{"id":4614,"date":"2012-02-28T16:34:24","date_gmt":"2012-02-28T14:34:24","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=4614"},"modified":"2020-04-27T18:12:17","modified_gmt":"2020-04-27T16:12:17","slug":"para-que-serven-os-codigos-eticos-nas-entidades-terceiro-sector","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/para-que-serven-os-codigos-eticos-nas-entidades-terceiro-sector\/","title":{"rendered":"Para que serven os c\u00f3digos \u00e9ticos nas entidades do terceiro sector?"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft wp-image-4615\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/22-300x209.jpg\" alt=\"Para que serven os c\u00f3digos \u00e9ticos nas entidades do terceiro sector?\" width=\"367\" height=\"256\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/22-300x209.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/22.jpg 400w\" sizes=\"(max-width: 367px) 100vw, 367px\" \/><strong>As entidades do terceiro sector son&#8230; digamos, boas. As s\u00faas causas son boas&#8230; A s\u00faa xente \u00e9 boa&#8230; non?<\/strong><\/p>\n<div id=\"all\">\n<div id=\"wrapper\">\n<div id=\"main2\">\n<div id=\"contentarea2\">\n<div id=\"centro\">\n<div id=\"pagina\" class=\"pagina\">\n<p><strong> Con moita xenerosidade direite que si, iso si, mentres non se demostre o contrario.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Se son boas, para que un c\u00f3digo \u00e9tico?<\/strong><\/p>\n<p><strong>Quizais para asegurarnos que non se poida demostrar o contrario&#8230; <\/strong><\/p>\n<p>Nin as cousas son tan simples, nin somos tan inxenuos. Sabemos que polo mero feito de que haxa unhas t\u00e1boas da lei, o pobo concernido por elas se vai comportar tal como Mois\u00e9s espera e Deus ordena. \u00c9 preciso algo m\u00e1is&#8230; pero, que?<\/p>\n<p>A unha entidade do terceiro sector non lle abonda con ter un C\u00f3digo \u00e9tico. Resulta relevante como se elabora e que se fai con el unha vez que se ten.<\/p>\n<h3><strong>Os valores das persoas<\/strong><\/h3>\n<p>Afortunadamente, as persoas das organizaci\u00f3ns te\u00f1en capacidade de elixir e dirixir a s\u00faa propia conduta. Sempre poden elixir, iso si, dentro dun marco de posibilidades.<\/p>\n<p>Todas as persoas, nas que nos debemos inclu\u00edr ti, lector, e eu mesmo, preferimos unhas posibilidades de actuaci\u00f3n sobre outras. Seranos \u00fatil acordar aqu\u00ed que a base desa preferencia \u00e9 o que imos chamar valores.<\/p>\n<p>Os valores existen para persoas, seres que te\u00f1en a capacidade de facer estimaci\u00f3ns, valoraci\u00f3ns. Podemos afirmar que os valores te\u00f1en unha dimensi\u00f3n obxectiva (isto parece axeitado, aqu\u00ed e noutra civilizaci\u00f3n) e unha dimensi\u00f3n subxectiva (isto par\u00e9ceme axeitado a min, pero non ao meu veci\u00f1o).<\/p>\n<p>Os valores habitualmente entran en conflito entre si, e cando se toman decisi\u00f3ns, consciente ou inconscientemente, vaise configurando unha orde xer\u00e1rquica que funciona de forma efectiva, un &#8220;sistema de valores&#8221;.<\/p>\n<h3><strong>Os valores nas organizaci\u00f3ns<\/strong><\/h3>\n<p>O asunto xa ten certa complexidade cando nos situamos na esfera persoal, pero esta disp\u00e1rase cando o situamos nunha esfera compartida entre distintas persoas, as cales te\u00f1en a s\u00faa propia xerarqu\u00eda de valores persoais. Neste contexto de maior complexidade, afloran as declaraci\u00f3ns axiol\u00f3xicas das entidades, especialmente as preocupadas pola dimensi\u00f3n \u00e9tica, como acontece no terceiro sector.