durante el estado de alarma<\/em>. Recomendamos a s\u00faa lectura, dispo\u00f1ible <a href=\"https:\/\/nosoloaytos.wordpress.com\/2020\/04\/26\/10-conceptos-con-solera-de-la-administracion-que-han-muerto-durante-el-estado-de-alarma\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">premendo aqu\u00ed<\/a>. Graci\u00f1as, V\u00edctor!<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h4>Unha met\u00e1fora de partida<\/h4>\n<p>As persoas m\u00e1is novas non as recordar\u00e1n, pero entre a Olivetti de toda a vida (recordamos que esta era a marca m\u00e1is reco\u00f1ecida de m\u00e1quinas de escribir al\u00e1 polos anos 80 do s\u00e9culo pasado) e os primeiros Persoal Computers (PC), existiu unha m\u00e1quina con pretensi\u00f3ns de ser algo m\u00e1is que se quedou en m\u00e1is do mesmo: segu\u00eda a facer copias en papel.<\/p>\n<p>Este ser h\u00edbrido, m\u00e1quina de escribir con cable, ou PC bastante tonto, \u00e9 a maquina de escribir el\u00e9ctrica. Un quero e non podo. Un tuneado dun enfoque limitado.<\/p>\n<p>Nos tempos da COVID-19 estamos a sentir que \u201ctoda vai cambiar\u201d, que \u201centraremos nunha nova normalidade\u201d, que \u201cisto v\u00e9n para quedarse\u201d\u2026 E se, ao final, cambios radicais que alg\u00fans prognostican (o PC foino, certamente) quedan nun m\u00e1is do mesmo decepcionante como foi a m\u00e1quina de escribir el\u00e9ctrica?<\/p>\n<p>Queremos contribu\u00edr aos cambios transformadores, cambios de calado, cambios de paradigma\u2026 e o cami\u00f1o que mostra Victor Almonacid para desvelar imposturas par\u00e9cenos fascinante. A linguaxe non soamente describe a realidade nalg\u00fans actos ling\u00fc\u00edsticos, sen\u00f3n que na maior parte das veces, crea realidade. Imos revisar creaci\u00f3ns de sentido para decidir se as validamos ou reformulamos.<\/p>\n<p>Continuamos citando textualmente ao noso inspirador, e logo abondaremos no sector no que decidimos centrar a nosa atenci\u00f3n: o sector de acci\u00f3n social.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"aligncenter wp-image-8712\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/M\u00e1quina-de-escribir-el\u00e9ctrica-300x169.jpg\" alt=\"\" width=\"450\" height=\"253\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/M\u00e1quina-de-escribir-el\u00e9ctrica-300x169.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/M\u00e1quina-de-escribir-el\u00e9ctrica-768x432.jpg 768w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/M\u00e1quina-de-escribir-el\u00e9ctrica-1024x576.jpg 1024w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/M\u00e1quina-de-escribir-el\u00e9ctrica-610x343.jpg 610w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/M\u00e1quina-de-escribir-el\u00e9ctrica.jpg 1280w\" sizes=\"(max-width: 450px) 100vw, 450px\" \/><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h4>E unha presentaci\u00f3n de partida<\/h4>\n<p>Almonacid escribe: \u201cSolera se define como el \u201ccar\u00e1cter tradicional de las cosas, usos, costumbres, etc\u2026\u201d (R.A.E.). Estamos en un momento en el que todav\u00eda tenemos que decidir, porque est\u00e1 en nuestra mano, si esta terrible pandemia (y sus consecuencias derivadas, como el confinamiento o la terrible crisis econ\u00f3mica que ya est\u00e1 muy presente) es o no una oportunidad que vamos a aprovechar para mejorar lo p\u00fablico. Porque oportunidad, desde luego, es. Puede que la mejor que vayamos a tener en nuestras vidas.