{"id":4493,"date":"2011-05-25T16:38:08","date_gmt":"2011-05-25T14:38:08","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=4493"},"modified":"2026-08-24T13:06:39","modified_gmt":"2026-08-24T11:06:39","slug":"como-medir-eficacia-da-formacion-conforme-iso-90012008","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/como-medir-eficacia-da-formacion-conforme-iso-90012008\/","title":{"rendered":"Como medir a eficacia da formaci\u00f3n conforme a ISO 9001:2008"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright wp-image-13652\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2011\/05\/123-formacion-ISO-300x184.gif\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"246\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2011\/05\/123-formacion-ISO-300x184.gif 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2011\/05\/123-formacion-ISO-610x375.gif 610w\" sizes=\"(max-width: 400px) 100vw, 400px\" \/>Un dos requisitos da norma ISO 9001:2008 nos que se albiscan maiores problemas de cumprimento \u00e1 hora de levar a cabo as auditor\u00edas internas ou externas dos sistemas de xesti\u00f3n da calidade, \u00e9 o de avaliaci\u00f3n da eficacia da formaci\u00f3n, comprendido no seu apartado 6.2.2.<\/p>\n<p>Ao longo dos anos e especialmente naquelas entidades nas que o esforzo de desenvolvemento do sistema \u00e9 interno ou con moi pouco asesoramento, foi posible comprobar como o requisito de avaliaci\u00f3n da eficacia se reduce a unha avaliaci\u00f3n do servizo de formaci\u00f3n prestado, o cal est\u00e1 m\u00e1is pr\u00f3ximo \u00e1s pautas establecidas para o apartado de compras que unha avaliaci\u00f3n da eficacia propiamente dita. Neste sentido, e en prol de orientar axeitadamente a implantaci\u00f3n do requisito, \u00e9 importante que as organizaci\u00f3ns que desenvolven ou traballan con sistemas ISO 9001 tomen conciencia de tres conceptos fundamentais:<\/p>\n<ul>\n<li>A formaci\u00f3n ou outras acci\u00f3ns tomadas indicadas no apartado 6.2.2 buscan satisfacer as necesidades de competencia detectadas no persoal. Esta competencia debe entenderse como a habilidade para aplicar co\u00f1ecementos e aptitudes no traballo, e pode ser tanto individual coma colectiva<\/li>\n<li>A eficacia \u00e9 unha palabra que en termos sinxelos e xerais debe ser entendida no contexto da norma ISO 90012000 como &#8220;o logro dos obxectivos de algo&#8221;. Ese &#8216;algo&#8217; incl\u00fae as acci\u00f3ns formativas.<\/li>\n<li>A avaliaci\u00f3n da eficacia da formaci\u00f3n, de acordo cos dous postulados anteriores, debe buscar ent\u00f3n demostrar que a acci\u00f3n adoptada logra o obxectivo de satisfacer esa necesidade de competencia&#8230;<\/li>\n<\/ul>\n<p>O anterior serve como esquema fundamental para decatarse de que a avaliaci\u00f3n da eficacia da formaci\u00f3n debe levar a persona avaliadora a preguntarse que pretend\u00eda lograr a formaci\u00f3n en termos de competencia e que logrou realmente a formaci\u00f3n neses mesmos termos. \u00c1 s\u00faa vez, \u00e9 importante que esa valoraci\u00f3n se realice con respecto a criterios definidos.<\/p>\n<p>\u00c9 sabido que, pola relaci\u00f3n custo\/beneficio, toda acci\u00f3n formativa debe ter un obxectivo que, preferiblemente, a\u00ednda que non por requisito normativo, deber\u00eda estar documentado e claro antes de iniciar a acci\u00f3n formativa. Este obxectivo \u00e9 o que nos aclara se a formaci\u00f3n busca unicamente informar, ou se, pola contra, pretende xerar aprendizaxe ou melloras no desempe\u00f1o dos traballadores no seu posto individual ou nos seus procesos. Polo tanto, ese obxectivo \u00e9 precisamente o que nos d\u00e1 a clave para determinar que m\u00e9todos deben utilizarse co fin de valorar, unha vez finalizada, se a formaci\u00f3n foi eficaz.