{"id":4652,"date":"2012-05-28T13:10:51","date_gmt":"2012-05-28T11:10:51","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=4652"},"modified":"2020-04-27T18:10:39","modified_gmt":"2020-04-27T16:10:39","slug":"moitas-ong-pequenas-van-ter-que-agruparse-para-sobrevivir","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/moitas-ong-pequenas-van-ter-que-agruparse-para-sobrevivir\/","title":{"rendered":"Moitas ONG pequenas van a ter que agruparse para sobrevivir"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright wp-image-4653\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/conv-300x230.jpg\" alt=\"Moitas ONG pequenas van a ter que agruparse para sobrevivir\" width=\"355\" height=\"272\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/conv-300x230.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/conv.jpg 630w\" sizes=\"(max-width: 355px) 100vw, 355px\" \/><\/p>\n<div id=\"all\">\n<div id=\"wrapper\">\n<div id=\"main2\">\n<div id=\"contentarea2\">\n<div id=\"centro\">\n<div id=\"pagina\" class=\"pagina\">\n<p><strong>A continuaci\u00f3n reproducimos a entrevista a Ignasi Carreras que Amalia Maule\u00f3n publicou o 16 de maio de 2012 na secci\u00f3n de Sociedade e Cultura do diario <a href=\"http:\/\/www.farodevigo.es\/sociedad-cultura\/2012\/05\/16\/ong-pequenas-agruparse-sobrevivir\/648992.html\">Faro de Vigo<\/a>.<\/strong><\/p>\n<p>Como abordar a definici\u00f3n da misi\u00f3n dunha ONG, determinar axeitadamente a s\u00faa estratexia e o valor do liderado son algunhas das cuesti\u00f3ns que o director do Instituto de Innovaci\u00f3n Social de ESADE, Ignasi Carrera, explicou onte [15 de maio] en Vigo a medio centenar de representantes de organizaci\u00f3ns galegas. O experto impartiu a xornada dentro do programa formativo M\u00e1s Social de la Fundaci\u00f3n Barri\u00e9 e a Fundaci\u00f3n PwC.<\/p>\n<h5><strong>En tempos de crises, que opci\u00f3n te\u00f1en as ONG para sa\u00edr adiante?<\/strong><\/h5>\n<p>Por unha banda, te\u00f1en que ser m\u00e1is emprendedoras para ter unha maior capacidade de detectar iniciativas e levalas \u00e1 pr\u00e1ctica; tam\u00e9n deben apostar pola innovaci\u00f3n, xa que a crise demanda m\u00e1is servizos con menos recursos e, en terceiro lugar, ter un esp\u00edrito colaborativo con outras ONG e con outras empresas, o que lles permitir\u00e1 un maior impacto social nun contexto m\u00e1is complexo.<\/p>\n<h5><strong>Ent\u00f3n, o futuro est\u00e1 en que as ONG pequenas desaparezan ou se unan \u00e1s grandes?<\/strong><\/h5>\n<p>En Espa\u00f1a, comparado con outros pa\u00edses, hai un maior n\u00famero de ONG pequenas e menos medianas. Pola dificultade que van atopar para sobrevivir, veremos que moitas ONG van tender a agruparse, crear alianzas estrat\u00e9xicas ou fusionarse. Necesitan l\u00edderes que sexan capaces de colaborar con outros representantes. Estamos nun contexto no que as ONG dependen menos dos recursos p\u00fablicos e tampouco contan con moitos apoios privados, polo que a \u00fanica soluci\u00f3n en unir esforzos. Con todo, si esas ONG pequenas est\u00e1n moi especializadas e non dependen en exceso dos fondos p\u00fablicos, poder\u00e1n sobrevivir.<\/p>\n<h5><strong>Que ONG son exemplo de boa estratexia?<\/strong><\/h5>\n<p>As organizaci\u00f3ns grandes como C\u00e1ritas ou Unicef levan moito tempo prepar\u00e1ndose e son as que primeiro reaccionan ante as novas situaci\u00f3ns. Pero hai outras medianas como S\u00edndrome de Down ou Meni\u00f1os, en Galicia, que est\u00e1n suficientemente especializadas e ben reco\u00f1ecidas. As organizaci\u00f3ns que funcionan ben saben a s\u00faa misi\u00f3n, mant\u00e9\u00f1ense innovadoras, non intentan facer moitas cousas, te\u00f1en equipos directivos potentes e boa diversificaci\u00f3n de recursos.