{"id":2217,"date":"2011-01-24T13:36:27","date_gmt":"2011-01-24T11:36:27","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=2217"},"modified":"2026-08-21T10:39:56","modified_gmt":"2026-08-21T08:39:56","slug":"ainda-que-agora-se-estea-pasando-por-momentos-de-crise-e-sufrindo-suas-consecuencias-o-terceiro-sector-ira-mais","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/ainda-que-agora-se-estea-pasando-por-momentos-de-crise-e-sufrindo-suas-consecuencias-o-terceiro-sector-ira-mais\/","title":{"rendered":"&#8221;A\u00ednda que agora se estea pasando por momentos de crise e sufrindo a s\u00faas consecuencias, o Terceiro Sector ir\u00e1 a m\u00e1is&#8221;"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-13542 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2011\/01\/cropedthumbnail-2966-300x206-2-300x184.jpg\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"246\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2011\/01\/cropedthumbnail-2966-300x206-2-300x184.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2011\/01\/cropedthumbnail-2966-300x206-2-610x375.jpg 610w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2011\/01\/cropedthumbnail-2966-300x206-2.jpg 700w\" sizes=\"(max-width: 400px) 100vw, 400px\" \/>Paulino Az\u00faa nunha entrevista concedida \u00e1 Plataforma de ONG de Acci\u00f3n Social con motivo da s\u00faa retirada de FEAPS. Nado en San Sebasti\u00e1n (1944), Licenciado en Dereito. En 1967 comezou a traballar na Asociaci\u00f3n Guipuscoana de Persoas con Minusvalidez Intelectual (actualmente ATZEGI), e en 1971 incorporouse a FEAPS onde traballou ininterrompidamente ata agora, primeiro como Xerente e posteriormente como director. Ademais, Az\u00faa \u00e9 presidente do Instituto para a Calidade das ONG.<\/p>\n<p><strong>1-. Sendo vostede licenciado en Dereito, que foi o que o levou a achegarse ao movemento asociativo?\u00a0<\/strong><\/p>\n<p>En principio nada en especial. Rematei os meus estudos na Facultade e xurdiu a posibilidade de dirixir a asociaci\u00f3n de Gipuzkoa de familias de persoas con discapacidade intelectual. P\u00f3dese dicir que comecei \u201cpor probar\u201d e ata hoxe.<\/p>\n<p><strong>2-. Despois de 40 anos en FEAPS, com\u00e9ntenos o mellor que se leva dese tempo profesional.<\/strong><\/p>\n<p>Son tantas cousas que non \u00e9 posible resumir nunhas li\u00f1as tantos anos de vivencias, a gran maior\u00eda positivas. Resum\u00edndo todas elas, creo que poder\u00eda dicir que a mi\u00f1a satisfacci\u00f3n reside no feito de ter contribu\u00eddo, xunto con moitas outras persoas, a conseguir que as persoas con discapacidade intelectual te\u00f1an hoxe, substancialmente, unha mellor calidade de vida cai hai anos. Non s\u00f3 elas sen\u00f3n tam\u00e9n as s\u00faas familias.<\/p>\n<p><strong>3-. Como ve na actualidade o Terceiro Sector de Acci\u00f3n Social, e sobre todo, cal cre que \u00e9 o cami\u00f1o que se debe escoller no futuro?<\/strong><\/p>\n<p>A\u00ednda que agora se estean atravesando momentos de crise e sufrido as s\u00faas consecuencias, o Terceiro Sector ir\u00e1 a m\u00e1is. Por unha banda, porque cada d\u00eda est\u00e1 m\u00e1is fortalecido e \u00e9 m\u00e1is visible e, por outra parte, porque os problemas actuais e os novos que sen d\u00fabida, van xurdir po\u00f1er\u00e1n de manifiesto a necesidade de novas respostas que o Terceiro Sector ter\u00e1 que dese\u00f1ar e po\u00f1er en pr\u00e1ctica.<\/p>\n<p><strong>4.- Provocar\u00e1 a situaci\u00f3n actual de crise no futuro alg\u00fan receso importante?