{"id":7019,"date":"2019-01-31T13:19:53","date_gmt":"2019-01-31T11:19:53","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/gl\/?p=7019"},"modified":"2020-04-06T18:30:00","modified_gmt":"2020-04-06T16:30:00","slug":"estratexia-da-economia-social","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/estratexia-da-economia-social\/","title":{"rendered":"Estratexia da Econom\u00eda Social"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright wp-image-7026\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/Estratexia-econom\u00eda-social-1-300x266.jpg\" alt=\"\" width=\"401\" height=\"355\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/Estratexia-econom\u00eda-social-1-300x266.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/Estratexia-econom\u00eda-social-1-768x681.jpg 768w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/Estratexia-econom\u00eda-social-1-610x541.jpg 610w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/Estratexia-econom\u00eda-social-1.jpg 800w\" sizes=\"(max-width: 401px) 100vw, 401px\" \/>A Xunta de Galicia, a trav\u00e9s do seu presidente, Alberto N\u00fa\u00f1ez\u00a0 Feij\u00f3, anunciou a posta en marcha da primeira <a href=\"http:\/\/eusumo.gal\/sites\/default\/files\/EstratexiaEconomiaSocial.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Estratexia galega de econom\u00eda social<\/a>,\u00a0que contar\u00e1 cun orzamento de 73 mill\u00f3ns de euros ata 2021. Tr\u00e1tase dunha iniciativa para crear novas oportunidades de negocio e de actividade econ\u00f3mica en empresas que est\u00e1n enfocadas \u00e1s persoas e que contan cunha maior cohesi\u00f3n territorial e social. En concreto, esta estratexia est\u00e1 dirixida, principalmente, \u00e1s cooperativas, \u00e1s sociedades laborais, aos centros especiais de emprego e \u00e1s empresas de inserci\u00f3n laboral.<\/p>\n<p>Segundo o documento da Estratexia, o obxectivo prioritario desta estratexia \u00e9 incrementar nun 10 por cento as entidades de econom\u00eda social, chegando \u00e1s 3.300; aumentar nun 20 por cento os empregos, ata 17.500, as\u00ed como potenciar a presenza feminina nestas entidades.<\/p>\n<p>Este anuncio, incl\u00fae o impulso de iniciativas como un programa de fomento da econom\u00eda social entre o alumnado universitario e de formaci\u00f3n profesional, a creaci\u00f3n de cooperativas escolares entre os estudantes de Primaria e Secundaria para que co\u00f1ezan este sector e os seus valores ou a aprobaci\u00f3n de incentivos ao emprendemento para as empresas de nova creaci\u00f3n baseadas na tecnolox\u00eda e na econom\u00eda colaborativa e circular. Ademais, reforzaranse as iniciativas de formaci\u00f3n como os laboratorios cooperativos.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, o presidente galego incidiu en que se fomentar\u00e1n proxectos de innovaci\u00f3n, facilitarase a internacionalizaci\u00f3n, buscaranse novos mecanismos de financiamento, actualizarase o marco normativo e favorecerase o acceso \u00e1 contrataci\u00f3n p\u00fablica.<\/p>\n<p><strong>Fonte: Espazo Coop<\/strong><\/p>\n<h4><\/h4>\n<h4>Algunhas reflexi\u00f3ns para este ano 2019<\/h4>\n<p>A articulaci\u00f3n sectorial na contorna\u00a0 da\u00a0 econom\u00eda social segue avanzando, a creaci\u00f3n do Foro pola Econom\u00eda Social Galega o ano pasado,\u00a0 demostra que est\u00e1 a ser un bo acicate para conseguir o reco\u00f1ecemento entre a administraci\u00f3n e os axentes sociais. Froito do seu traballo de incidencia pol\u00edtica\u00a0 produc\u00edronse as modificaci\u00f3ns lexislativas necesarias para a incorporaci\u00f3n da econom\u00eda social no Consello Econ\u00f3mico e Social de Galicia.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n cabe destacar a activaci\u00f3n do Consello da Econom\u00eda Social, dependente da Conseller\u00eda de Traballo, Econom\u00eda e Industria que nas pr\u00f3ximas datas quedar\u00e1 formalmente constitu\u00eddo, e que permitir\u00e1 unha mellor capacidade de interlocuci\u00f3n e defensa dos nosos intereses. Este Consello representar\u00e1 as diferentes entidades que conformamos a econom\u00eda social (Cooperativas, Sociedades Laborais, Centros Especiais de Emprego, Empresas de Inserci\u00f3n, Asociaci\u00f3ns, Fundaci\u00f3ns,\u2026\u2026)<\/p>\n<p>A Estratexia Galega da Econom\u00eda Social pon o foco no incremento de entidades, na xeraci\u00f3n de emprego e a igualdade de oportunidades. Para o que \u00e9 preciso o fortalecemento das organizaci\u00f3ns existentes. Vellos temas como\u00a0 a\u00a0 intercooperaci\u00f3n , a creaci\u00f3n de agrupaci\u00f3ns para acceder a concursos p\u00fablicos ou a clientes privados con m\u00e1is capacidade de compra seguen sendo pr\u00e1cticas innovadoras na nosa realidade.<\/p>\n<p>Aproveitar as oportunidades que nos brinda a Lei de Contratos do sector p\u00fablico sup\u00f3n que as entidades te\u00f1en que\u00a0 profundar no cumprimento das cl\u00e1usulas sociais e optar por incorporar sistemas e ferramentas de xesti\u00f3n que as\u00ed o acrediten.<\/p>\n<p>Incorporar estas tendencias dentro das nosas planificaci\u00f3ns e priorizar recursos para conseguilas, ben seguro que contribuir\u00e1 a un crecemento m\u00e1is sustentable no tempo.<\/p>\n<p><strong>Celso G\u00e1ndara Carnero<br \/>\nXerente de Algalia <\/strong>\u00a0<strong>e Portavoz do Foro pola Econom\u00eda Social<\/strong><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Xunta de Galicia, a trav\u00e9s do seu presidente, Alberto N\u00fa\u00f1ez\u00a0 Feij\u00f3, anunciou a posta en marcha da primeira Estratexia galega de econom\u00eda social,\u00a0que contar\u00e1 cun orzamento de 73 mill\u00f3ns de euros ata 2021. Tr\u00e1tase dunha iniciativa para crear novas oportunidades de negocio e de actividade econ\u00f3mica en empresas que est\u00e1n enfocadas \u00e1s persoas e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":7026,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7019"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7019"}],"version-history":[{"count":8,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7019\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":7030,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7019\/revisions\/7030"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/7026"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7019"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7019"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7019"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}