<\/p>\n<p>Pero para que se produzca ese punto de inflexi\u00f3n que todos deseamos y tanto necesitamos, se requiere acci\u00f3n. Esta es una gran ocasi\u00f3n, pero una ocasi\u00f3n, por s\u00ed sola y por muy buena que sea, no cambia nada. Como bien entender\u00e1n los futboleros, una ocasi\u00f3n de gol no es un gol, ni much\u00edsimo menos te har\u00e1 ganar el partido. El mundo lo cambian las personas. La Administraci\u00f3n tambi\u00e9n la cambiar\u00e1n las personas, no los virus. Mientras pensamos todo esto, y valga en todo caso como reflexi\u00f3n inicial, s\u00ed podemos ir enterrando algunos conceptos cl\u00e1sicos, con solera y rancio abolengo en la Administraci\u00f3n hasta ahora conocida que, aunque seguir\u00e1n teniendo sus defensores, durante las \u00faltimas semanas, y como consecuencia de todo lo que venimos diciendo, han pasado a agonizar, pr\u00e1cticamente a morir o, en algunos casos, se ven obligados a evolucionar. Por eso mismo, junto al difunto, proponemos una palabra o concepto de sustituci\u00f3n\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h4>A nosa proposta<\/h4>\n<p>Que conceptos finados ou \u201cfinantes\u201d identificamos no sector de acci\u00f3ns social, e cales est\u00e1n chamados a ser os seus substitutos?<\/p>\n<p>Atrev\u00e9monos a facer unha proposta tentativa e incompleta. Non matizamos e caracterizamos de forma estereotipada e esaxerada&#8230; \u00e9 m\u00e1is divertido.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h5><strong>Asistencia social<\/strong><\/h5>\n<p><em>Acci\u00f3n de prestar asistencia a algu\u00e9n que a precisa. Habitualmente prest\u00e1base a un colectivo que se denominaba pobres (os de sempre), e agora a un colectivo que se denomina vulnerables (calquera, ata n\u00f3s!).<\/em><\/p>\n<p>A asistencia social \u00e9 unidireccional: vai de arriba a abaixo, xa que hai un arriba (eu sei, eu podo) que se enfronta asimetricamente a un abaixo (ti non sabes, ti non podes).<\/p>\n<p>Este modelo mental xerador de modelos de intervenci\u00f3n sobreprotectores e paternalistas quere presentarse como a \u00fanica alternativa viable nos momentos en que a crise bate con forza nos proxectos de vida da cidadan\u00eda, en particular da m\u00e1is vulnerable. A asistencia social semella que \u00e9 o modelo de referencia habitual se non se mostran outras alternativas de acci\u00f3n.<\/p>\n<p>A COVID-19 esta a po\u00f1er de manifesto que nun futuro de recursos a\u00ednda m\u00e1is limitados, a acci\u00f3n social debe promover redes de apoio comunitario, como as que operan ao marxe do institucional administrativo nalgunhas contornas rurais activas.<\/p>\n<p>A substitu\u00edr por: modelos integrados, desenvolvemento comunitario, participaci\u00f3n social, comunidade, veci\u00f1anza, contribuci\u00f3n especializada, acci\u00f3n social, traballo en rede.<\/p>\n<h5><strong>Usuaria<\/strong><\/h5>\n<p><em>Palabra con solera onde has haxa que serve para definir a aquela persoa que ten dereito a usar unha cousa allea con certa limitaci\u00f3n. As usuarias son obxecto de asistencia social.<\/em><\/p>\n<p>O sector de acci\u00f3n social est\u00e1 en cami\u00f1o de superaci\u00f3n do modelo de asistencia social, pero esta palabra, e o seu modelo mental subxacente, res\u00edstese a ser substitu\u00eddo. Non acaba de aparecer a palabra aquelada&#8230;<\/p>\n<p>A substitu\u00edr por: clienta, participante, xefa.<\/p>\n<h5><strong>Centro<\/strong><\/h5>\n<p><em>Espazo arquitect\u00f3nico no que p\u00f3dense atopar diversos tipos de usuarias que son asistidas socialmente.