<\/p>\n<p>A\u00ednda que a ISO non establece un modelo concreto de valoraci\u00f3n, para analizar os obxectivos das acci\u00f3ns formativas e establecer, a partir deles, os criterios de como se avaliar\u00e1 a s\u00faa eficacia, tradicionalmente \u00e9 empregado por moitos consultores en diferentes pa\u00edses o modelo de Kirkpatrick. Este modelo establece catro niveis posibles de avaliaci\u00f3n dunha acci\u00f3n formativa:<\/p>\n<ol>\n<li><strong>Nivel A: Satisfacci\u00f3n do cliente<\/strong>. Neste nivel val\u00f3rase a satisfacci\u00f3n do alumnado coa formaci\u00f3n (material, co\u00f1ecementos do profesor e lox\u00edstica, entre outros aspectos). Como est\u00e1 desligado do propio obxectivo da formaci\u00f3n\u00a0 e \u00e9 realmente unha valoraci\u00f3n do servizo, este nivel non deber\u00eda utilizarse para valorar a eficacia da formaci\u00f3n.<\/li>\n<li><strong>Nivel B: Aprendizaxe<\/strong>. Neste nivel at\u00f3panse acci\u00f3ns formativas con obxectivos como &#8220;resolver situaci\u00f3ns de non conformidade por mediante a aplicaci\u00f3n do m\u00e9todo de an\u00e1lise da causa ra\u00edz&#8221;. O que buscan as acci\u00f3ns formativas neste nivel \u00e9 dotar de co\u00f1ecementos as persoas participantes, polo que os m\u00e9todos t\u00edpicos de avaliaci\u00f3n da eficacia incl\u00faen obradoiros exames, asignaci\u00f3ns e tarefas, entre outros.<\/li>\n<li><strong>Nivel C: Comportamento laboral.<\/strong> Neste nivel, as acci\u00f3ns formativas buscan transferir o co\u00f1ecemento aos postos de traballo individuis ou grupais, polo que as ferramentas t\u00edpicas de avaliaci\u00f3n incl\u00faen as avaliaci\u00f3ns do desempe\u00f1o e as auditor\u00edas de posto, entre outras. Polo xeral, estes m\u00e9todos apl\u00edcanse un tempo despois de que a acci\u00f3n formativa rematase.<\/li>\n<li><strong>Nivel D: Desempe\u00f1o de proceso\/impacto nos obxectivos.<\/strong> Neste nivel val\u00f3rase a relaci\u00f3n entre a acci\u00f3n formativa e o seu impacto no desempe\u00f1o dun proceso completo ou dun obxectivo concreto da organizaci\u00f3n. Neste nivel, os m\u00e9todos de avaliaci\u00f3n por excelencia son os indicadores e as tendencias deses procesos e obxectivos.<\/li>\n<\/ol>\n<p>En conclusi\u00f3n, o marco de conceptos e niveis presentado indica que a avaliaci\u00f3n da eficacia da formaci\u00f3n non \u00e9 m\u00e1is que a relaci\u00f3n entre <strong>o que se quere lograr e o logrado<\/strong> coa formaci\u00f3n, valorada con criterios claros e coherentes cos obxectivos propostos.<\/p>\n<p>Adicionalmente, c\u00f3mpre destacar que, nalg\u00fans casos as organizaci\u00f3ns poden eximir da avaliaci\u00f3n da eficacia determinados eventos, tales como as charlas informativas, dada a s\u00faa natureza.<\/p>\n<p><strong>Miguel Barbosa<br \/>\nSocio Responsable da \u00e1rea de Consultor\u00eda de Algalia Servizos para o Terceiro Sector<\/strong><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un dos requisitos da norma ISO 9001:2008 nos que se albiscan maiores problemas de cumprimento \u00e1 hora de levar a cabo as auditor\u00edas internas ou externas dos sistemas de xesti\u00f3n da calidade, \u00e9 o de avaliaci\u00f3n da eficacia da formaci\u00f3n, comprendido no seu apartado 6.2.2. Ao longo dos anos e especialmente naquelas entidades nas que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":13652,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4493"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4493"}],"version-history":[{"count":9,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4493\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16429,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4493\/revisions\/16429"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13652"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4493"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4493"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4493"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}