{"id":2241,"date":"2011-02-28T08:48:03","date_gmt":"2011-02-28T06:48:03","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=2241"},"modified":"2026-08-21T11:17:14","modified_gmt":"2026-08-21T09:17:14","slug":"auditoria-interna-de-calidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/auditoria-interna-de-calidade\/","title":{"rendered":"A auditor\u00eda interna de calidade"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright wp-image-13583\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2011\/02\/Auditorias-ISO-9001-calidad-audi-1-300x184.jpg\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"246\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2011\/02\/Auditorias-ISO-9001-calidad-audi-1-300x184.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2011\/02\/Auditorias-ISO-9001-calidad-audi-1-610x375.jpg 610w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2011\/02\/Auditorias-ISO-9001-calidad-audi-1.jpg 700w\" sizes=\"(max-width: 400px) 100vw, 400px\" \/>Sorprende comprobar o habitual que resulta atopar graves carencias que afectan ao proceso de auditor\u00eda interna nas entidades do terceiro sector: as auditor\u00edas real\u00edzanse, pero non chegan a ser unha ferramenta xerencial \u00fatil para o logro dos obxectivos, nin permiten verificar que os elementos que compo\u00f1en o Sistema de Xesti\u00f3n sexan eficientes e eficaces, as\u00ed como tampouco achegan melloras no desempe\u00f1o da organizaci\u00f3n.<\/p>\n<p><span style=\"color: #006c52;\"><strong>Auditor\u00eda interna<\/strong><\/span><\/p>\n<p>Unha auditor\u00eda constit\u00fae un proceso sistem\u00e1tico, independente e documentado para obter evidencias da auditor\u00eda e avalialas de xeito obxectivo co fin de determinar a extensi\u00f3n en que se cumpren os criterios de auditor\u00eda.<\/p>\n<p>A definici\u00f3n inclu\u00edda na norma ISO 9000:2005, permite comprender a importancia do proceso de auditor\u00eda, xa que busca obter informaci\u00f3n pertinente e verificable acerca de como a organizaci\u00f3n cumpre e mellora en relaci\u00f3n \u00e1 norma UNE-EN-ISO 9001:2008.<\/p>\n<p>As\u00ed, a auditor\u00eda interna \u00e9 unha axuda indispensable para a direcci\u00f3n no cumprimento das s\u00faas funci\u00f3ns e responsabilidades, proporcion\u00e1ndolle an\u00e1lises obxectivas, avaliaci\u00f3ns, recomendaci\u00f3ns e todo tipo de comentarios pertinentes sobre as operaci\u00f3ns examinadas.<\/p>\n<p>Deste xeito, poden mencionarse alg\u00fans dos beneficios m\u00e1is destacados do proceso de auditor\u00eda interna:<\/p>\n<ul>\n<li>Axuda a inplantar, manter e mellorar un sistema de xesti\u00f3n.<\/li>\n<li>Facilita unha axuda primordial \u00e1 direcci\u00f3n ao avaliar de forma relativamente independente os sistemas de organizaci\u00f3n e administraci\u00f3n.<\/li>\n<li>Aval\u00eda de forma global e obxectiva os problemas da entidade, que xeralmente adoitan ser interpretados de maneira parcial polas \u00e1reas afectadas.<\/li>\n<li>Permite co\u00f1ecer e mellorar a eficiencia e eficacia na organizaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Fomenta a eliminaci\u00f3n de ideas preconcibidas e informaci\u00f3n nesgada.<\/li>\n<li>Promove a comunicaci\u00f3n entre os diferentes niveis dentro da organizaci\u00f3n.<\/li>\n<\/ul>\n<p><span style=\"color: #006c52;\"><strong>Requisitos e principios do proceso de auditor\u00eda interna<\/strong><\/span><\/p>\n<p>Para que unha organizaci\u00f3n poida obter os beneficios mencionados\u00a0 anteriormente, resulta conveniente que atenda que atenda e dea unha resposta adecuada a determinados requisitos necesarios para que o proceso de auditor\u00eda interna resulte eficaz:<\/p>\n<ul>\n<li>As revisi\u00f3ns deben ser efectuadas por persoas que pos\u00faan os co\u00f1ecementos t\u00e9cnicos adecuados e formaci\u00f3n como auditoras.<\/li>\n<li>A persoa auditora debe manter unha actitude mental independente.<\/li>\n<li>Tanto na realizaci\u00f3n do exame como na preparaci\u00f3n do informe debe manterse o debido rigor profesional.<\/li>\n<li>O traballo debe planificarse adecuadamente exerc\u00e9ndose a debida supervisi\u00f3n por parte da persoa auditora con maior experiencia (auditora l\u00edder).<\/li>\n<li>Debe obterse informaci\u00f3n suficiente (mediante inspecci\u00f3n, observaci\u00f3n, investigaci\u00f3n, entrevistas e confirmaci\u00f3ns) como fundamento do traballo.<\/li>\n<\/ul>\n<p>Ademais dos requisitos necesarios, a auditor\u00eda depende de determinados principios para que resulte unha ferramenta eficiente e fiable de apoio \u00e1s pol\u00edticas e aos controis de xesti\u00f3n destinados a mellorar o desempe\u00f1o do sistema.<\/p>\n<p><span style=\"color: #000000;\"><strong>Os principios referidos \u00e1s peroas auditoras son:<\/strong><\/span><\/p>\n<ul>\n<li><strong>Conduta \u00e9tica<\/strong>. O fundamento da profesionalidade: a\u00a0 confianza, integridade, a confidencialidade e a discreci\u00f3n son esenciais na auditor\u00eda.<\/li>\n<li><strong>Presentaci\u00f3n ecu\u00e1nime<\/strong>. A obriga de informar con veracidade e exactitude: os achados, as conclusi\u00f3ns e os informes da auditor\u00eda deben reflectir con sinceridade e\u00a0 exactitude as s\u00faas actividades. Adem\u00e1is, deben comunicarse os obst\u00e1culos e as opini\u00f3ns diverxentes<\/li>\n<li><strong>Debido coidado profesional<\/strong>. A aplicaci\u00f3n de dilixencia e do xu\u00edzo ao auditar: \u00e9 imprescindible que as persoas auditoras pos\u00faan a competencia e a experiencia necesarias.