{"id":4531,"date":"2011-09-29T09:13:47","date_gmt":"2011-09-29T07:13:47","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=4531"},"modified":"2023-06-02T13:35:10","modified_gmt":"2023-06-02T11:35:10","slug":"de-que-crise-estamos-falar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/de-que-crise-estamos-falar\/","title":{"rendered":"De que crise estamos a falar?"},"content":{"rendered":"<p><!--<script type=\"text\/javascript\" src=\"\/templates\/algalia\/javascript\/md_stylechanger.js\"><\/script>--><\/p>\n<div id=\"all\">\n<div id=\"wrapper\">\n<div id=\"main2\">\n<div id=\"contentarea2\">\n<div id=\"centro\">\n<div id=\"pagina\" class=\"pagina\">\n<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-13657 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2011\/09\/financial-equalization-1027282__340-300x184.jpg\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"246\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2011\/09\/financial-equalization-1027282__340-300x184.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2011\/09\/financial-equalization-1027282__340-610x375.jpg 610w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2011\/09\/financial-equalization-1027282__340.jpg 700w\" sizes=\"(max-width: 400px) 100vw, 400px\" \/>\u00c9 posible que ao longo do d\u00eda oiamos ou pronunciemos reiteradamente a cantilena \u201ccoa que est\u00e1 caindo\u2026\u201d. A maior\u00eda das veces esta expresi\u00f3n coloquial s\u00e9rvenos para describir m\u00e1is un estado de \u00e1nimo que unha realidade tanxible, observable\u2026 Que \u00e9 o que esta caindo? Sobre quen est\u00e1 caindo? De onde est\u00e1 caindo?<\/p>\n<p>A informaci\u00f3n que a crise est\u00e1 xerando \u00e9 inabarcable. As palabras sobre a crise non est\u00e1n en crise. Que conta o terceiro sector?<\/p>\n<p>Apunto a continuaci\u00f3n algunhas palabras lidas sobre crises e terceiro sector, e os ecos e reflexi\u00f3ns que poden suxerir.<\/p>\n<p><strong>Primeira palabra: o terceiro sector e a econom\u00eda social de Espa\u00f1a<\/strong><\/p>\n<p>En xaneiro de 2009 o <a href=\"http:\/\/www.plataformavoluntariado.org\/web\/pve\/quehacemos\/foroagentes\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Foro de axentes sociais do terceiro sector e da econom\u00eda social<\/a> fixo p\u00fablicas unha serie de <a href=\"http:\/\/www.plataformavoluntariado.org\/web\/pve\/quehacemos\/foroagentes\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">propostas ante a crise econ\u00f3mica<\/a>.<\/p>\n<p>Antes de debullar os seis eixes de actuaci\u00f3n nos que encadran as s\u00faas propostas, os asinantes realizan unha exposici\u00f3n de motivos. Resumo os que te\u00f1en que ver con como se presenta ante os destinatarios das s\u00faas propostas o terceiro sector e a econom\u00eda social que aqu\u00ed se agrupa:<\/p>\n<ul>\n<li>A crise non \u00e9 s\u00f3 econ\u00f3mica, sen\u00f3n tam\u00e9n social. Deixa ao descuberto o propio modelo social.<\/li>\n<li>As entidades sociais, de econom\u00eda social e solidaria, estanse facendo cargo das persoas m\u00e1is afectadas.<\/li>\n<li>Estes actores sociais xogan un papel importante de interlocuci\u00f3n cos responsables de dese\u00f1ar pol\u00edticas.<\/li>\n<li>A crise econ\u00f3mica debilita o sector, que ve diminu\u00edda o seu financiamento e capacidade para dar resposta aos riscos de exclusi\u00f3n\u00a0\u00a0\u00a0 social das persoas.<\/li>\n<\/ul>\n<p>Reclamando un papel m\u00e1is proactivo e preventivo, os asinantes apuntan que non s\u00f3 est\u00e1n para dar resposta \u00e1s necesidades emerxentes, e afirman que:<\/p>\n<p>\u201cOs actores sociais integrados no Terceiro Sector e na Econom\u00eda Social somos unha ferramenta eficaz e un aliado necesario das pol\u00edticas p\u00fablicas para actuar en situaci\u00f3ns de precariedade, polo que se deben dese\u00f1ar tam\u00e9n medidas de apoio e reforzo aos mesmos, que garantan a sostibilidade e o longo alcance das s\u00faas estratexias. Pola s\u00faa propia natureza, o noso sector crea ademais cohesi\u00f3n social, redes sociais que constit\u00faen unha malla de seguridade contra os riscos de exclusi\u00f3n que afrontan os sectores m\u00e1is debilitados e desprotexidos da sociedade\u201d.