{"id":2927,"date":"2017-02-01T11:35:03","date_gmt":"2017-02-01T09:35:03","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/es\/?p=2927"},"modified":"2020-04-06T18:30:09","modified_gmt":"2020-04-06T16:30:09","slug":"o-dar-feedback-ten-todo-un-ritual-non-e-un-pilleiche-nas-patacas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/o-dar-feedback-ten-todo-un-ritual-non-e-un-pilleiche-nas-patacas\/","title":{"rendered":"O dar Feedback ten todo un ritual, non \u00e9 un \u201cPilleiche nas patacas!&#8221;"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/Dar-e-recibir-xu\u00edzos.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft wp-image-2928\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/Dar-e-recibir-xu\u00edzos.jpg\" width=\"334\" height=\"292\" \/><\/a><\/p>\n<p><strong>Dar e recibir xu\u00edzos, dar e recibir feedback? Toda unha arte! Como toda arte ten unha t\u00e9cnica e esixe unha disciplina. A calidade das relaci\u00f3ns entre as persoas e equipos nas organizaci\u00f3ns ten que ver moito coa frecuencia e calidade das interacci\u00f3ns para dar e recibir feedback. Como se dan e reciben xu\u00edzos na t\u00faa organizaci\u00f3n?<\/strong><\/p>\n<p><strong>De que estamos a falar?<\/strong><\/p>\n<p>Unha conversaci\u00f3n para dar e recibir xu\u00edzos \u00e9 unha conversaci\u00f3n sobre interpretaci\u00f3ns da realidade. Te\u00f1en a s\u00faa orixe nunha conduta observable que algu\u00e9n percibiu noutra persoa e que ese algu\u00e9n entende que se ha de corrixir ou reforzar.<\/p>\n<p>Todo feedback ori\u00e9ntase \u00e1 mellora e \u00e9 unha oportunidade para a aprendizaxe. Se unha conversaci\u00f3n deste tipo non finaliza coa sensaci\u00f3n de que \u00e1mbalas d\u00faas persoas aprenderon, isto \u00e9, de que se incorporaron novas competencias para enfrontar situaci\u00f3ns ou que se reforzaron boas pr\u00e1cticas, \u00e9 que se deu outro tipo de conversaci\u00f3n, pero non unha de feedback.<\/p>\n<p><strong>O ritual<\/strong><\/p>\n<p>As conversaci\u00f3ns para dar e recibir feedback han de anunciarse e prepararse. O que o quere dar ha de avisar, xa que o asunto non consiste en abordar \u00e1 persoa que o ha de recibir sen previo aviso e facerlle sabedor dos xu\u00edzos que temos sobre a s\u00faa conduta. Require un aviso previo e un espazo e momento acordado para que se produza.<\/p>\n<p>Unha vez asegurados estes requisitos previos (orientaci\u00f3n \u00e1 aprendizaxe e \u201csetting\u201d da conversaci\u00f3n), esta ten lugar.<\/p>\n<p>Non se improvisa. Des\u00e9\u00f1ase para que sexa produtiva. Por parte de quen ofrece, hase de preparar anticipando cal \u00e9 o enfoque m\u00e1is adecuado que se ha de dar \u00e1 fala (linguaxe, corpo e emoci\u00f3ns) para que sexa produtiva, e por parte do que a recibe, ha de dispo\u00f1er a s\u00faa escoita para que sexa proveitosa (linguaxe, corpo e emoci\u00f3ns).<\/p>\n<p>A continuaci\u00f3n algunhas consideraci\u00f3ns ou recomendaci\u00f3ns para que ese momento de crecemento persoal e na relaci\u00f3n sexa efectivo e enriquecedor.<\/p>\n<p><strong>A ter en conta cando d\u00e1s feedback<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>Prepara a contorna f\u00edsica onde vai discorrer a conversaci\u00f3n. Seguramente axudar\u00e1 que a t\u00faa interlocutora se atope nun espazo seguro para ela no que senta c\u00f3moda. Ou pode axudar que non sexa as\u00ed, e que conve\u00f1a que se sinta f\u00f3ra do seu espazo de confort&#8230; Prepara a contorna que consideres m\u00e1is adecuada para lograr os teus obxectivos de mellora.<\/li>\n<li>Prepara a t\u00faa fala para que sexa o m\u00e1is efectiva posible. Dese\u00f1a que tipo de linguaxe utilizar\u00e1s, desde que emocionalidade ter\u00e1 m\u00e1is influencia o que queres dicir, como o teu corpo ha de acompa\u00f1ar os teus xu\u00edzos para que sexan convenientemente acollidos pola t\u00faa interlocutora. Isto est\u00e1 na t\u00faa man e debes preparalo.<\/li>\n<li>Ser\u00e1 de utilidade que na creaci\u00f3n de contexto para a conversaci\u00f3n focalices a t\u00faa atenci\u00f3n na visi\u00f3n que compartes coa t\u00faa interlocutora. Que \u00e9 o que vos une, que \u00e9 aquilo co que ambas estades comprometidas e que xustifica o voso compromiso coa mellor continua? Expr\u00e9sao, l\u00e9mbrao, constr\u00fae un contexto e un v\u00ednculo.