{"id":8677,"date":"2020-05-05T16:03:57","date_gmt":"2020-05-05T14:03:57","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/gl\/?p=8677"},"modified":"2020-05-05T16:52:48","modified_gmt":"2020-05-05T14:52:48","slug":"as-veces-a-vida-pegache-na-cabeza-cun-ladrillo-steve-jobs","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/as-veces-a-vida-pegache-na-cabeza-cun-ladrillo-steve-jobs\/","title":{"rendered":"&#8221;\u00c1s veces a vida p\u00e9gache na cabeza cun ladrillo&#8221;. Steve Jobs"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<br \/>\nNo ano 2005 Steve Jobs dirixiuse aos recentemente graduados da Universidade de Stanford nun discurso que tivo unha gran difusi\u00f3n. Para alentar a s\u00faa sa\u00edda ao mundo profesional, e desde a s\u00faa experiencia vital, contoulles emocionado tres historias: unha historia de \u201cconectar os puntos\u201d; unha historia de amor e perda; e unha historia de morte.<\/p>\n<p>&nbsp;<br \/>\n<iframe loading=\"lazy\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/ZF0Omfp2rFM\" width=\"560\" height=\"315\" frameborder=\"0\" allowfullscreen=\"allowfullscreen\"><\/iframe><\/p>\n<p>Neste discurso, Jobs <em>interpreta<\/em> que sucedeu na s\u00faa vida, e manifesta que \u201c\u00e1s veces a vida p\u00e9gache na cabeza cun ladrillo\u201d: foi dado en adopci\u00f3n pola s\u00faa nai, unha muller nova, estudante e solteira; foi rexeitado por unha primeira familia adoptante por ser neno e non nena; deixou a universidade aos 6 meses de ingresar, gastando boa parte do di\u00f1eiro da s\u00faa humilde familia adoptiva; foi expulsado con s\u00f3 30 anos de Apple, a empresa que fundou&#8230; e <em>identifica<\/em> aquilo que lle sostivo e salvou: amar o que fac\u00eda, ser fiel a s\u00faa paix\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Desde onde dic\u00eda o que dic\u00eda?<\/strong><\/p>\n<p>Nese momento de 2005, Jobs fora diagnosticado de cancro de p\u00e1ncreas e operado. Tivera a ocasi\u00f3n, moi apresurada, de reflexionar que \u00e9 o importante na vida. Aprendera que a morte deixa paso ao novo, que \u00e9 un axente de cambio na vida, na s\u00faa vida. Sentira a s\u00faa nudez ante o limiar da morte. Iso permitiulle identificar que \u00e9 o realmente importante.<\/p>\n<p>Moitas persoas, en tempos da COVID-19, estamos a vivir, sentindo, algo similar.<\/p>\n<p><strong>Que far\u00eda Jobs en tempos da COVID-19?<\/strong><\/p>\n<p>No \u00e1mbito do management, do liderado de organizaci\u00f3ns, Jobs converteuse nun referente indiscutible. Tam\u00e9n discutido, hai que dicilo.<\/p>\n<p>Vivimos tempos onde a morte morde preto, de forma imprevista e at\u00e9 inconcibible para n\u00f3s. Afixer\u00e1monos, e queremos regresar, a unha \u201cpseudoseguridade\u201d irreal que non \u00e9 a vivencia da maior parte do Planeta. Si, do Planeta, non s\u00f3 da maior parte da Humanidade. Todo o Planeta, e a Humanidade, por descontado, \u00e9 e s\u00e9ntese vulnerable. \u00c9 e s\u00e9ntese interdependente.<\/p>\n<p>Fan falta liderados novos, que como Jobs, amen o que fan. Que atopen a satisfacci\u00f3n dunha vida ben vivida amando o que fan. Un liderado transformador.<\/p>\n<p>No noso \u00e1mbito, para n\u00f3s mesmos, para os equipos nos que participamos, para as organizaci\u00f3ns das que formamos parte, podemos, debemos, exercer o liderado. O futuro non \u00e9 o que vai pasar, \u00e9 o que imos facer.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-8678 aligncenter\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/Futuro.jpg\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"287\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/Futuro.jpg 540w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/Futuro-300x215.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 400px) 100vw, 400px\" \/><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Como entendemos en VIRADA o liderado?<\/strong><\/p>\n<p>Pois as\u00ed, tal como o presente Juan F\u00e9lix Garc\u00eda, Juanfe, da Mondragon Unibertsitatea, e colaborador de VIRADA Profundizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<br \/>\n<iframe loading=\"lazy\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/SgNoPrXpfuM\" width=\"560\" height=\"315\" frameborder=\"0\" allowfullscreen=\"allowfullscreen\"><\/iframe><\/p>\n<p>Boa reflexi\u00f3n, e boa sorte!<\/p>\n<p>Se te animas a compartir a t\u00faa reflexi\u00f3n far\u00e1s <em>un agasallo para as persoas que visitan a web de ALGALIA<\/em>. Escoit\u00e1mosche de forma sublime. An\u00edmate a comentar!<\/p>\n<p><strong>Equipo VIRADA. Ander, Itzi, Celso, Bego\u00f1a e David.<\/strong><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; No ano 2005 Steve Jobs dirixiuse aos recentemente graduados da Universidade de Stanford nun discurso que tivo unha gran difusi\u00f3n. Para alentar a s\u00faa sa\u00edda ao mundo profesional, e desde a s\u00faa experiencia vital, contoulles emocionado tres historias: unha historia de \u201cconectar os puntos\u201d; unha historia de amor e perda; e unha historia de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":8679,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[38,26,39],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8677"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8677"}],"version-history":[{"count":20,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8677\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8699,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8677\/revisions\/8699"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8679"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8677"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8677"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8677"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}