{"id":3635,"date":"2012-11-02T17:46:51","date_gmt":"2012-11-02T15:46:51","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/es\/?p=3635"},"modified":"2020-04-06T18:30:20","modified_gmt":"2020-04-06T16:30:20","slug":"area-desarrollo-organizacional-acompana-las-esclavas-la-virgen-dolorosa-mos-gestion-del-cambio-institucional","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/area-desarrollo-organizacional-acompana-las-esclavas-la-virgen-dolorosa-mos-gestion-del-cambio-institucional\/","title":{"rendered":"O \u00e1rea de desenvolvemento organizacional acompa\u00f1a \u00e1s Escravas da Virxe Dolorosa de Mos na s\u00faa xesti\u00f3n do cambio institucional"},"content":{"rendered":"<p><em>En decembro de 2012 o centro dispo\u00f1er\u00e1 dun Plan estrat\u00e9xico que orientar\u00e1 o desenvolvemento futuro do Centro Residencial \u2013 Ocupacional nos pr\u00f3ximos anos (2013-2016). No proceso de elaboraci\u00f3n do plan, que se iniciou en xaneiro deste mesmo ano, participa todo o persoal, c\u00f3ntase coa contribuci\u00f3n das mulleres residentes, e \u00e9 liderado e impulsado pola direcci\u00f3n da entidade. Entrevistamos a Lev\u00ed Olivares, o seu director xerente.<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright wp-image-3636\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/2012-11-BOLET\u00cdN-Esclavas-de-la-Virgen-Dolorosa-ILUSTRACI\u00d3N-NOTICIA-300x225.jpg\" alt=\"O \u00e1rea de desenvolvemento organizacional acompa\u00f1a \u00e1s Escravas da Virxe Dolorosa de Mos na s\u00faa xesti\u00f3n do cambio institucional\" width=\"423\" height=\"317\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/2012-11-BOLET\u00cdN-Esclavas-de-la-Virgen-Dolorosa-ILUSTRACI\u00d3N-NOTICIA-300x225.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/2012-11-BOLET\u00cdN-Esclavas-de-la-Virgen-Dolorosa-ILUSTRACI\u00d3N-NOTICIA-768x576.jpg 768w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/2012-11-BOLET\u00cdN-Esclavas-de-la-Virgen-Dolorosa-ILUSTRACI\u00d3N-NOTICIA-1024x768.jpg 1024w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/2012-11-BOLET\u00cdN-Esclavas-de-la-Virgen-Dolorosa-ILUSTRACI\u00d3N-NOTICIA-600x450.jpg 600w\" sizes=\"(max-width: 423px) 100vw, 423px\" \/><\/p>\n<p><strong>Poder\u00edas presentarnos, brevemente, o teu centro e a instituci\u00f3n relixiosa que o ha promovido?<\/strong><\/p>\n<p>Non \u00e9 sinxelo falar dun mesmo&#8230; O noso Centro Residencial &#8211; Ocupacional \u00e9 unha organizaci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro que conta con 80 prazas residenciais 85 ocupacionais, nas que atendemos a mulleres con discapacidade intelectual. As nosas instalaci\u00f3ns est\u00e1n situadas en Mos, un Concello moi preto de Vigo.<\/p>\n<p>O Centro pertence \u00e1 congregaci\u00f3n relixiosa \u201cEscravas da Virxe Dolorosa\u201d, cuxo carisma (misi\u00f3n) \u00e9 a atenci\u00f3n a mulleres (mulleres con discapacidade, maiores e nais) facilit\u00e1ndolles un recurso de acolleita e promovendo a s\u00faa dignidade. O que nos diferenza doutras organizaci\u00f3ns similares \u00e9 o noso esp\u00edrito familiar de acolleita.<\/p>\n<p>Os nosos centros (a congregaci\u00f3n ten outros en Espa\u00f1a) atenden principalmente a mulleres sen recursos e procedentes de situaci\u00f3ns socio familiares moi desestruturadas. Independentemente da s\u00faa discapacidade, te\u00f1en unha mochila moi pesada e moi vinculada \u00e1 s\u00faa condici\u00f3n de x\u00e9nero.<\/p>\n<p>En Mos, a maior\u00eda das usuarias comezaron a s\u00faa relaci\u00f3n connosco desde que o centro era unha garder\u00eda, o que fai que a relaci\u00f3n sexa moi familiar.