{"id":7837,"date":"2019-10-31T17:31:26","date_gmt":"2019-10-31T15:31:26","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/gl\/?p=7837"},"modified":"2020-04-27T09:45:12","modified_gmt":"2020-04-27T07:45:12","slug":"arnoia-non-e-lourdes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/arnoia-non-e-lourdes\/","title":{"rendered":"ARNOIA non \u00e9 Lourdes&#8230;"},"content":{"rendered":"<p><\/p>\n<p style=\"text-align: left;\"><strong><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-7869 size-medium alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/1911-VIRADA-De-balneario-IMAXE-1-300x178.png\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"178\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/1911-VIRADA-De-balneario-IMAXE-1-300x178.png 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/1911-VIRADA-De-balneario-IMAXE-1-768x455.png 768w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/1911-VIRADA-De-balneario-IMAXE-1.png 1024w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/1911-VIRADA-De-balneario-IMAXE-1-610x362.png 610w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/>Arnoia non \u00e9 Lourdes, xa que Ourense non \u00e9 Pau, o galego non \u00e9 o franc\u00e9s, o Ribeiro non \u00e9 o Juran\u00e7on, nin pequenos pero significativos cambios nunha boa direcci\u00f3n non son milagres. <\/strong><\/p>\n<p><strong>Ser o que se quere ser, esixe determinaci\u00f3n e disciplina. En VIRADA, despois de tres edici\u00f3ns, co\u00f1ecemos os froitos da aprendizaxe.<\/strong><\/p>\n<p>Cando abro unha conversaci\u00f3n para comentar por que creo que VIRADA Liderado pode ser de utilidade para persoas con responsabilidades de direcci\u00f3n e coordinaci\u00f3n de equipos, nalgunha ocasi\u00f3n a conversaci\u00f3n chegou a este punto:<\/p>\n<ul>\n<li><em>\u201cV\u00e9n a VIRADA Liderado. Sinceramente, creo que che vir\u00e1 ben a ti e \u00e1 t\u00faa organizaci\u00f3n&#8230;<\/em><\/li>\n<li><em>Pero que dis! Non tes nin idea de como estou! Non temos pasta, os salarios conxelados desde fai xa que non me acordo, a xente a lume de biqueira de curro&#8230; (Silencio)<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p><em>Por riba andamos con mal rollo porque din que facemos cantidade de cousas fatal. E ademais, cada vez p\u00eddenme m\u00e1is cousas da administraci\u00f3n&#8230; Estou que parezo a Santa Compa\u00f1a! (Silencio)<\/em><\/p>\n<p><em>E disme que me vaia a un balneario a facer cousas de frikis? <\/em><\/p>\n<ul>\n<li><em>Como mo pos! Vexo que est\u00e1s, estades, en non morrer no intento, ocup\u00e1ndovos de sobrevivir&#8230; Non \u00e9 o momento, tranqui. As\u00ed, mellor que non. Bracea e non te afogues! <\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p><em>Cando o teu e o da t\u00faa organizaci\u00f3n sexa vivir, e vivir mellor facendo o bo, por que non? Por certo, cousas de friki? A estas alturas? Ve\u00f1a!\u201d<\/em><\/p>\n<p>VIRADA Liderado \u00e9 unha proposta de aprendizaxe, entendido este como o desenvolvemento de capacidades que as persoas con responsabilidades de direcci\u00f3n ou xesti\u00f3n de equipos atesouran e que poden despregar en plenitude para alcanzar os obxectivos que como directivas e coordinadoras procuren.<\/p>\n<p>Entendemos o aprender como a capacidade de conseguir superar limitaci\u00f3ns, de alcanzar novos obxectivos. Non \u00e9 para n\u00f3s un asunto de erudici\u00f3n, de manexo de cousas que est\u00e1n \u00e1 \u00faltima e que se din \u00e9 ingl\u00e9s porque parecen m\u00e1is sofisticadas&#8230; Aprender en VIRADA Liderado \u00e9 ser capaz de facer as cousas mellor, ou facer cousas de forma distinta para lograr outros resultados. Ten que ver con facer, con ser.