<\/p>\n<p>Como axustar o encaixe entre os valores persoais e os enunciados organizacionalmente? Podemos estar de acordo en que \u00e9 desexable ese axuste, en que \u00e9 desexable que as condutas das persoas na organizaci\u00f3n, as s\u00faas elecci\u00f3ns m\u00e1is frecuentes, se ali\u00f1en coas condutas esperadas pola organizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Os valores que inspiran as condutas das persoas non se visibilizan soamente nas s\u00faas declaraci\u00f3ns, sen\u00f3n que se acrisolan nos seus comportamentos habituais, nas s\u00faas condutas preferentes, neses h\u00e1bitos que podemos convir en chamar actitudes.<\/p>\n<p>Que facer para propiciar este axuste, que fai \u00e1s organizaci\u00f3ns m\u00e1is cohesionadas e \u00e1s persoas que as forman m\u00e1is coherentes e felices?<\/p>\n<p>Unha vez m\u00e1is, afortunadamente, os valores xorden dun proceso de aprendizaxe que ten, entre outros, os recursos da toma de conciencia sobre as condutas e as elecci\u00f3ns proactivas, as\u00ed como o di\u00e1logo profundo e maduro sobre o contido dos valores persoais e organizacionais.<\/p>\n<p>Hai que falar, pero non vale calquera tipo de conversaci\u00f3n. Para un di\u00e1logo xenu\u00edno hanse de dar unha serie de caracter\u00edsticas que permitan o cambio persoal e comunitario. Av\u00e1nzase en grupo, pero cada persoa ha de percorrer o seu propio cami\u00f1o dentro do grupo.<\/p>\n<p>En definitiva, a xesti\u00f3n dos valores, a xesti\u00f3n en valores, \u00e9 un proceso din\u00e1mico, dial\u00f3gico, e moitas veces dial\u00e9ctico, no que estar en cami\u00f1o e cami\u00f1ar \u00e9 o relevante.<\/p>\n<h3><strong>A experiencia de Algalia con <a href=\"http:\/\/www.autismoburgos.org\/\">Autismo Burgos <\/a><\/strong><\/h3>\n<p>Algalia est\u00e1 a ter a oportunidade de acompa\u00f1ar as persoas de Autismo Burgos, profesionais e familias, no proceso de elaboraci\u00f3n e implementaci\u00f3n do seu c\u00f3digo \u00e9tico.<\/p>\n<p>Esta tarefa est\u00e1 a resultar efectiva grazas ao impulso e liderado das persoas con responsabilidades directivas e ao compromiso coa organizaci\u00f3n de todas as persoas participantes. Estase a realizar abrindo e facilitando espazos seguros de di\u00e1logo nos que se respectan os procesos de maduraci\u00f3n persoal e colectiva.<\/p>\n<p>En Burgos, cidade do cami\u00f1o de Santiago, s\u00e1bese que o importante \u00e9 cami\u00f1ar e avanzar cara ao destino compartido, a\u00ednda que as etapas resulten \u00e1s veces duras e sexa preciso abandonas os espazos de confort persoais e organizacionais.<\/p>\n<p>No pain, no glory!<\/p>\n<p><strong>David Pereiro<br \/>\nSocio consultor\u00a0de Algalia Servizos para o Terceiro Sector<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As entidades do terceiro sector son&#8230; digamos, boas. As s\u00faas causas son boas&#8230; A s\u00faa xente \u00e9 boa&#8230; non? Con moita xenerosidade direite que si, iso si, mentres non se demostre o contrario. Se son boas, para que un c\u00f3digo \u00e9tico? Quizais para asegurarnos que non se poida demostrar o contrario&#8230; Nin as cousas son [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4615,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[22],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4614"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4614"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4614\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4620,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4614\/revisions\/4620"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4615"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4614"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4614"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4614"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}