<\/p>\n<p>Aqu\u00ed temos unha descrici\u00f3n dun importante valor social que o Terceiro Sector e a Econom\u00eda Social ofrecen \u00e1 cidadan\u00eda.<\/p>\n<p><strong>Segunda palabra: o di\u00e1logo civil a escala planetaria<\/strong><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.civicusassembly.org\/index.php\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">CIVICUS <\/a>\u00e9 unha alianza internacional que ten por obxectivo fortalecer a acci\u00f3n da sociedade civil no mundo. Do 10 ao 12 de setembro de 2011 celebrou a s\u00faa asemblea en Montreal, onde se presentaron as principais conclusi\u00f3ns do per\u00edodo 2008-2011 sobre o \u00edndice da sociedade civil que se presentaron durante a conferencia<a href=\"http:\/\/www.civicus.org\/downloads\/CSIReportSummary-SP.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">&#8220;Reducindo brechas: Cidad\u00e1ns, organizaci\u00f3ns e disociaci\u00f3n&#8221;.<\/a><\/p>\n<p>A principal conclusi\u00f3n do encontro \u00e9:<\/p>\n<p>\u201cA sociedade civil est\u00e1 sufrindo a s\u00faa maior crise e un cambio de xeraci\u00f3n. Moitas organizaci\u00f3ns da sociedade civil (OSCs) ben\u00a0establecidas est\u00e1n sufrindo o peso de m\u00faltiples desaf\u00edos pol\u00edticos e econ\u00f3micos, pero tam\u00e9n se mostran desconectadas de moitos cidad\u00e1ns e en particular, das novas e informais v\u00edas de participaci\u00f3n e activismo.<\/p>\n<p>Esta \u00e9 a principal conclusi\u00f3n do \u00cdndice da Sociedade Civil de CIVICUS (CSI), un proxecto de investigaci\u00f3n e autoavaliaci\u00f3n da sociedade civil de tres anos, levado a cabo en 35 pa\u00edses de Am\u00e9rica Latina, Europa, Oriente Medio e \u00c1frica do Norte, \u00c1frica Subsahariana e Asia Central e do Leste entre 2008 e 2011.\u201d<\/p>\n<p>Const\u00e1tase que as entidades da sociedade civil responden, pero que se abre unha tendencia que pode xustificar o po\u00f1er en d\u00fabida a representatividade, e xa que logo lexitimidade, das s\u00faas posici\u00f3ns.<\/p>\n<p><strong>Terceira palabra: unha voz dende\u00a0o mundo empresarial<\/strong><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.eduardonavarro.net\/index.php\/acerca-de-eduardo-navarro\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Eduardo Navarro<\/a> inicia o post do seu blog <a href=\"http:\/\/www.eduardonavarro.net\/index.php\/como-tomar-decisiones-estrategicas-tiempos-crisis\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">\u00bfComo tomar decisi\u00f3ns estrat\u00e9xicas en tempos de crises? <\/a>do seguinte xeito:<\/p>\n<p>&#8220;A estratexia volve con forza \u00e1 axenda da alta direcci\u00f3n en tempos de crises e, segundo os estudos de Improven, s\u00f3 un 36% das empresas toman as decisi\u00f3ns estrat\u00e9xicas adecuadas nestas situaci\u00f3ns. A\u00ednda que \u00e9 cuestionable a importancia da estratexia en tempos de bonanza xa que moitas veces \u00e9 simplemente crecer, en tempos de cambio, a estratexia \u00e9 o \u00fanico xeito de conseguir ser viable nunha contorna complexa.<\/p>\n<p>O cambio de paradigma prod\u00facese porque nos anos de bonanza, non era necesario pensar alternativas creativas, sen\u00f3n que as estratexias continuistas eran suficientes. Hab\u00eda un exceso de demanda e calquera negocio\/produto era un \u00e9xito pese a que non aportase ning\u00fan valor diferencial ao mercado. Con todo, cando chega a crise, mell\u00f3raa operativa non \u00e9 suficiente para conseguir bos resultados e a estratexia \u00e9 o \u00fanico xeito de definir un cami\u00f1o claro cando se redefinen os mercados, os competidores e os sectores completos.<\/p>\n<p>Nunca debemos esquecer que o obxectivo da estratexia \u00e9 alcanzar unha posici\u00f3n competitiva diferente, con clientes fieis, e dificilmente imitable. \u00c9 a gu\u00eda que debe levarche a trav\u00e9s do complexo traxecto ata alcanzar un posicionamento inimitable. G\u00fastame visualizar que a estratexia \u00e9 como subir a unha monta\u00f1a. \u00c9 complicado o cami\u00f1o pero, cando se chega \u00e1 cima (o posicionamento desexado), a situaci\u00f3n \u00e9 inmellorable\u201d.