{"id":3019,"date":"2014-03-03T12:23:44","date_gmt":"2014-03-03T10:23:44","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/es\/?p=3019"},"modified":"2020-04-27T18:08:25","modified_gmt":"2020-04-27T16:08:25","slug":"sempre-temos-capacidade-eleccion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/sempre-temos-capacidade-eleccion\/","title":{"rendered":"Sempre temos capacidade de elecci\u00f3n?"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright wp-image-3020\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/capacidade-de-elecci\u00f3n-300x220.jpg\" alt=\"Sempre temos capacidade de elecci\u00f3n?\" width=\"378\" height=\"278\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/capacidade-de-elecci\u00f3n-300x220.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/capacidade-de-elecci\u00f3n.jpg 548w\" sizes=\"(max-width: 378px) 100vw, 378px\" \/><strong>Juan Mateo e Josemi Valle no seu divertido e revelador libro<a href=\"http:\/\/www.lideditorial.com\/tienda\/libros\/1000352016501\/trabajo-dignifica-y-diez-mentiras-mas.1.html\"> &#8220;O traballo dignifica&#8230; e cen mentiras m\u00e1is&#8221;<\/a> esmi\u00fazan alg\u00fans t\u00f3picos que empobrecen e limitan as nosas relaci\u00f3ns. &#8220;Eu son as\u00ed&#8221;, &#8220;A culpa \u00e9 dos meus pais, que me fixeron as\u00ed&#8221;, Son o de sempre&#8221;, &#8220;Xa son moi maior para cambiar e aprender cousas novas&#8221;, &#8220;O pasado non se pode cambiar&#8221;&#8230; son alg\u00fans dos que mostran o determinismo en que algunhas persoas aceptan vivir as s\u00faas relaci\u00f3ns laborais e persoais nas nosas organizaci\u00f3ns.<\/strong><\/p>\n<div id=\"all\">\n<div id=\"wrapper\">\n<div id=\"main2\">\n<div id=\"contentarea2\">\n<div id=\"centro\">\n<div id=\"pagina\" class=\"pagina\">\n<p>En numerosos contextos de consultor\u00eda e formaci\u00f3n adoito comentar que &#8220;un elixe facer o que fai como resposta \u00e1 situaci\u00f3n que percibe. Un elixe actuar do xeito que o fai porque lle parece que \u00e9 a mellor posible, dadas as circunstancias, para perseguir os seus intereses segundo os seus valores,&#8221;. A frase ten miolo. Vexamos a s\u00faa aplicaci\u00f3n nun contexto organizacional, con algunhas preguntas para a reflexi\u00f3n persoal ou grupal.<\/p>\n<p><strong>De actuar ningu\u00e9n se libra.<\/strong><\/p>\n<p>Non podemos eludir a acci\u00f3n, estamos abocados a actuar. Nas organizaci\u00f3ns nas que participamos, polo mero feito de estar, estamos a adoptar unha posici\u00f3n respecto \u00e1 s\u00faa causa, \u00e1s s\u00faas actividades, ao seu xeito de conducirse (isto \u00e9, os seus valores), \u00e1 s\u00faa efectividade.<\/p>\n<p>As persoas responsables fanse cargo das s\u00faas acci\u00f3ns (e omisi\u00f3ns). No desempe\u00f1o das nosas funci\u00f3ns na nosa organizaci\u00f3n facemos moitas cousas diariamente, e co\u00f1ecemos moitas cousas que pasan diariamente. De cantas nos facemos cargo, de cantas nos responsabilizamos?<\/p>\n<p><strong>De elixir ningu\u00e9n se libra.<\/strong><\/p>\n<p>Actuamos constantemente, xa que de actuar ningu\u00e9n se libra. E en cada acci\u00f3n, eliximos. Sempre temos capacidade de elecci\u00f3n. Sobre iso reflexionou en profundidade <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Viktor_Frankl\">Viktor Frankl<\/a>, asentando o seu pensamento sobre unha dura experiencia na que parec\u00eda que non hab\u00eda opci\u00f3n.<\/p>\n<p>Eliximos sempre, e tendemos a ter uns patr\u00f3ns de preferencia nas nosas elecci\u00f3ns. Somos conscientes dos nosos patr\u00f3ns de elecci\u00f3n &#8220;por defecto&#8221;? Co\u00f1ecemos os dos demais? Abr\u00edmonos a novas elecci\u00f3ns?<\/p>\n<p><strong>De percibir ningu\u00e9n se libra.<\/strong><\/p>\n<p>\u00c9 sabido que a nosa percepci\u00f3n condiciona a nosa elecci\u00f3n. Non sempre nos po\u00f1emos de acordo sobre o que sucede nas nosas organizaci\u00f3ns, sobre o que pasa. A realidade non se mostra como unha verdade un\u00edvoca perceptible para todos dun xeito evidente.