<\/strong><\/p>\n<p>Naturalmente; de feito,\u00a0 xa o est\u00e1 provocando. Talvez non se note tanto no \u00e1mbito estatal -ag\u00e1s a algunha modificaci\u00f3n negativa na aplicaci\u00f3n da Lei para a Autonom\u00eda Persoal-, pero estase notando, e moito, nos recortes que se est\u00e1n a producir en case todas as Comunidades Aut\u00f3nomas.<\/p>\n<p><strong>5-. Como presidente do ICONG, que \u00e9 para vostede a calidade na ONG?<\/strong><\/p>\n<p>D\u00edxeno moitas veces: a calidade ou \u00e9 un impulso \u00e9tico ou non serve para nada. Se s\u00f3 se ve como unha moda ou un intento de conseguir vantaxe competitiva -o que no Terceiro Sector non deber\u00eda ter ning\u00fan sentido-, ter\u00e1 pouca vida. Debemos traballar con calidade porque traballamos con e para persoas, e estas requiren de n\u00f3s o mellor que lle poidamos dar.<\/p>\n<p><strong>6-. Como ve a implantaci\u00f3n da calidade nos sectores sociais espa\u00f1ois?<\/strong><\/p>\n<p>Est\u00e1 comenzando. Este \u00e9 un cami\u00f1o longo no que haber\u00e1 que vencer moitas rutinas, bastantes medos e non poucas carencias. Pero acabar\u00e1 impo\u00f1\u00e9ndose<\/p>\n<p><strong>7.- Tras corenta anos en FEAPS, que \u00e9 o que debe mellorarse nas pol\u00edticas relacionadas co mundo da discapacidade?<\/strong><\/p>\n<p>A\u00ednda queda case todo por facer. As persoas con discapacidade intelectual, dende un punto de vista xur\u00eddico, son cidad\u00e1ns de pleno dereito, pero a\u00ednda non o son desde o punto de vista social. Non necesariamente porque exista rexeitamento, que cando se produce \u00e9 anecd\u00f3tico, sen\u00f3n porque a\u00ednda non fomos capaces de producir os cambios necesarios para que estas persoas poidan vivir vidas plenas, felices e con significado, para elas e para os demais.<\/p>\n<p><strong>8.- Son conscientes os diferentes gobernos que tivo Espa\u00f1a da problem\u00e1tica da discapacidade? Traballan realmente nas pol\u00edticas relacionadas con ela?<\/strong><\/p>\n<p>En xeral hai que dicir que si. Os gobernos son conscientes, pero \u00e1s veces as medidas que adoptan son conxunturais, especialmente nalgunhas comunidades aut\u00f3nomas. Non \u00e9 s\u00f3 unha cuesti\u00f3n de recursos materiais, que tam\u00e9n o \u00e9, sen\u00f3n de continuidade nas pol\u00edticas con independencia da cor pol\u00edtica de cada goberno. O benestar social, en canto sup\u00f3n o benestar da cidadan\u00eda, deber\u00eda ser unha pol\u00edtica de Estado, pero non o \u00e9.<\/p>\n<p><strong>Plataforma de ONG de Acci\u00f3n Social<\/strong><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Paulino Az\u00faa nunha entrevista concedida \u00e1 Plataforma de ONG de Acci\u00f3n Social con motivo da s\u00faa retirada de FEAPS. Nado en San Sebasti\u00e1n (1944), Licenciado en Dereito. En 1967 comezou a traballar na Asociaci\u00f3n Guipuscoana de Persoas con Minusvalidez Intelectual (actualmente ATZEGI), e en 1971 incorporouse a FEAPS onde traballou ininterrompidamente ata agora, primeiro como [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":13542,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[32],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2217"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2217"}],"version-history":[{"count":11,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2217\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16408,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2217\/revisions\/16408"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13542"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2217"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2217"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2217"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}