<\/p>\n<p><strong>Que motivou o empe\u00f1o de xestionar o cambio na organizaci\u00f3n, e por que decidistes dotarvos da ferramenta do Plan estrat\u00e9xico?<\/strong><\/p>\n<p>O cambio organizativo empeza no momento en que as relixiosas comezan a delegar a organizaci\u00f3n e xesti\u00f3n do centro a persoal t\u00e9cnico, nun xesto de asumir limitaci\u00f3ns e novos criterios que apoian pero non son capaces de desenvolver .<\/p>\n<p>Fai tres ano houbo un cambio determinante na direcci\u00f3n do centro, que facilitou a transici\u00f3n eficaz de posicionamentos m\u00e1is asistencialistas a outros cun enfoque m\u00e1is empoderador, de promoci\u00f3n e desenvolvemento das capacidades que todas as persoas atesouran.<\/p>\n<p>Esta nova realidade xeraba moita incerteza. Tras as an\u00e1lises iniciais, comeza una secuencia de cambios que ao principio pod\u00edan ser intuitivos, l\u00f3xicos ou ata, de impronta persoal da nova direcci\u00f3n. Chega un momento en que sentimos a necesidade dunha figura externa que nos axudase a centrarnos e a marcar dun xeito t\u00e9cnico o rumbo que queriamos imprimir ao centro. O traballo en com\u00fan e elaborar un documento medianamente consensuado parec\u00edanos un bo xeito de facelo. Ti\u00f1amos claro que este proceso ser\u00eda unha carreira de fondo e necesitabamos pautalo.<\/p>\n<p><strong>En que direcci\u00f3n queredes que se oriente o cambio, e que movementos se deron nese sentido desde que se iniciou o proceso?<\/strong><\/p>\n<p>O concepto de PERSOA con discapacidade \u00e9 a clave, unido a uns servizos t\u00e9cnicos, profesionais e de calidade. Pode parecer moi elemental, pero reco\u00f1ecendo as nosas orixes, nos que talvez estabamos un pouco ancorados, todos estabamos decididos a abandeirar, ata na Congregaci\u00f3n, esta aposta polas MULLERES.<\/p>\n<p>Movementos houbo moitos. Sensibilizaci\u00f3n e formaci\u00f3n dentro dunha estrutura que estaba un pouco r\u00edxida \u2026<\/p>\n<p>Os pequenos detalles poden ser simples pero tam\u00e9n dicir moito. Cambios b\u00e1sicos como elecci\u00f3n de froita, de infusi\u00f3n, preguntares, darlles opci\u00f3ns, escoitalas \u2026 axudaron a traballar o cambio de concepto da \u201cdiscapacitada\u201d dentro dun centro moi dirixido, cara a outro m\u00e1is autoxestionado polas propias persoas que o habitan.<\/p>\n<p><strong>Nestes procesos de cambio, cal consideras que son os maiores retos cos que se enfronta unha entidade de acci\u00f3n social?<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>A actitude dos profesionais e o rexeitamento ao cambio. No noso caso a\u00ednda que houbo circunstancias dif\u00edciles, as persoas est\u00e1n mostrando un alto grado de implicaci\u00f3n.<\/p>\n<p>O reco\u00f1ecemento sincero da t\u00faa propia realidade en comparaci\u00f3n coa contorna. Resulta complicado como entidade reco\u00f1ecer e asumir erros.<\/p>\n<p>Motivaci\u00f3n, liderado e dar voz ao persoal no propio proceso de cambio \u2026<\/p>\n<p>A conxuntura econ\u00f3mica e as esixencias administrativas obrigan a esmerarse m\u00e1is.<\/p>\n<p><strong>Que \u00e9 o que vos est\u00e1 aportando a consultor\u00eda de Algalia?<\/strong><\/p>\n<p>A obxetividade profesional e t\u00e9cnica dun consultor preparado que che esixe buscando o que queres, enfront\u00e1ndoche \u00e1 t\u00faa propia realidade e \u00e1 t\u00faa contorna.<\/p>\n<p>Seguridade e confianza.<\/p>\n<p>Aporta un proceso de acompa\u00f1amento e ata formaci\u00f3n m\u00e1is valiosa que o propio documento do plan estrat\u00e9xico.