<\/li>\n<\/ul>\n<p><span style=\"color: #000000;\"><strong>En canto \u00e1 propia auditor\u00eda, os seus principios son:<\/strong><\/span><\/p>\n<ul>\n<li><strong>Independencia<\/strong>. A base para a imparcialidade e a obxectividade das conclusi\u00f3ns da auditor\u00eda: persoas auditoras independentes da actividade auditada e libres de nesgos e\/ou conflitos de intereses garanten a obxectividade necesaria ao longo do proceso para que os achados e as conclusi\u00f3ns estean baseados unicamente nas evidenciae.<\/li>\n<li><strong>Enfoque baseado na evidencia<\/strong>. M\u00e9todo racional para alcanzar conclusi\u00f3ns fiables e reproducibles. A evidencia na auditor\u00eda \u00e9 verificable, e bas\u00e9ase en mostras da informaci\u00f3n dispo\u00f1ible.<\/li>\n<\/ul>\n<p><span style=\"color: #006c52;\"><strong>A auditor\u00eda en Mellora Continua<\/strong><\/span><\/p>\n<p>Ao considerar o ciclo PDCA, o proceso de auditor\u00eda interna coincide coa etapa \u201cC &#8211; Check &#8211; Verificar\u201d deste ciclo, verificando os resultados das actividades realizadas. Se\u00a0 cumpre cos requisitos e principios anteriormente expostos, sup\u00f3n para a organizaci\u00f3n un verdadeiro asesoramento co obxectivo de protexer e mellorar o seu funcionamento.<\/p>\n<p>A mell\u00f3ra continua na auditor\u00eda pode apreciarse mellor cunha visi\u00f3n da organizaci\u00f3n desde un enfoque sist\u00e9mico, de maneira que o proceso\u00a0 de auditor\u00eda se sit\u00fae como un compo\u00f1ente m\u00e1is de devandito sistema, encargado de protexer o seu bo funcionamento para garantir a s\u00faa supervivencia e o logro das metas propostas.<\/p>\n<p><span style=\"color: #006c52;\"><strong>Externalizaci\u00f3n das Auditor\u00edas Internas<\/strong><\/span><\/p>\n<p>Dado a contorna cambiante no que estamos inmersos, resulta fundamental poder realizar as auditor\u00edas internas da mellor maneira posible e facendo\u00a0 o mellor uso dos recursos, sobre todo tendo en contas que estas actividades non achegan valor engadido para o cliente externo.<\/p>\n<p>Para iso deben concentrarse a utilizaci\u00f3n dos recursos da forma m\u00e1is eficiente posible e mellorando de xeito contin\u00fao os niveis de performance. Os controis deben centrarse en cuesti\u00f3ns ou elementos significativos e que te\u00f1an un crecente impacto na organizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Por todo o exposto ata aqu\u00ed, toda organizaci\u00f3n pode considerar como unha forma segura de realizar auditor\u00edas que cumpran con todos os requisitos e principios xa mencionados, con maiores niveis de produtividade, mellores niveis de calidade e\u00a0 menores custos, a contrataci\u00f3n de servizos externos de auditor\u00eda interna.<\/p>\n<p>Deste xeito obt\u00e9\u00f1ense as seguintes vantaxes:<\/p>\n<ul>\n<li>Ev\u00edtanse custes fixos (salarios, espazo f\u00edsico, gastos de tel\u00e9fono, etc.).<\/li>\n<li>Facilidade para cambiar de provedor si os servizos non son adecuados.<\/li>\n<li>Auditor\u00edas realizadas por persoas auditoras con maior nivel de experiencia.<\/li>\n<li>A formaci\u00f3n das persoas auditoras non corre por conta da entidade, sen\u00f3n da entidade prestadora do servizo.<\/li>\n<li>Posibilidade de recibir servizos cun alto nivel de especializaci\u00f3n,\u00a0 xa que a entidade prestadora do servizo pode contar con especialistas para auditar sistemas de xesti\u00f3n da calidade, xesti\u00f3n ambiental,\u00a0 sa\u00fade e seguridade laboral,\u00a0 inocuidade e seguridade alimentaria,\u00a0 boas pr\u00e1cticas de fabricaci\u00f3n etc.<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Miguel Barbosa<\/strong><br \/>\n<strong> Socio responsable da \u00e1rea de Consultor\u00eda de Algalia Servizos para o Terceiro Sector<\/strong><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Sorprende comprobar o habitual que resulta atopar graves carencias que afectan ao proceso de auditor\u00eda interna nas entidades do terceiro sector: as auditor\u00edas real\u00edzanse, pero non chegan a ser unha ferramenta xerencial \u00fatil para o logro dos obxectivos, nin permiten verificar que os elementos que compo\u00f1en o Sistema de Xesti\u00f3n sexan eficientes e eficaces, as\u00ed [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":13583,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[24],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2241"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2241"}],"version-history":[{"count":18,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2241\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16409,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2241\/revisions\/16409"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13583"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2241"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2241"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2241"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}