{"id":6168,"date":"2018-05-03T08:37:58","date_gmt":"2018-05-03T06:37:58","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/es\/?p=6168"},"modified":"2020-04-27T17:52:37","modified_gmt":"2020-04-27T15:52:37","slug":"non-tenen-a-culpa-pero-que-se-note","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/non-tenen-a-culpa-pero-que-se-note\/","title":{"rendered":"Non te\u00f1en a culpa, pero que se note"},"content":{"rendered":"<p><strong><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-6169 alignleft\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/No-tienen-la-culpa.jpg\" alt=\"\" width=\"302\" height=\"298\" \/>\u00c9 diverso o impacto da \u201cformaci\u00f3n\u201d nos procesos de cambio conscientes nas organizaci\u00f3ns. Estou de acordo con Ander Mimenza en que \u201cna t\u00faa organizaci\u00f3n non te\u00f1en a culpa de que che estes formando\u201d, pero, por Deus! Que se note!<\/strong><\/p>\n<p><strong>Non todo ten que ver con \u201cformaci\u00f3n\u201d<\/strong><\/p>\n<p>Hai tempo que os estudosos do desenvolvemento organizacional apuntaron que son diversas as motivaci\u00f3ns que operan nas persoas e os equipos para resistirse a un cambio dirixido. Non todo ten que ver con afrontar o \u201cnon se como se fai!\u201d. Na mi\u00f1a experiencia as resistencias que te\u00f1en a s\u00faa ancoraxe nesta declaraci\u00f3n te\u00f1en unha sinxela, que non sempre f\u00e1cil, soluci\u00f3n: aprender. Aqu\u00ed a \u201cformaci\u00f3n\u201d pres\u00e9ntase como unha ferramenta que axuda a virar o rumbo cara aos resultados desexados.<\/p>\n<p>Que facer cando a resistencia ten unha motivaci\u00f3n pol\u00edtica, cando algu\u00e9n sente que co cambio vaise a perder algo que considera lex\u00edtimo? Que facer cando non se comparte o contido dese cambio, cando se percibe claramente o cami\u00f1o, pero non se est\u00e1 de acordo na direcci\u00f3n tomada? Que facer cando dunha forma natural, como emerxendo da propia forma de ser das persoas, a resistencia ao cambio ten que ver con certa aversi\u00f3n a calquera tipo de cambio, con rixideces persoais?<\/p>\n<p>Pois nestes casos toca facer outras cousas, pero \u201cformaci\u00f3n\u201d, probablemente, menos.<\/p>\n<p><strong>Consumismo formativo?<\/strong><\/p>\n<p>Pero a formaci\u00f3n \u00e9 moi sedutora. O seu atractivo mobiliza a curiosidade, a admiraci\u00f3n. D\u00e1nos seguridade\u2026\u00a0 Atr\u00e1enos, e consideramos, \u00e1s veces erroneamente, que boa parte do que nos pasa, que non avanzamos suficientemente na virada cara aos nosos obxectivos de cambio, p\u00f3dese superar con formaci\u00f3n, con boa formaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Non son poucas as organizaci\u00f3ns responsables cos seus procesos de cambio que invisten moitos recursos e enerx\u00edas en plans de formaci\u00f3n. En capacitaci\u00f3ns para as s\u00faas persoas. E est\u00e1 ben!, pero non sempre \u00e9 o m\u00e1is efectivo. \u00c9 preciso diagnosticar certeiramente que est\u00e1 a atrasar ou dificultando o cambio.<\/p>\n<p>Non poucas persoas que transitan por distintas propostas formativas est\u00e1n m\u00e1is pr\u00f3ximos a consumistas formativos, consumistas de novas experiencias polo principal motivo de que son novas, que consumidores conscientes e sustentables de formaci\u00f3n, como suxeitos que se arman de ferramentas para saber m\u00e1is \u201ccomos\u201d.<\/p>\n<p><strong>Na t\u00faa organizaci\u00f3n non te\u00f1en a culpa de que esteas a formar<\/strong><\/p>\n<p>Non te\u00f1en a culpa de que queiras trasladar urxentemente e a destempo a \u00faltima t\u00e9cnica aprendida, o \u00faltimo enfoque xerencial, a \u00faltima teor\u00eda de desenvolvemento organizacional do mercado. Non te\u00f1en a culpa de que empregues \u201cpalabros\u201d que soamente ti entendes, que manexes distinci\u00f3ns que che fan sentirte un pouco por encima dos teus compa\u00f1eiros e compa\u00f1eiras. Non te\u00f1en a culpa. \u00c1s veces sofren en silencio, ou non tanto.<\/p>\n<p>Que bo \u00e9 dispor de perchas nas que colgar todo o novo que se nos ofrece, conxuntalo co noso fondo de armario e dispor de m\u00e1is ferramentas para enfrontar os para que e os como do desenvolvemento organizacional das nosas entidades!<\/p>\n<p><strong>Pero que se note! A proposta de VIRADA Liderado<\/strong><\/p>\n<p>Perchas? Significa isto que \u201cmorra a formaci\u00f3n\u201d? Non! Viva a inspiraci\u00f3n, as novas formas, o nutritivo\u2026 Que se note que te est\u00e1s a formar! Que se note desde a sutileza, desde a humildade, desde a estratexia. Que se note que todo cambia, porque ti cambias. Que te\u00f1an a sorte de que te estas a transformar.<\/p>\n<p>M\u00e1is que \u201cformaci\u00f3n\u201d, disciplina. Determinaci\u00f3n no cambio de condutas. Acci\u00f3n. Transformaci\u00f3n.<\/p>\n<p>As persoas participantes no II Edici\u00f3n de VIRADA Liderado est\u00e1n a elaborar neste momento o seu Proxecto de Mellora Organizacional (PMO), un proxecto de intervenci\u00f3n sobre elas mesmas que enriquecer\u00e1n proximamente nunha titor\u00eda en grupo.<\/p>\n<p>Est\u00e1n atentas a s\u00faa organizaci\u00f3n e as s\u00faas necesidades, pero dese\u00f1ando como van axudalas a ser m\u00e1is efectivas propiciando cambio no que te\u00f1en m\u00e1is a man: elas mesmas. Seguro que se notar\u00e1\u2026 Moito \u00e1nimo!<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/algalia.com\/virada\/liderado\/?lang=gl\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><strong>Pica aqu\u00ed para ver o Programa VIRADA Liderado<\/strong>.<\/a><\/p>\n<p><strong>David Pereiro<\/strong><strong><br \/>\nSocio Consultor en\u00a0 Algalia S. Coop.\u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 Responsable do Programa VIRADA Liderado<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c9 diverso o impacto da \u201cformaci\u00f3n\u201d nos procesos de cambio conscientes nas organizaci\u00f3ns. Estou de acordo con Ander Mimenza en que \u201cna t\u00faa organizaci\u00f3n non te\u00f1en a culpa de que che estes formando\u201d, pero, por Deus! Que se note! Non todo ten que ver con \u201cformaci\u00f3n\u201d Hai tempo que os estudosos do desenvolvemento organizacional apuntaron [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":6169,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[27,26,39],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6168"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6168"}],"version-history":[{"count":12,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6168\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6181,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6168\/revisions\/6181"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6169"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6168"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6168"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6168"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}