{"id":4547,"date":"2011-10-31T10:27:51","date_gmt":"2011-10-31T08:27:51","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=4547"},"modified":"2020-04-06T18:30:21","modified_gmt":"2020-04-06T16:30:21","slug":"cando-se-fara-maior-o-terceiro-sector","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/cando-se-fara-maior-o-terceiro-sector\/","title":{"rendered":"Cando se far\u00e1 maior o terceiro sector?"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright wp-image-4549\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/images-300x129.jpg\" alt=\"Cando se far\u00e1 maior o terceiro sector?\" width=\"373\" height=\"160\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/images-300x129.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/images.jpg 343w\" sizes=\"(max-width: 373px) 100vw, 373px\" \/><strong>Todo proceso de crecemento, xa sexa persoal, organizacional, sectorial\u2026 require de cambio. Pero non todos os procesos de cambio son iguais en ritmo, contido, participantes, resultado, axenda\u2026<\/strong><\/p>\n<p>O terceiro sector leva d\u00e9cadas esforz\u00e1ndose por definirse e consolidarse como un participante reco\u00f1ecido no di\u00e1logo civil, quere ser maior, quere facerse maior, quere que lle digan que \u00e9 maior.<\/p>\n<p>Ese empe\u00f1o resulta evidente nestes momentos previos \u00e1s elecci\u00f3ns ao parlamento espa\u00f1ol que se celebrar\u00e1n o 20N, en que con distintos documentos, manifestos, escritos e por distintas v\u00edas, qu\u00e9rello facer ver aos futuros representantes pol\u00edticos da cidadan\u00eda. <a href=\"http:\/\/www.socialia.org\/portal\/site\/WINS003\/menuitem.8de4cf767efb8ff3239e75c051d001ca\/?vgnextoid=15391d9d4b933310VgnVCM100000140d10acRCRD\">Ver artigo en Socialia.org<\/a><\/p>\n<div id=\"all\">\n<div id=\"wrapper\">\n<div id=\"main2\">\n<div id=\"contentarea2\">\n<div id=\"centro\">\n<div id=\"pagina\" class=\"pagina\">\n<p>Neste marco proactivo de proposta, hai d\u00faas noticias que circularon nestes d\u00edas polo sector, unha do \u00e1mbito da acci\u00f3n social e outra do cultural, que poden dar que pensar sobre o ritmo, contido, participantes, resultado, axenda\u2026 deste anhelo de crecemento do terceiro sector no seu conxunto.<\/p>\n<h3><strong>M\u00e1is social<\/strong><\/h3>\n<p><em>\u00a0\u201cO cambio require de l\u00edderes capaces de ir por diante, de influ\u00edr e marcar a direcci\u00f3n, l\u00edderes capaces de `inspirar futuros\u2019\u2026require tam\u00e9n de bos xestores, capaces de realizalo, de asignar recursos e responsabilidades\u201d<\/em>.<\/p>\n<p>\u00c9 o que afirmou, recentemente, Ignasi Carreiras, director do Instituto de Innovaci\u00f3n Social de ESADE, que ofreceu a conferencia inaugural do programa de formaci\u00f3n <a href=\"http:\/\/www.fundacionbarrie.org\/es\/sala-de-prensa\/21-noticias\/140-ignasi-carreras-ha-inaugurado-el-programa-de-formacion-qmas-socialq\">M\u00e1is Social<\/a> da Fundaci\u00f3n Barri\u00e9 e PwC .<\/p>\n<p>Ignasi apunta que fan falla persoas con visi\u00f3n e persoas con xesti\u00f3n, ademais de recursos e responsabilidade. A orde de factores alterar\u00eda o produto: primeiro persoas (iso si, con visi\u00f3n e xesti\u00f3n), e logo recursos\u2026 \u00a1sen esquecernos da asunci\u00f3n de responsabilidades!<\/p>\n<p>M\u00e1is social \u00e9 un programa da Fundaci\u00f3n Barri\u00e9 para o fortalecemento da xesti\u00f3n do terceiro sector a trav\u00e9s do financiamento para a contrataci\u00f3n de profesionais, apoio para o dese\u00f1o dun plan estrat\u00e9xico de acci\u00f3n e un programa formativo. Da primeira edici\u00f3n do programa estanse beneficiando <a href=\"http:\/\/massocial.fbarrie.org\/?q=entities\">10 entidades<\/a> sociais.<\/p>\n<h3><strong>Fundaci\u00f3ns culturais de interese galego<\/strong><\/h3>\n<p>O presidente do Consello d\u00e1 Cultura Galega, Ram\u00f3n Villares, presentaba o 17 de outubro na Xunta o <a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/noticia.php?id=19679\">Informe sobre as <\/a><em><a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/noticia.php?id=19679\">Fundaci\u00f3ns Culturais de Interese Galego<\/a>.