<\/li>\n<li>Evita etiquetar e personalizar. Est\u00e1s no mundo dos xu\u00edzos e sempre cabe que poidas estar equivocada. Ademais, o dicir que as cousas son dunha soa maneira resta posibilidades futuras e\u00a0 non resulta de utilidade para o teu prop\u00f3sito \u00faltimo, que non \u00e9 o teu desafogo persoal, sen\u00f3n a modificaci\u00f3n ou consolidaci\u00f3n dunha conduta.<\/li>\n<\/ul>\n<p>Ademais, est\u00e1s a xulgar unha conduta dunha persoa, non a esta. Personalizar non favorece o teu prop\u00f3sito \u00faltimo e pode ser inxusto.<\/p>\n<ul>\n<li>O mesmo ocorre con xeneralizar e esaxerar. Os \u201cti sempre&#8230;\u201d, ou os \u201ctodo o que ti&#8230;\u201d, ademais de seguramente falsos, non resultan \u00fatis para traballar a modificaci\u00f3n ou consolidaci\u00f3n da conduta que esperas na quen regalas a t\u00faa feedback. Si, est\u00e1s a facer e fac\u00e9ndote un agasallo.<\/li>\n<li>Has de referirte a condutas, a comportamentos. Estes son observables e modificables. Introducirse no universo das intenci\u00f3ns ou os motivos resulta atrevido, xa que axuizar as intenci\u00f3ns ou motivos non permite un encontro efectivo entre as d\u00faas persoas. Respecto disto \u00faltimo, quen sabe das motivaci\u00f3ns reais polas que se fan algunhas cousas&#8230; Como din alg\u00fans fil\u00f3sofos refer\u00edndose a outras cousas, do que non se pode falar, \u00e9 mellor calar.<\/li>\n<li>Si ser\u00e1 de utilidade para ti usar unha linguaxe asertiva, en primeira persoa, no que se relate de que maneira esas condutas observadas na outra persoa af\u00e9ctanche, ou te\u00f1en resultados positivos ou negativos para ti.<\/li>\n<\/ul>\n<p>Se sobre as motivaci\u00f3ns da outra persoa non se sabe nada de forma certa, sobre como te sentes respecto da conduta que che afecta \u00e9 un terreo seguro: sobre iso, si sabes de que falas e ningu\u00e9n cho pode cuestionar, a\u00ednda que si non aceptar. Est\u00e1s a falar de ti, e ti es a mellor especialista do mundo nesa materia!<\/p>\n<ul>\n<li>Invocar a outras persoas para reforzar os argumentos non axuda. Fala do que ves e de como che afecta. Seguramente esas persoas que che contan cousas para que as digas a outras est\u00e1n a perder as s\u00faas propias oportunidades de adestrarse no feedback.<\/li>\n<\/ul>\n<p>Podes propiciar que todo o mundo practique esta disciplina, a\u00ednda que has de ter en conta en que organizaci\u00f3n traballas: nalgunha, as persoas con responsabilidade non est\u00e1n afeitas a recibir feedback, non o propician, e interpretan este agasallo como un cuestionamento da s\u00faa funci\u00f3n e at\u00e9 da s\u00faa persoa. Se est\u00e1s nunha organizaci\u00f3n as\u00ed, c\u00f3idate. Ademais, canto vos quedar\u00e1 por traballar para ser unha organizaci\u00f3n que aprende!<\/p>\n<ul>\n<li>Como non te esqueces de que est\u00e1s a compartir con outra persoa os teus xu\u00edzos sobre unha conduta, relativizas as t\u00faas declaraci\u00f3ns e has de estar moi aberta a indagar sobre os seus puntos de vista respecto do que lle dis. Escoitar, da maneira m\u00e1is sublime posible, abre \u00e1s veces horizontes inimaxinados e poderosos.<\/li>\n<li>Que est\u00e1s a solicitar \u00e1 outra persoa coa t\u00faa conversaci\u00f3n de feedback? En definitiva, que modifique ou reforce unha conduta concreta. O solicitar cambios concretos no comportamento da outra persoa \u00e9 o obxectivo final da conversaci\u00f3n. Sabes que se o teu interlocutor fai outras cousas, converterase noutra persoa. O ser e o facer (a acci\u00f3n) est\u00e1n intimamente conectadas&#8230; cousas da Ontolox\u00eda da linguaxe.<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>E que ter en conta se recibes feedback?<\/strong><\/p>\n<p>Pois o reverso da medalla. Os mesmos principios apl\u00edcanse para a outra persoa involucrada na conversaci\u00f3n. M\u00e1is resumidamente dicimos:<\/p>\n<ul>\n<li>Preparar a t\u00faa linguaxe, o teu corpo e a t\u00faa emocionalidade para dispola na mellor configuraci\u00f3n para unha escoita activa. Algu\u00e9n che est\u00e1 regalando unha oportunidade de mellora.<\/li>\n<li>Non te esquezas e reco\u00f1ece que quen che regala esta oportunidade para a mellora trasl\u00e1dache os seus xu\u00edzos respecto dunha conduta ou un comportamento. Non che traslada afirmaci\u00f3ns. Iso si, os seus xu\u00edzos poden estar m\u00e1is ou menos fundamentados. Repasa a fundamentaci\u00f3n deses xu\u00edzos coa t\u00faa interlocutora, axudarache.<\/li>\n<li>Revisa que autoridade concedes \u00e1 persoa que che ofrece a s\u00faa feedback. Ha de estar axustada. O conceder demasiada autoridade (\u201ccomo mo di Mari Puri, que \u00e9 unha crack, ten que ser as\u00ed&#8230;\u201d) ou non conceder ningunha (\u201cxa me v\u00e9n esta con a s\u00faa cantilena&#8230; que repunante, por deus!