{"id":4466,"date":"2011-04-29T12:59:39","date_gmt":"2011-04-29T10:59:39","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=4466"},"modified":"2023-05-26T11:27:06","modified_gmt":"2023-05-26T09:27:06","slug":"tics-e-o-terceiro-sector-algo-mais-que-ter-un-ordenador","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/tics-e-o-terceiro-sector-algo-mais-que-ter-un-ordenador\/","title":{"rendered":"As TICS e o Terceiro Sector algo m\u00e1is que ter un ordenador"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-13608 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2011\/04\/Foto-informe-sociedad-de-la-info-DESTACADA-300x184.jpg\" alt=\"\" width=\"449\" height=\"276\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2011\/04\/Foto-informe-sociedad-de-la-info-DESTACADA-300x184.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2011\/04\/Foto-informe-sociedad-de-la-info-DESTACADA-610x375.jpg 610w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2011\/04\/Foto-informe-sociedad-de-la-info-DESTACADA.jpg 700w\" sizes=\"(max-width: 449px) 100vw, 449px\" \/>Todos os que vivimos de cerca o terceiro sector sabemos que este creceu moito nos \u00faltimos anos: influencia social, recursos dispo\u00f1ibles, traballadores remunerados\u2026 en paralelo as organizaci\u00f3ns foron incorporando funci\u00f3ns profesionais que tradicionalmente non ti\u00f1an: comunicaci\u00f3n, calidade, recursos humanos\u2026<\/p>\n<div id=\"all\">\n<div id=\"wrapper\">\n<div id=\"main2\">\n<div id=\"contentarea2\">\n<div id=\"centro\">\n<div id=\"pagina\" class=\"pagina\">\n<p>Explicar \u00e1 sociedade que facemos, captar recursos para destinalos aos nosos proxectos, facer as cousas ben feitas e a primeira, ou establecer bos equipos de traballo son alg\u00fans dos froitos derivados do feito de ter profesionais, que se fan cargo das funci\u00f3ns mencionadas.<\/p>\n<p>En todo este proceso, as tecnolox\u00edas da informaci\u00f3n e as comunicaci\u00f3ns (TIC) omnipresentes na nosa sociedade, non se incorporaron de forma suficiente \u00e1 vida coti\u00e1 do sector.<\/p>\n<p>Investimos recursos importantes en calidade (procedementos, auditor\u00edas, certificaci\u00f3ns\u2026) pero non pensamos nas TIC como unha ferramenta fundamental para logralo. Apostamos pola comunicaci\u00f3n porque, entre outras raz\u00f3ns, \u00e9 o xeito de facernos co\u00f1ecer e captar novos recursos para a nosa actividade. En cambio, non temos presente que as TIC poder\u00edan axudarnos a reducir os nosos custos, e polo tanto, a ter menos necesidades de captaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Non \u00e9 inusual atopar entidades que utilizan ferramentas para funci\u00f3ns que non lles corresponden, ou onde certos procesos rep\u00edtense de forma mec\u00e1nica sen aportar ning\u00fan valor engadido e xerando \u00a0ademais erros que piden horas para ser corrixidos.Todo iso, unha cantidade fant\u00e1stica de traballo innecesario ou que foi necesario repetir. Traducido en euros, o n\u00famero dar\u00eda para manter un bo n\u00famero daqueles proxectos que non puidemos tirar adiante porque ningu\u00e9n nolo financiou.<\/p>\n<p>O papel das TIC en boa parte das organizaci\u00f3ns do terceiro sector \u00e9 anecd\u00f3tico m\u00e1is al\u00f3 dos seus usos evidentes. Est\u00e1n porque vivimos na era das TIC e estas entraron por baixo da porta, case que sen darnos conta. Temos ordenadores, acceso a internet, pero de aqu\u00ed, a facelas un activo estrat\u00e9xico a\u00ednda nos queda moito cami\u00f1o por percorrer.<\/p>\n<p>As TIC te\u00f1en que ser un factor transversal que contrib\u00faa a un maior e mellor cumprimento da misi\u00f3n de cada organizaci\u00f3n e por isto fai falta que se integren na planificaci\u00f3n estrat\u00e9xica das entidades, ao coraz\u00f3n de cada un dos proxectos, procesos e actividades.<\/p>\n<p>Cando falamos de transversalidade, queremos dicir que as TIC poden estar presentes en todos os \u00e1mbitos de traballo da entidade, que poderiamos agrupar en seis grandes \u00e1reas:<\/p>\n<ul>\n<li>Proxectos relacionados cos obxectivos da organizaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Comunicaci\u00f3n e captaci\u00f3n de recursos.<\/li>\n<li>Sensibilizaci\u00f3n e incidencia pol\u00edtica.<\/li>\n<li>Fomento da participaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Transparencia e rendici\u00f3n de contas.<\/li>\n<li>Xesti\u00f3n interna.<\/li>\n<\/ul>\n<p>Se temos presente que esta aposta transversal polas TIC sup\u00f3n, en definitiva, m\u00e1is impacto na consecuci\u00f3n dos propios obxectivos, m\u00e1is difusi\u00f3n da propia actividade e a obtenci\u00f3n de m\u00e1is recursos, non deber\u00eda haber ningunha raz\u00f3n para non facelas moito m\u00e1is presentes do que o son actualmente. Tr\u00e1tase, no fondo, dunha cuesti\u00f3n de responsabilidade m\u00e1is que de necesidade.