{"id":2373,"date":"2016-10-03T08:28:09","date_gmt":"2016-10-03T06:28:09","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=2373"},"modified":"2020-04-06T18:30:10","modified_gmt":"2020-04-06T16:30:10","slug":"rse-tamen-e-para-santos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/rse-tamen-e-para-santos\/","title":{"rendered":"A RSE tam\u00e9n \u00e9 para &#8220;Santos&#8221;"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft wp-image-2374\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/responsabilidad-social-empresarial-espana-300x172.jpg\" alt=\"A RSE tam\u00e9n \u00e9 para &quot;Santos&quot; \" width=\"351\" height=\"201\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/responsabilidad-social-empresarial-espana-300x172.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/responsabilidad-social-empresarial-espana.jpg 340w\" sizes=\"(max-width: 351px) 100vw, 351px\" \/><\/p>\n<p><strong>\u201cA mi\u00f1a forma xur\u00eddica (sen \u00e1nimo de lucro), e\/ou a mi\u00f1a causa (causa que atende a un problema social) fan de min unha organizaci\u00f3n \u201csanta\u201d. Isto da Responsabilidade Social Empresarial \u00e9 un asunto para empresas como Telef\u00f3nica, que te\u00f1en unha mala imaxe que lavar&#8230;\u201d<\/strong><\/p>\n<p>As aspas son \u201cret\u00f3ricas\u201d. Non estou a citar a ningu\u00e9n do mundo da econom\u00eda social que dixera isto explicitamente, a\u00ednda que, atendendo a comportamentos observables, pode chegarse \u00e1 conclusi\u00f3n de que o modelo mental no que se asenta este tipo de afirmaci\u00f3ns ten a\u00ednda vixencia nos nosos d\u00edas. N\u00f3s somos bos, Telef\u00f3nica \u00e9 mala. Non si? As cousas son m\u00e1is complexas.<\/p>\n<p>A Responsabilidade Social Empresarial (RSE), algo tan interesante e tan pervertible como calquera realidade humana, tam\u00e9n \u00e9 para \u201csantos\u201d, para n\u00f3s, entidades da econom\u00eda social (Asociaci\u00f3ns sen \u00e1nimo de lucro, Fundaci\u00f3ns, Cooperativas, Centros Especiais de Emprego&#8230;).<\/p>\n<p>A RSE \u00e9 tam\u00e9n para n\u00f3s, que queremos posicionarnos no mundo facendo ver e demostrando que as cousas poden ser doutro xeito, que se pode ir m\u00e1is al\u00f3 de resultados econ\u00f3micos favorables a toda costa. \u00c9 para toda aquela organizaci\u00f3n que se empe\u00f1e en dar m\u00e1is importancia \u00e1s persoas que ao capital e facer, en definitiva, un mundo un pouco m\u00e1is habitable, por cursi que resulte dicilo as\u00ed. A RSE \u00e9, tam\u00e9n, para \u201csantos\u201d.<\/p>\n<p><strong>Repasando conceptos b\u00e1sicos<\/strong><\/p>\n<p>Antes de continuar, po\u00f1\u00e1monos de acordo. O <em>Foro de Expertos en Responsabilidade Social Empresarial do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais<\/em> define a RSE da seguinte forma: \u201c\u00e9, ademais do cumprimento estrito das obrigaci\u00f3ns legais vixentes, a integraci\u00f3n voluntaria por parte da empresa, no seu goberno e xesti\u00f3n, na s\u00faa estratexia, pol\u00edticas e procedementos, das preocupaci\u00f3ns sociais, laborais e ambientais e de respecto aos dereitos humanos que xorden da relaci\u00f3n e o di\u00e1logo transparente cos seus Grupos de Interese, responsabiliz\u00e1ndose as\u00ed das consecuencias e os impactos que derivan das s\u00faas acci\u00f3ns.&#8221;<\/p>\n<p>Resumindo, a RSE ten estes principios fundamentais:<\/p>\n<ul>\n<li>\u00c9 voluntaria. Faise porque se quere, non porque sexa obrigatoria.<\/li>\n<li>Vai m\u00e1is al\u00f3 dos requisitos legais. Cumprir coa lexislaci\u00f3n \u00e9 obrigatorio para todas as organizaci\u00f3ns.<\/li>\n<li>Compromete, a\u00ednda que sexa voluntaria, a cumprir compromisos \u00e9ticos, sociais, econ\u00f3micos e ambientais. Quen manifesta que fai RSE, comprom\u00e9tese a facer o que di, e se lle poden pedir responsabilidades.<\/li>\n<li>A RSE non \u00e9 un a maiores do que se fai na organizaci\u00f3n, un complemento. Non, forma parte do miolo das organizaci\u00f3ns, polo que c\u00f3mpre que se integre na estratexia, procesos e actividades da empresa.<\/li>\n<li>A RSE require prestar atenci\u00f3n e contar coa implicaci\u00f3n dos grupos de interese da organizaci\u00f3n. Quen son? Aqueles aos que afecta ou infl\u00faen no desenvolvemento da misi\u00f3n da organizaci\u00f3n. Por exemplo, clientes, empregados, provedores, accionistas, competidores, comunidade, poderes p\u00fablicos, administraci\u00f3n&#8230;<\/li>\n<\/ul>\n<p>E como se denomina? Escoitamos falar de Responsabilidade Social Empresarial, Responsabilidade Social Corporativa, Responsabilidade Social a secas&#8230;<\/p>\n<p>Non \u00e9 todo o mesmo. Sinxelamente:<\/p>\n<ul>\n<li>RSE: Responsabilidade Social Empresarial aplicada a todo tipo de empresas.