<\/p>\n<p>A nosa percepci\u00f3n das cousas est\u00e1 mediada pola nosa biolox\u00eda, sensibilidade, educaci\u00f3n, posicionamento vital, filosof\u00eda&#8230;<\/p>\n<p>Nas organizaci\u00f3ns todos percibimos a realidade que creamos coas nosas relaci\u00f3ns (a realidade non existe&#8221;, pero isto \u00e9 unha reflexi\u00f3n para outro momento), pero fac\u00e9molo dende a nosa perspectiva particular, que ademais \u00e9 din\u00e1mica.<\/p>\n<p>Reflexionamos sobre como imos constru\u00edndo a nosa percepci\u00f3n das cousas que pasan na nosa organizaci\u00f3n? Por que nos decatamos dunhas cousas, e outras non as percibimos? Co\u00f1ecemos as formas de percibir doutras persoas e grupos cos que compartimos prop\u00f3sito organizacional?<\/p>\n<p><strong>Do interese ningu\u00e9n se libra.<\/strong><\/p>\n<p>Actuamos, eliximos e percibimos dende o noso interese, dende o noso desexo de que as cousas discorran dun determinado xeito.<\/p>\n<p>Os intereses, nas relaci\u00f3ns nas organizaci\u00f3ns, poden ser lex\u00edtimos ou ilex\u00edtimos (unha consideraci\u00f3n legal sobre estes), bos ou malos (unha consideraci\u00f3n moral sobre estes), axeitados ou inadecuados (unha consideraci\u00f3n de efectividade sobre estes), p\u00fablicos ou secretos (unha consideraci\u00f3n sobre a transparencia destes)&#8230; o que resulta ineludible \u00e9 que todas as persoas te\u00f1en intereses en discorrer das organizaci\u00f3ns, e que obviar esta circunstancia \u00e9 dun simplismo que adoita levar ao desastre.<\/p>\n<p>Co\u00f1ecemos os nosos intereses? Os doutras persoas ou grupos cos que compartimos prop\u00f3sito organizacional? Como conviven eses intereses? Que formas de relaci\u00f3n eliximos entre eles?<\/p>\n<p><strong>De ter valores ningu\u00e9n se libra.<\/strong><\/p>\n<p>Os valores condicionan as nosas elecci\u00f3ns, sobre todo os valores efectivos, os que transparentamos coas nosas acci\u00f3ns: &#8220;o ser&#8221;.<\/p>\n<p>O &#8221; deber ser&#8221;, os valores que aspiramos transparentar co noso comportamento persoal e organizacional, nos tensionan \u00e1 hora de elixir as nosas acci\u00f3ns, e conv\u00e9n que sexa as\u00ed. Pero os valores que operan, os que est\u00e1n presentes nas decisi\u00f3ns que finalmente se toman nas relaci\u00f3ns entre as persoas nas organizaci\u00f3ns, son os relevantes. Son os que crean unha realidade m\u00e1is compartida.<\/p>\n<p>Co\u00f1ecemos os nosos valores efectivos? Co\u00f1ecemos e temos priorizados os valores de noso &#8220;deber ser&#8221;? Como xestionamos as inevitables contradici\u00f3ns?<\/p>\n<p>Para finalizar, aqu\u00ed de novo a fraseci\u00f1a: &#8220;un elixe facer o que fai como resposta \u00e1 situaci\u00f3n que percibe. Un elixe actuar do xeito que o fai porque lle parece que \u00e9 a mellor posible, dadas as circunstancias, para perseguir os seus intereses segundo os seus valores,&#8221;. Boa reflexi\u00f3n!<\/p>\n<p><strong>David Pereiro<br \/>\nSocio consultor\u00a0 de Algalia Servizos para o Terceiro Sector<\/strong><\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Juan Mateo e Josemi Valle no seu divertido e revelador libro &#8220;O traballo dignifica&#8230; e cen mentiras m\u00e1is&#8221; esmi\u00fazan alg\u00fans t\u00f3picos que empobrecen e limitan as nosas relaci\u00f3ns. &#8220;Eu son as\u00ed&#8221;, &#8220;A culpa \u00e9 dos meus pais, que me fixeron as\u00ed&#8221;, Son o de sempre&#8221;, &#8220;Xa son moi maior para cambiar e aprender cousas novas&#8221;, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4029,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[26,39],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3019"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3019"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3019\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4852,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3019\/revisions\/4852"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4029"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3019"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3019"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3019"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}