<\/p>\n<p>Ser\u00eda interesante, pois, botar unha ollada \u00e1s dificultades con que nos atopamos \u00a0en este cami\u00f1o de crecemento en materia de TIC e que nos impiden a s\u00faa plena adopci\u00f3n.<\/p>\n<h3>Obst\u00e1culos na penetraci\u00f3n das TIC<\/h3>\n<p>Os obst\u00e1culos que dificultan unha maior penetraci\u00f3n das TIC nas nosas entidades se manifestan ao redor de d\u00faas grandes \u00e1reas:<\/p>\n<ul>\n<li>Co\u00f1ecemento e formaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Recursos econ\u00f3micos<\/li>\n<\/ul>\n<h3>Co\u00f1ecemento e formaci\u00f3n<\/h3>\n<p>Con m\u00e1is co\u00f1ecemento en materia de TIC, os xestores e os traballadores poder\u00edan tomar m\u00e1is decisi\u00f3ns orientadas a aproveitalas. E, ao mesmo tempo, unha maior formaci\u00f3n permitir\u00eda un uso significativamente m\u00e1is eficaz e eficiente das diversas ferramentas e recursos TIC que as entidades e os profesionais temos o alcance.<\/p>\n<p>Neste proceso as entidades e os seus membros deber\u00edan ter presentes actitudes como a paix\u00f3n pola aprendizaxe, a vontade da autosuficiencia tecnol\u00f3xica, a superaci\u00f3n do \u201csempre o fixemos as\u00ed\u201d e a aposta polo co\u00f1ecemento distribu\u00eddo e compartido. Todo o conxunto deber\u00eda apuntar ao obxectivo de conformar, m\u00e1is que persoas, organizaci\u00f3ns que aprenden.<\/p>\n<h3>Recursos econ\u00f3micos<\/h3>\n<p>Por outra banda, os directivos son reticentes a asignar fondos ao \u00e1rea TIC, aducindo a necesidade de priorizar os proxectos encami\u00f1ados a cumprir ca misi\u00f3n da organizaci\u00f3n, nun contexto habitual de escaseza de recursos. Unha lectura en clave de investimento e non de gastos facilitar\u00eda a incorporaci\u00f3n de ferramentas TIC, que en boa parte dos casos quedar\u00edan plenamente xustificadas polos beneficios que aportar\u00edan.<\/p>\n<p>De todas maneiras, igual que na captaci\u00f3n de co\u00f1ecemento, as entidades tam\u00e9n poden utilizar estratexias espec\u00edficas na captaci\u00f3n e asignaci\u00f3n de recursos para a execuci\u00f3n de proxectos TIC, m\u00e1is al\u00f3 do investimento directo de recursos propios, que sempre \u00e9 unha opci\u00f3n.<\/p>\n<p>Unha vez m\u00e1is, hai que ter presente o rol que o voluntariado pode exercer, pero tam\u00e9n a dispo\u00f1ibilidade de ferramentas e bases de programaci\u00f3n de c\u00f3digo aberto dispo\u00f1ibles libremente en Internet, os novos paradigmas de desenvolvemento en contorno web que permiten a creaci\u00f3n de aplicaci\u00f3ns moito m\u00e1is afinadas e en constante evoluci\u00f3n con menos investimento, e a posibilidade de constru\u00edr ferramentas de forma colectiva e compartida con outras entidades.<\/p>\n<p>Al\u00ed onde a ausencia de tecnolox\u00eda obrigaba a investir moito m\u00e1is tempo na recopilaci\u00f3n de informaci\u00f3n, poder\u00eda haber m\u00e1is tempo de calidade para os beneficiarios. Al\u00ed onde era necesario parar a actividade para facer n\u00fameros ou xestionar axudas, poder\u00eda haber m\u00e1is tempo para a atenci\u00f3n \u00e1s persoas. Al\u00ed onde os gastos daban medo, atopariamos un aforro en forma de horas de profesionais aproveitadas para o desempe\u00f1o da misi\u00f3n da entidade e non dedicadas a facer tarefas sen valor engadido. E al\u00ed onde a non supervisi\u00f3n e posta ao d\u00eda dunha primeira boa iniciativa provocara perda de co\u00f1ecemento nun traspaso mal feito, atopariamos ferramentas documentadas e progresivamente adaptadas aos novos retos e demandas da actividade da entidade.<\/p>\n<p><strong>Angel Rodr\u00edguez<br \/>\nSocio Consultor de Algalia Servizos para o Terceiro Sector <\/strong><\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Todos os que vivimos de cerca o terceiro sector sabemos que este creceu moito nos \u00faltimos anos: influencia social, recursos dispo\u00f1ibles, traballadores remunerados\u2026 en paralelo as organizaci\u00f3ns foron incorporando funci\u00f3ns profesionais que tradicionalmente non ti\u00f1an: comunicaci\u00f3n, calidade, recursos humanos\u2026 Explicar \u00e1 sociedade que facemos, captar recursos para destinalos aos nosos proxectos, facer as cousas ben [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4467,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4466"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4466"}],"version-history":[{"count":11,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4466\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13611,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4466\/revisions\/13611"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4467"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4466"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4466"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4466"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}