<\/li>\n<li>RSC: Responsabilidade Social Corporativa aplicada unicamente para as empresas grandes.<\/li>\n<li>RSO: Responsabilidade Social das Organizaci\u00f3ns util\u00edzase para calquera tipo de organizaci\u00f3n: empresas grandes, PEMES, goberno, universidades, organizaci\u00f3ns civ\u00eds, &#8230;<\/li>\n<li>RS: Termo simplificado (Responsabilidade Social).<\/li>\n<\/ul>\n<p>A qu\u00e9 dimensi\u00f3ns ha de atender a RSE? Pois a tres.<\/p>\n<p>1.- Dimensi\u00f3n econ\u00f3mica.<\/p>\n<p>Unha organizaci\u00f3n, internamente, debe pretender ser equitativa e xusta na s\u00faa faceta como xeradora de riqueza.<\/p>\n<p>Portas afora a RSE implica a xeraci\u00f3n e distribuci\u00f3n de bens e servizos.<\/p>\n<p>2.- Dimensi\u00f3n social.<\/p>\n<p>Internamente implica a responsabilidade compartida e subsidiaria das persoas inversoras, directivas, colaboradoras e provedoras, para o coidado e fomento da calidade de vida no traballo e o desenvolvemento integral e pleno de todos elas.<\/p>\n<p>Portas afora leva a realizaci\u00f3n de acci\u00f3ns e achegas propias para contribu\u00edr con tempo e recursos \u00e1 posta en marcha de acci\u00f3ns orientadas \u00e1 mellora das condici\u00f3ns e da calidade de vida e contorna da comunidade.<\/p>\n<p>3.- Dimensi\u00f3n ambiental.<\/p>\n<p>Internamente a RSE ten que contribu\u00edr \u00e1 mellora do desempe\u00f1o ambiental da organizaci\u00f3n con base nun enfoque de ecoeficiencia e prevenci\u00f3n que maximice o uso dos recursos naturais.<\/p>\n<p>Portas afora significa a promoci\u00f3n da protecci\u00f3n e restauraci\u00f3n da contorna natural, fomentando principios e valores que propicien o respecto e coidado do medioambiente para a s\u00faa preservaci\u00f3n para xeraci\u00f3ns futuras.<\/p>\n<p><strong>E logo?<\/strong><\/p>\n<p>Estanse a desenvolver referentes e ferramentas para medir e implantar a RSE nas organizaci\u00f3ns. A\u00ed est\u00e1 o <a href=\"http:\/\/www.pactomundial.org\/category\/aprendizaje\/10-principios\/\">Pacto Mundial das Naci\u00f3ns Unidas<\/a>, o <a href=\"http:\/\/www.aenor.es\/aenor\/certificacion\/resp_social\/respsocial.asp#.V-50ZvmLR8x\">RS10<\/a>, a <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/ISO_26000\">ISO2600<\/a> ou o <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Global_Reporting_Initiative\">GRI<\/a>.<\/p>\n<p>Son ferramentas que te\u00f1en vantaxes e inconvenientes, pero que resultan ser unhas aliadas valiosas no esforzo de incorporar na estratexia e operativa das organizaci\u00f3ns os valores que est\u00e1n no cerne de aquilo que nos une: a econom\u00eda social.<\/p>\n<p>Moitas grazas a <a href=\"http:\/\/ugacota.coop\/es\/\">UGACOTA<\/a> por organizar o curso en li\u00f1a \u201cA responsabilidade social empresarial nas cooperativas\u201d. Temos moito que pensar, e sobre todo, moito que facer&#8230;<\/p>\n<p><strong>David Pereiro<br \/>\nPresidente de Algalia S. Coop. Galega<br \/>\n<\/strong><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u201cA mi\u00f1a forma xur\u00eddica (sen \u00e1nimo de lucro), e\/ou a mi\u00f1a causa (causa que atende a un problema social) fan de min unha organizaci\u00f3n \u201csanta\u201d. Isto da Responsabilidade Social Empresarial \u00e9 un asunto para empresas como Telef\u00f3nica, que te\u00f1en unha mala imaxe que lavar&#8230;\u201d As aspas son \u201cret\u00f3ricas\u201d. Non estou a citar a ningu\u00e9n do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2374,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[22],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2373"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2373"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2373\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4249,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2373\/revisions\/4249"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2374"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2373"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2373"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2373"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}