{"id":16630,"date":"2026-11-25T11:57:49","date_gmt":"2026-11-25T09:57:49","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=16630"},"modified":"2026-11-27T12:18:46","modified_gmt":"2026-11-27T10:18:46","slug":"unha-distincion-ao-plan-de-contabilidade-social-de-aprosu-co-acompanamento-de-algalia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/unha-distincion-ao-plan-de-contabilidade-social-de-aprosu-co-acompanamento-de-algalia\/","title":{"rendered":"Unha distinci\u00f3n ao plan de Contabilidade Social de APROSU co acompa\u00f1amento de Algalia"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/angel.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-16632 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/angel.jpg\" alt=\"\" width=\"479\" height=\"294\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/angel.jpg 700w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/angel-300x184.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 479px) 100vw, 479px\" \/><\/a>A xornada <em>\u201cSoster para avanzar: aprendizaxes e estratexias para a sustentabilidade organizacional nas entidades de Plena inclusi\u00f3n\u201d,<\/em> organizada por Plena inclusi\u00f3n Espa\u00f1a xunto a FADEMGA Plena inclusi\u00f3n Galicia o pasado mes de setembro na Coru\u00f1a, acolleu a presentaci\u00f3n de sete pr\u00e1cticas exemplares de diferentes territorios galardoadas polo Comit\u00e9 Cient\u00edfico nas categor\u00edas de Innovaci\u00f3n, tecnolox\u00eda e alianzas e Econom\u00edas coherentes coa misi\u00f3n.<\/p>\n<p>Entre elas destacou a pr\u00e1ctica &#8220;Xerando Valor Social&#8221;, desenvolvida pola Asociaci\u00f3n APROSU, das Palmas de Gran Canaria, que consiste na implantaci\u00f3n dun sistema de medici\u00f3n do Valor Social Integrado denominado Contabilidade Social, orientado a identificar, cuantificar e comunicar o impacto social, econ\u00f3mico e comunitario que a entidade xera nos seus principais grupos de interese.<\/p>\n<p>A Contabilidade Social permite transformar os resultados obtidos en informaci\u00f3n \u00fatil para a toma de decisi\u00f3ns, la mellora continua e a rendici\u00f3n de contas, facendo visible o valor que xera a organizaci\u00f3n m\u00e1is al\u00f3 dos resultados econ\u00f3micos: tam\u00e9n o valor real que achega \u00e1s persoas con discapacidade intelectual, as s\u00faas familias, profesionais, administraci\u00f3ns p\u00fablicas, entidades colaboradoras, provedores e sociedade en xeral.<\/p>\n<p>Para a s\u00faa implantaci\u00f3n, a Asociaci\u00f3n APROSU aplicou a metodolox\u00eda desenvolvida por GEAccounting, con acompa\u00f1amento t\u00e9cnico especializado por parte de Algalia no marco da consultor\u00eda do programa de acompa\u00f1amento a entidades de Plena Inclusi\u00f3n do ano 2024.<\/p>\n<p><em>\u00c1ngel Rodr\u00edguez, responsable da \u00e1rea de Contabilidade Social de Algalia<\/em>, explica en que consistiu esta colaboraci\u00f3n e cal \u00e9 a s\u00faa aplicaci\u00f3n pr\u00e1ctica nas entidades de econom\u00eda social.<\/p>\n<p><strong>1. En que consistiu o traballo desenvolvido por Algalia xunto a APROSU para implantar o sistema de medici\u00f3n do Valor Social Integrado?<\/strong><\/p>\n<p>No marco do programa de acompa\u00f1amento de Plena Inclusi\u00f3n, Algalia acompa\u00f1ou a APROSU no dese\u00f1o e implantaci\u00f3n do seu modelo de Contabilidade Social. O traballo desenvolveuse xunto a un equipo motor designado por la propia entidade, en varias sesi\u00f3ns organizadas en seis fases:<\/p>\n<ol>\n<li>Formaci\u00f3n do equipo motor en Contabilidade Social, para co\u00f1ecer a metodolox\u00eda e os seus conceptos clave.<\/li>\n<li>C\u00e1lculo do Valor Social de Mercado por parte de Algalia, a partir da informaci\u00f3n econ\u00f3mica facilitada por APROSU.<\/li>\n<li>Elaboraci\u00f3n do mapa de grupos de interese (stakeholders) e selecci\u00f3n das persoas que os representar\u00edan no proceso.<\/li>\n<li>Di\u00e1logo cos grupos de interese, coas entrevistas repartidas entre o equipo de APROSU e o de Algalia.<\/li>\n<li>Sesi\u00f3n de traballo conxunta para identificar as variables de valor, os seus indicadores e os valores monetarios de referencia (proxies), que permiten expresar en euros beneficios que non pasan polo mercado. Despois, APROSU localizou nos seus rexistros internos os datos de actividade (outputs) de cada indicador para calcular o Valor Social de Non Mercado.