\u201d), non resulta de utilidade. Atende ao que din, non tanto a quen cho di.<\/li>\n<li>Comentei que tes que estar aberta \u00e1 escoita? Suspende o xu\u00edzo e non te po\u00f1as \u00e1 defensiva.<\/li>\n<li>Unha vez m\u00e1is: indaga, non deixes de indagar no que che din. Non o has de facer para xustificarte ou porte \u00e1 defensiva, sen\u00f3n para comprender mellor, para co\u00f1ecerte m\u00e1is.<\/li>\n<li>Por se o da escoita non o deixei claro, non te esquezas tam\u00e9n de chequear o que escoitas. Isto ten que ver co \u201cent\u00f3n, se che entend\u00edn ben, o que me est\u00e1s dicindo&#8230;\u201d Como non sexas disciplinada, podes montarte unhas pel\u00edculas ti soa dignas de Sitges, Festival de cinema fant\u00e1stico.<\/li>\n<li>Lexitima o punto de vista da outra persoa. Ten unha perspectiva distinta \u00e1 t\u00faa sobre as t\u00faas condutas e comportamentos, e p\u00f3deche ser de moita utilidade aproveitar a s\u00faa mirada.<\/li>\n<li>Non tes porque aceptar todo o que se che diga, son xu\u00edzos!, pero non deixes de aceptar os puntos que consideres v\u00e1lidos do que che trasladen. Iso unirache \u00e1 t\u00faa interlocutora e favorecer\u00e1 a comunicaci\u00f3n.<\/li>\n<li>T\u00f3mate tempo para responder. Algunhas respostas necesitan de tempo para ser elaboradas. Unha conversaci\u00f3n non se resolve \u00e1s veces nun primeiro encontro.<\/li>\n<li>Est\u00e1n a darche un agasallo e \u00e9 de ben nadas ser agradecidas. Agradece e reco\u00f1ece o atrevemento da outra persoa ao ter esta conversaci\u00f3n contigo. Non resulta sinxelo ter este tipo de conversaci\u00f3ns e estanche dando unha oportunidade para mellorar.<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Algo m\u00e1is?<\/strong><\/p>\n<p>Pois si. Nisto non se nace aprendida. Ten que ver, unha vez m\u00e1is, con exercitar unha disciplina.<\/p>\n<p>Na vida das organizaci\u00f3ns danse varias veces t\u00f3dolos d\u00edas oportunidades para ensaiar conversaci\u00f3ns de feedback. Canta efectividade organizativa alcanzar\u00edase se a maior parte destas conversaci\u00f3ns fose produtivas!<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/algalia.com\/virada\/liderado\/?lang=gl\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft wp-image-2818 size-medium\" title=\"https:\/\/algalia.com\/virada\/liderado\/?lang=gl\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/01\/logo_es-300x120.png\" width=\"300\" height=\"120\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/01\/logo_es-300x120.png 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2017\/01\/logo_es.png 313w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>En VIRADA queremos acompa\u00f1arche na pr\u00e1ctica desta disciplina co prop\u00f3sito de que sexas l\u00edder da t\u00faa propia vida, e que o teu liderado soborde na organizaci\u00f3n na que participas. Falamos?<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Programa VIRADA Liderado. <a href=\"https:\/\/algalia.com\/virada\/liderado\/?lang=gl\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Pinchar aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>David Pereiro<br \/>\nSocio Consultor\u00a0de Algalia Servizos para o Terceiro Sector<\/strong><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dar e recibir xu\u00edzos, dar e recibir feedback? Toda unha arte! Como toda arte ten unha t\u00e9cnica e esixe unha disciplina. A calidade das relaci\u00f3ns entre as persoas e equipos nas organizaci\u00f3ns ten que ver moito coa frecuencia e calidade das interacci\u00f3ns para dar e recibir feedback. Como se dan e reciben xu\u00edzos na t\u00faa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2928,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[27,26],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2927"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2927"}],"version-history":[{"count":23,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2927\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4223,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2927\/revisions\/4223"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2928"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2927"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2927"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2927"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}