<\/em>\u00a0 Este traballo, realizado por encargo do Goberno Galego, analiza por vez primeira de xeito sistem\u00e1tico a situaci\u00f3n legal e real deste \u00e1mbito, e sinala a debilidade de moitas destas entidades.<\/p>\n<p>O Consello d\u00e1 Cultura Galega chama a atenci\u00f3n sobre a <em>\u201cdebilidade econ\u00f3mica e organizativa\u201d<\/em> deste tipo de entidades. Manifesta que <em>\u201cpodemos falar dun sector economicamente moi endeble, con recursos moi limitados na maior\u00eda dos casos, excesivamente dependente dos recursos p\u00fablicos, con escasa capacidade de captaci\u00f3n de recursos persoais e con dotaci\u00f3ns fundacionais manifestamente insuficientes\u201d.<\/em><\/p>\n<p>O estudo avoga por abordar reformas legais que permitan controlar mellor a viabilidade das entidades ou singularizar a s\u00faa raz\u00f3n de ser, que simplifiquen a burocracia asociada \u00e1s posibles fusiones ou que reformulen as pol\u00edticas de apoio p\u00fablico. Avoga, en definitiva, por mellorar o <em>\u201cmarco de referencia\u201d<\/em> para que o cambio leve cara a entidades m\u00e1is eficaces e eficientes en beneficio da cultura e, xa que logo, en beneficio da sociedade.<\/p>\n<p>\u00bfEste diagn\u00f3stico para un tipo de organizaci\u00f3ns do terceiro sector cultural non ser\u00eda aplicable para outros \u00e1mbitos do terceiro sector, como o de acci\u00f3n social, cooperaci\u00f3n internacional, medioambiente\u2026?<\/p>\n<h4><strong>\u00bfPor onde pasan alg\u00fans cambios para que o terceiro sector \u201cse faga maior\u201d?<\/strong><\/h4>\n<p>Para alcanzar a madurez hai que crecer e comportarse e ser reco\u00f1ecido como adulto. Para o terceiro sector es tempo de cambios, e abordalos con \u00e9xito require dunha estratexia global por parte de todas as entidades.<\/p>\n<p>Apuntamos catro cousas que o terceiro sector ten na s\u00faa man para dar o estir\u00f3n e facerse maior:<\/p>\n<ol>\n<li>Hai que medir no seu xusto termo o impacto social do que facemos, e comunicalo \u00e1 sociedade, sensibilizando e implicando a outras persoas.<\/li>\n<li>Es imprescindible aproveitar as sinerxias, traballar en redes que aporten valor ao que facemos, incidir de modo complementario para abordar mellor os problemas sociais.<\/li>\n<li>Hai que formarse para mellorar a xesti\u00f3n, pero tam\u00e9n para liderar con enerx\u00eda e posibilitar o cambio.<\/li>\n<li>Hai que esixir aos poderes p\u00fablicos que asuman as s\u00faas responsabilidades<\/li>\n<\/ol>\n<p>\u00bfDaranos tempo a facer m\u00e1is de catro cousas nestes tempos que reclaman visi\u00f3n, xesti\u00f3n, recursos e responsabilidade?<\/p>\n<p><strong>David\u00a0Pereiro<br \/>\nSocio\u00a0consultor de Algalia Servizos para o Terceiro Sector<\/strong><\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Todo proceso de crecemento, xa sexa persoal, organizacional, sectorial\u2026 require de cambio. Pero non todos os procesos de cambio son iguais en ritmo, contido, participantes, resultado, axenda\u2026 O terceiro sector leva d\u00e9cadas esforz\u00e1ndose por definirse e consolidarse como un participante reco\u00f1ecido no di\u00e1logo civil, quere ser maior, quere facerse maior, quere que lle digan que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4549,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4547"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4547"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4547\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4552,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4547\/revisions\/4552"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4549"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4547"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4547"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4547"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}