<\/p>\n<p>Creo que este proceso de elaboraci\u00f3n do primeiro Plan Estrat\u00e9xico foi o motivo para a reflexi\u00f3n persoal, para a apertura de miras profesionais. Ha sido ferramenta de motivaci\u00f3n, e facilitou o inicio deste proceso de cambio arroxando luz, obxetividade dun axente externo, profesionalidade, t\u00e9cnica \u2026<\/p>\n<p><strong>A foto que ilustra esta entrevista realizouse nestas vacaci\u00f3ns de ver\u00e1n. As mulleres residentes no voso centro practican surf?<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Sempre dicimos que somos afortunados coas usuarias que temos. Son s\u00faper atrevidas, dispostas, entregadas \u2026 son incribles. \u00a1Surf!<\/p>\n<p>Se iniciaron este ano na praia de Esteiro durante a estancia de ver\u00e1n en Viveiro. foi unha experiencia inesquecible, man a man coa natureza, deporte e persoas max\u00edsimas que colaboraron connosco.<\/p>\n<p>Sempre intentamos ofrecerlles actividades variadas, retos novos, e a poder ser, en un \u00e1mbito normalizado.<\/p>\n<p>O mellor foi un comentario dun se\u00f1or nesa praia: \u201c\u00a1\u00c9 incrible!, trat\u00e1delas como persoas normais \u2026\u201d. Deunos pensar o moito que resta por facer \u2026<\/p>\n<p>Finalmente, que recomendaci\u00f3n far\u00edaslle a unha persoa con responsabilidades directivas ou xerenciais que ha de emprender un proceso de xesti\u00f3n do cambio nunha organizaci\u00f3n?<\/p>\n<p>Que pense onde se mete, je je. \u00c9 importante ter claro a onde queres cambiar e porqu\u00e9. Pero, sobre todo , estar ben acompa\u00f1ado.<\/p>\n<p>Un non \u00e9 imprescindible, nin o sabe todo. Rodearse de xente m\u00e1is lista que ti, ali\u00f1ada co cambio \u2026 ser\u00e1 o teu gran compa\u00f1eiro de viaxe.<\/p>\n<p>Recalco sempre a funci\u00f3n da direcci\u00f3n como l\u00edder, como facilitador e a tarefa de acompa\u00f1amento \u00e1 xente que tes a ao redor.<\/p>\n<p><strong>Hai algo m\u00e1is que queiras comentar?<\/strong><\/p>\n<p>Agradecer a David a s\u00faa paciencia e o seu labor. Agradecer \u00e1s relixiosas a s\u00faa dispo\u00f1ibilidade e a s\u00faa deixar facer. Grazas por entrevistarnos e axudarnos a darnos a co\u00f1ecer. Emprazo aqu\u00ed \u00e1 xente a que nos visite. Estaremos encantados de recibir visitas na nosa casa.<\/p>\n<p><strong>Moitas grazas, Lev\u00ed.<\/strong><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En decembro de 2012 o centro dispo\u00f1er\u00e1 dun Plan estrat\u00e9xico que orientar\u00e1 o desenvolvemento futuro do Centro Residencial \u2013 Ocupacional nos pr\u00f3ximos anos (2013-2016). No proceso de elaboraci\u00f3n do plan, que se iniciou en xaneiro deste mesmo ano, participa todo o persoal, c\u00f3ntase coa contribuci\u00f3n das mulleres residentes, e \u00e9 liderado e impulsado pola direcci\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4079,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[22],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3635"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3635"}],"version-history":[{"count":9,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3635\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4934,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3635\/revisions\/4934"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4079"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3635"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3635"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3635"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}