<\/p>\n<h5><strong>Conf\u00eda a xente no bo facer destas organizaci\u00f3ns ou os esc\u00e1ndalos ocasionais pesan demasiado?<\/strong><\/h5>\n<p>\u00c9 curioso porque dou bastantes conferencias a rapaces de cuarto da ISO e bacharelato e at\u00f3pome con que s\u00f3 un 25% conf\u00eda nelas. Isto corrobora que fai m\u00e1is ru\u00eddo unha \u00e1rbore que cae que centos que crecen. Reduciuse bastante a confianza nas ONG pero, malia iso, seguen sendo as organizaci\u00f3ns nas que m\u00e1is conf\u00eda a xente. Temos que facer un esforzo para que os que creen en n\u00f3s tam\u00e9n se sintan satisfeitos do noso traballo.<\/p>\n<h5><strong>En comparaci\u00f3n con outros pa\u00edses, cantos colaboradores regulares te\u00f1en as ONG espa\u00f1olas?<\/strong><\/h5>\n<p>S\u00f3 un 10% da poboaci\u00f3n colabora regularmente cunha destas organizaci\u00f3ns e iso \u00e9 moi pouco comparando con outros pa\u00edses que chegan ao 35 ou 40%. O problema da nosa sociedade \u00e9 que hai demasiados indiferentes. En Espa\u00f1a hai moitos colaboradores puntuais que, ante unha cat\u00e1strofe, un caso dunha enfermidade rara etc. reaccionan moi ben; \u00e9 unha solidariedade emotiva, pero para conseguir cambiar as cousas neces\u00edtase que se impliquen de xeito continuado.<\/p>\n<h5><strong>Nunha situaci\u00f3n na que moita xente non chega a fin de mes, como xestionar a captaci\u00f3n de fondos?<\/strong><\/h5>\n<p>As ONG te\u00f1en que buscar persoas, non di\u00f1eiro. Te\u00f1en que conseguir que a xente faga s\u00faas as causas que defenden. Ao principio \u00e9 suficiente con conseguir que manden un correo de apoio, que acudan como voluntarios a un acto e logo xa chegar\u00e1 o di\u00f1eiro. As redes sociais son clave para este novo tipo de colaboraci\u00f3n.<\/p>\n<h5><strong>Que forma \u00e9 a m\u00e1is efectiva para captar socios?<\/strong><\/h5>\n<p>Fai anos part\u00edase dunha base de datos e mand\u00e1banse cartas \u00e1 xente para que se fixesen socios. Pero a xente recib\u00eda demasiadas cartas e ao final non fac\u00eda moito caso a ningu\u00e9n. O cara a cara, esas persoas que che paran na r\u00faa para explicar a misi\u00f3n da entidade, tam\u00e9n est\u00e1 empezando a angustiar \u00e1 xente porque cada vez util\u00edzano m\u00e1is organizaci\u00f3ns. O m\u00e1is efectivo \u00e9 xerar unha comunidade de xente que queira colaborar, xa que esas persoas son m\u00e1is propicias, despois, a facer achegas econ\u00f3micas.<\/p>\n<p><strong>David Pereiro<br \/>\nSocio\u00a0consultor\u00a0de Algalia Servizos para o Terceiro Sector<\/strong><\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A continuaci\u00f3n reproducimos a entrevista a Ignasi Carreras que Amalia Maule\u00f3n publicou o 16 de maio de 2012 na secci\u00f3n de Sociedade e Cultura do diario Faro de Vigo. Como abordar a definici\u00f3n da misi\u00f3n dunha ONG, determinar axeitadamente a s\u00faa estratexia e o valor do liderado son algunhas das cuesti\u00f3ns que o director do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4653,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[22,32],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4652"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4652"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4652\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4658,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4652\/revisions\/4658"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4653"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4652"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4652"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4652"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}