<\/p>\n<p>Para tomar decisi\u00f3ns estrat\u00e9xicas \u00e9 necesario realizar an\u00e1lises rigorosas, e segundo Eduardo Navarro, os erros m\u00e1is habituais \u00e1 hora de realizar an\u00e1lise adoitan ser os seguintes: facer malas an\u00e1lises por falta de co\u00f1ecemento ou experiencia t\u00e9cnica; ou facer malas an\u00e1lises porque nos dedicamos a buscar datos que xustifiquen o resultado que temos decidido previamente.<\/p>\n<p>Que tipo de decisi\u00f3ns toma ese 36% que adopta decisi\u00f3ns estrat\u00e9xicas?<\/p>\n<p>Sen esquecernos de que o enfoque de Eduardo Navarro \u00e9 fundamentalmente empresarial e organizativo, apunta que os movementos estrat\u00e9xicos habituais son dous: centrarse no \u201ccoraz\u00f3n do negocio\u201d, ou non investir en unidades de negocio non estrat\u00e9xicas.<\/p>\n<p><strong>Alg\u00fans ecos \u00e1s palabras lidas<\/strong><\/p>\n<p>Parece que moitos estamos de acordo que a crise non \u00e9 esencialmente econ\u00f3mica, sen\u00f3n social, de modelo de desenvolvemento e de relaci\u00f3n entre as persoas, animais e bens que compartimos planeta. Que modelo social prop\u00f3n o terceiro sector? Que queremos e constru\u00edmos que quen nos escoite poida identificar de forma clara e un\u00edvoca? Seguramente esta proposta est\u00e1 en construci\u00f3n, ou en dilaci\u00f3n, porque non queremos po\u00f1ernos de acordo?<\/p>\n<p>Dicimos desde o terceiro sector representar \u00e1 cidadan\u00eda, e especialmente a aquelas persoas en situaci\u00f3n ou risco de exclusi\u00f3n social. Tam\u00e9n constatamos que quedamos f\u00f3ra de xogo, do mesmo xeito que outros axentes sociais, ao descubrir que son posibles participaci\u00f3ns sen representatividade organizada, como pode ser nalgunha medida o 15M. Ademais, parece que isto pasa a escala planetaria\u2026 Representamos a algu\u00e9n m\u00e1is que a n\u00f3s mesmos e os nosos usuarios de servizos? S\u00e9ntense estes \u00faltimos representados por n\u00f3s? Nos han outorgando esa representatividade? Cales son os nosos intereses efectivos?<\/p>\n<p>\u201cO mundo cambia que \u00e9 unha barbaridade\u201d. Esta afirmaci\u00f3n popular av\u00edsanos de que estamos nun contexto no que, como sector, habemos de adoptar decisi\u00f3ns estrat\u00e9xicas. Fai anos que non \u00e9 tempo para estratexias de seguimiento\u2026 Cal \u00e9 o coraz\u00f3n do negocio do Terceiro sector e a Econom\u00eda social? A prestaci\u00f3n de servizos, a participaci\u00f3n social, a incidencia social e pol\u00edtica, o equilibrio de todas elas\u2026? En que ser\u00eda preciso \u201cdesinvestir\u201d?<\/p>\n<p>As respostas a cuesti\u00f3ns complexas esixen polo menos o mesmo grado de complexidade, e algunhas cuesti\u00f3ns formuladas son certamente complexas. Intentemos desenmara\u00f1ar o asunto enfrontando as preguntas oportunas. Empecemos: De que crise estamos a falar?<\/p>\n<p><strong>David Pereiro<br \/>\nSocio consultor\u00a0de Algalia Servizos para o Terceiro Sector<\/strong><\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c9 posible que ao longo do d\u00eda oiamos ou pronunciemos reiteradamente a cantilena \u201ccoa que est\u00e1 caindo\u2026\u201d. A maior\u00eda das veces esta expresi\u00f3n coloquial s\u00e9rvenos para describir m\u00e1is un estado de \u00e1nimo que unha realidade tanxible, observable\u2026 Que \u00e9 o que esta caindo? Sobre quen est\u00e1 caindo? De onde est\u00e1 caindo? A informaci\u00f3n que a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":13657,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4531"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4531"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4531\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13658,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4531\/revisions\/13658"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13657"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4531"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4531"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4531"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}