<\/li>\n<li>Integraci\u00f3n de ambos os valores por parte de Algalia para obter o Valor Social Integrado, e elaboraci\u00f3n do informe final.<\/li>\n<\/ol>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>2. Que achega a metodolox\u00eda de contabilidade social GEAccounting a unha entidade como APROSU? Como permite traducir o impacto que xera nos seus diferentes grupos de interese en informaci\u00f3n concreta e \u00fatil para a toma de decisi\u00f3ns e a mellora da s\u00faa xesti\u00f3n?<\/strong><\/p>\n<p>A metodolox\u00eda de Contabilidade Social GEAccounting permite a APROSU facer visible algo que a s\u00faa conta de resultados non recolle: o valor que xera para a sociedade. Os resultados m\u00f3strano con claridade. Partindo dun resultado contable de -77.790,85 euros, APROSU xerou un Valor Social Integrado de 20.159.423,79 euros, e por cada euro que recibe da Administraci\u00f3n devolve 5,69 euros.<\/p>\n<p>A metodolox\u00eda mostra canto valor se xera, e tam\u00e9n como e para quen, porque o valor se identifica a partir do que perciben os grupos de interese. As\u00ed a entidade pode comprobar se ese valor est\u00e1 ali\u00f1ado coa s\u00faa misi\u00f3n e o seu prop\u00f3sito.<\/p>\n<p>Ademais, o impacto trad\u00facese en informaci\u00f3n \u00fatil para a xesti\u00f3n. Cada variable de valor ten indicadores cuantificables asociados. Con eles, APROSU pode incorporar \u00e1 s\u00faa estratexia acci\u00f3ns orientadas a aumentar o valor que xera e levar eses indicadores ao seu cadro de mando para seguir a s\u00faa evoluci\u00f3n. As\u00ed, a Contabilidade Social int\u00e9grase na xesti\u00f3n ordinaria e non queda nun informe puntual.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>3. Desde a vosa experiencia, por que \u00e9 importante que as entidades da econom\u00eda social e do terceiro sector incorporen ferramentas de contabilidade social?<\/strong><\/p>\n<p>Pola s\u00faa propia natureza, as entidades da econom\u00eda social e do terceiro sector xeran boa parte do seu valor f\u00f3ra do mercado. A contabilidade tradicional s\u00f3 reflicte o resultado econ\u00f3mico, as\u00ed que ese valor queda invisibilizado, \u00e1s veces mesmo para la propia entidade.<\/p>\n<p>A Contabilidade Social permite medir o valor xerado na s\u00faa totalidade. Ao valor de mercado suma o valor de non mercado e, cando a entidade o incorpora, o valor emocional. Desta forma mostra con datos o impacto real da entidade na sociedade e a s\u00faa contribuci\u00f3n \u00e1 sustentabilidade. \u00c9 unha informaci\u00f3n cada vez m\u00e1is \u00fatil ante administraci\u00f3ns, financiadores e la propia base social.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n permite saber a quen e en que cont\u00eda se est\u00e1 xerando valor. Con iso, a entidade pode ali\u00f1ar a s\u00faa estratexia co seu prop\u00f3sito e seguir a s\u00faa evoluci\u00f3n mediante os indicadores incorporados ao seu cadro de mando.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A xornada \u201cSoster para avanzar: aprendizaxes e estratexias para a sustentabilidade organizacional nas entidades de Plena inclusi\u00f3n\u201d, organizada por Plena inclusi\u00f3n Espa\u00f1a xunto a FADEMGA Plena inclusi\u00f3n Galicia o pasado mes de setembro na Coru\u00f1a, acolleu a presentaci\u00f3n de sete pr\u00e1cticas exemplares de diferentes territorios galardoadas polo Comit\u00e9 Cient\u00edfico nas categor\u00edas de Innovaci\u00f3n, tecnolox\u00eda e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":16631,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[12,35],"tags":[55,66],"class_list":["post-16630","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-consultoria","category-consultoria-economica","tag-contabilidad-social","tag-premios"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16630","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16630"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16630\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16635,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16630\/revisions\/16635"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16631"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16630"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16630"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16630"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}