<\/em><\/p>\n<p>O Centro \u00e9 a referencia fundamental dun modelo institucionalizador para a vida das persoas no que a os apoios aos seus proxectos persoais chegaron nalg\u00fan momento a confundirse co edificio no que se desenvolven alg\u00fans servizos.<\/p>\n<p>Este referente convive dende hai tempo con experiencias de modelos alternativos, \u00e1s veces como se foran chalets adosados. A nova normalidade abrir\u00e1 unha ocasi\u00f3n para que se abran paso outros, e ao mellor non tan novos, referentes.<\/p>\n<p>As alternativas ao Centro non ocupan un espazo f\u00edsico concreto. Transitan por contornas suxestivas, velan por respectar a autodeterminaci\u00f3n e a autonom\u00eda das persoas que contan con apoios. Non se desentenden da opini\u00f3n das persoas participantes, sen\u00f3n que cultivan o seu protagonismo.<\/p>\n<p>A substitu\u00edr por: instalaci\u00f3ns, espazo, contorna, comunidade, acompa\u00f1amento, recurso.<\/p>\n<h5><strong>Lugar de traballo<\/strong><\/h5>\n<p><em>Espazo f\u00edsico de dominio profesional ubicado en Centros e ao que as usuarias se acercan en furgoneta para recibir servizos.<\/em><\/p>\n<p>Debido \u00e1 crise sanitaria, que esixe garantir con rigor a seguridade da poboaci\u00f3n en xeral e das profesionais en particular, as contornas laborais f\u00edsicas das organizaci\u00f3ns precisan redefinir a s\u00faa disposici\u00f3n espacial. Como han de ser os lugares de traballo nunha nova normalidade onde as usuarias te\u00f1en que estar distanciadas socialmente e as profesionais protexidas por EPIs?<\/p>\n<p>Semella esta unha boa ocasi\u00f3n para dese\u00f1ar, sempre que sexan posibles, outros sistemas non presenciais de atenci\u00f3n que permitan unha verdadeira conciliaci\u00f3n de vida persoal e profesional, ou con presenza en diversos lugares, dentro e f\u00f3ra das instalaci\u00f3ns, ao longo de toda a xornada laboral. Todos eles compatibles coa garant\u00eda da calidade dos apoios a ofrecer a participantes.<\/p>\n<p>A substitu\u00edr por: teletraballo, horario continuo, flexibilidade horaria, comunicaci\u00f3n on line.<\/p>\n<h5><strong>Horas<\/strong><\/h5>\n<p><em>Xornada laboral. Tempos de dedicaci\u00f3n a maiores, non directamente proporcionais \u00e1 produtividade, moi estimados por persoas directivas e que \u00e1s veces estas confunden con compromiso ou implicaci\u00f3n coa organizaci\u00f3n, non necesariamente coa s\u00faa causa.<\/em><\/p>\n<p>O feito de pasar m\u00e1is horas no lugar de traballo das esixidas na xornada laboral por temor a perder o emprego especialmente en \u00e9pocas de crise, \u00e9 un fen\u00f3meno ao que tampouco \u00e9 alleo o sector social.<\/p>\n<p>A substitu\u00edr por: vacante, de momento. O modelo mental da contribuci\u00f3n por \u201choras\u201d est\u00e1 tan presente no \u00e1mbito persoal, dos equipos, das organizaci\u00f3ns, da sociedade (todo se mide en horas), que consideramos que estamos lonxe de poder achegar unha palabra de substituci\u00f3n. De momento, soamente constatamos as evidentes limitaci\u00f3ns desta palabra son solera e a s\u00faa necesidade de revisi\u00f3n.<\/p>\n<h5><strong>Reuni\u00f3n<\/strong><\/h5>\n<p><em>Encontro entre d\u00faas ou m\u00e1is persoas, habitualmente profesionais, que ocupan boa parte das horas de asistencia social en Centros e nas que, \u00e1s veces, participan usuarias.<\/em><\/p>\n<p>En tempos da COVID-19 descubrimos que estaban dispo\u00f1ibles tecnolox\u00edas que incorporamos ao \u00e1mbito laboral e familiar. Saturados de pantallas, semella que \u00e9 relevante indagar nos para que nos xuntamos e cal \u00e9 a canle m\u00e1is aquelada, presencial ou virtual.