<\/p>\n<p>Xa nos ensinou Mr. Wonderful, <em>ese gran gur\u00fa do management<\/em>, que empe\u00f1arse en facer o mesmo para lograr resultados diferentes \u00e9 unha ilusi\u00f3n. Aprender \u00e9 poder facer de maneira efectiva, e isto non se reduce a adquirir novos co\u00f1ecementos intelectuais. \u00c9 incorporar novos faceres (vaia palabro).<\/p>\n<p>As persoas directivas sit\u00faanse na realidade das s\u00faas organizaci\u00f3ns desde unha maneira propia de ver, de sentir, de comportarse. Desde a\u00ed fanse cargo das cousas que se fan no seu \u00e1mbito de influencia, das persoas que a\u00ed traballan e cuxas acci\u00f3ns coordinan. Cada cal ten e desprega unha maneira propia de entender o liderado, ancorada na forma propia de ver a vida.<\/p>\n<p>Merece a pena o reconsiderar dunha maneira profunda esa maneira de ver o mundo, merece a pena revisar os modelos mentais desde os que se exerce a funci\u00f3n directiva? En VIRADA sabemos que si. Viv\u00edmolo. V\u00edmolo.<\/p>\n<p>VIRADA Liderado prop\u00f3n un itinerario de transformaci\u00f3n persoal que comeza e finaliza nunha mesma como persoa. Para iso \u00e9 necesario \u201ctomar as augas\u201d, mergullarse, centrarse&#8230; mollarse, en definitiva. VIRADA Liderado \u00e9 o tipo de proceso que require tempo, dedicaci\u00f3n, centrarse e ocuparse da propia evoluci\u00f3n. Ning\u00fan sitio mellor que un balneario&#8230;<\/p>\n<p>Se podes, porque sentes que \u00e9 o momento de ocuparte, e queres contar con coachs que te acompa\u00f1en, e compa\u00f1eiros e compa\u00f1eiras doutras organizaci\u00f3ns que comparten o teu mesmo prop\u00f3sito, est\u00e1s no teu momento. VIRADA Liderado \u00e9 un lugar.<\/p>\n<p>Iso si, os milagres din que suceden en Lourdes. En Arnoia podemos certificar en cada edici\u00f3n os resultados do esforzo e determinaci\u00f3n de cada participante por ser as mellores directivas e coordinadoras de equipos que a s\u00faa organizaci\u00f3n poida ter. V\u00edmolo e ver\u00e9molo nesta IV Edici\u00f3n do 2020. Ap\u00fantaste?<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/algalia.com\/virada\/liderado\/?lang=gl\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Pica aqu\u00ed para saber m\u00e1is<\/a>, ou contacta comigo no 687879414. Falamos?<\/p>\n<p>Partimos para \u201cVIRAR\u201d o 07 e 08 de febreiro de 2020 en <a href=\"https:\/\/www.caldaria.es\/arnoia\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Arnoia Caldaria<\/a>. At\u00e9 o 24 de xaneiro de 2020 est\u00e1 aberto o prazo de inscrici\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>David Pereiro<\/strong><strong><br \/>\nSocio Consultor en\u00a0 Algalia.\u00a0<\/strong><strong>\u00a0Responsable\u00a0 do Programa VIRADA Liderado<\/strong><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Arnoia non \u00e9 Lourdes, xa que Ourense non \u00e9 Pau, o galego non \u00e9 o franc\u00e9s, o Ribeiro non \u00e9 o Juran\u00e7on, nin pequenos pero significativos cambios nunha boa direcci\u00f3n non son milagres. Ser o que se quere ser, esixe determinaci\u00f3n e disciplina. En VIRADA, despois de tres edici\u00f3ns, co\u00f1ecemos os froitos da aprendizaxe. Cando [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":7869,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[39],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7837"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7837"}],"version-history":[{"count":16,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7837\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":7886,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7837\/revisions\/7886"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/7869"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7837"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7837"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7837"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}