<\/p>\n<p>M\u00e1is que nunca c\u00f3mpre dese\u00f1ar as conversas para os momentos de encontro sexan de utilidade para as persoas, equipos, organizaci\u00f3ns e sociedade.<\/p>\n<p>A substitu\u00edr por: conversa, espazos de conversaci\u00f3n, art of hosting, encontro, coordinaci\u00f3n, falar.<\/p>\n<h5><strong>Form<\/strong><strong>aci\u00f3n<\/strong><\/h5>\n<p><em>Soluci\u00f3n de primeira man para cousas que non funcionan. As organizaci\u00f3ns util\u00edzana desde o suposto de que as cousas non van como queremos porque non sabemos o suficiente. A formaci\u00f3n require de ferramentas: papeis, reuni\u00f3ns, plataformas, e sobre todo, power point.<\/em><\/p>\n<p>A medida do co\u00f1ecemento estivo tradicionalmente vinculada a un soporte papel que encadrado pod\u00eda adornar e ata vestir paredes de sal\u00f3ns e estudos. A \u201ctitulite\u201d como valoraci\u00f3n desmesurada de t\u00edtulos de estudos que presuntamente garanten os co\u00f1ecementos de algu\u00e9n, estaba a pasar a mellor vida antes da COVID-19, e con ela, avanza a s\u00faa descomposici\u00f3n.<\/p>\n<p>Valorando a dedicaci\u00f3n e esforzo que reflicten tales documentos, a s\u00faa invocaci\u00f3n por parte de profesionais que traballan no sector social para persoas, en contornas cambiantes e incertas, resulta xa pouco recomendable e operativa. Os retos que c\u00f3mpre afrontar na prestaci\u00f3n dos servizos superan tal acreditaci\u00f3n documental.<\/p>\n<p>A substitu\u00edr por: aprendizaxe, comunidades de aprendizaxe, competencias, habilidades.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Esperamos que entendas a licenza que nos permitimos, xa que a nosa proposta ten a intenci\u00f3n de incitar \u00e1 reflexi\u00f3n desde certo tipo de provocaci\u00f3n. Cremos que para ser m\u00e1is xustas precisamos matizar, a\u00ednda que este verbo non estea moi de moda. Anim\u00e1moste a matizar e tam\u00e9n completar esta enumeraci\u00f3n nos comentarios que poder realizar m\u00e1is abaixo.<\/p>\n<p>Por favor, considera que ademais de indicar que concepto con <em>solera<\/em> est\u00e1 en crise, resulta recomendable facer unha proposta de substituci\u00f3n para o presente e futuro. O que est\u00e1, fai unha funci\u00f3n. Hai que traer algo que substit\u00faa. Non podemos quedar sen nada. Hai que propor.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Equipo VIRADA. Ander, Itzi, Celso, Bego\u00f1a e David.<\/strong><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; Debemos a inspiraci\u00f3n desta proposta a Victor Almonacid, quen publicou o 26 de abril de 2020 nun dos seus blogs o artigo 10 conceptos \u201ccon solera\u201d de la Administraci\u00f3n que han muerto durante el estado de alarma. Recomendamos a s\u00faa lectura, dispo\u00f1ible premendo aqu\u00ed. Graci\u00f1as, V\u00edctor! &nbsp; Unha met\u00e1fora de partida As persoas m\u00e1is [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":8712,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[38,22,39],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8711"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8711"}],"version-history":[{"count":27,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8711\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8741,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8711\/revisions\/8741"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8712"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8711"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8711"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8711"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}