{"id":16554,"date":"2026-09-28T12:58:11","date_gmt":"2026-09-28T10:58:11","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=16554"},"modified":"2026-09-29T13:00:56","modified_gmt":"2026-09-29T11:00:56","slug":"algalia-aborda-en-in-futuro-os-retos-que-afronta-o-terceiro-sector-de-accion-social-en-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/algalia-aborda-en-in-futuro-os-retos-que-afronta-o-terceiro-sector-de-accion-social-en-galicia\/","title":{"rendered":"Algalia aborda en IN-FUTURO os retos que afronta o Terceiro Sector de Acci\u00f3n Social en Galicia"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/INRED.jpeg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\" wp-image-16555 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/INRED.jpeg\" alt=\"\" width=\"483\" height=\"290\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/INRED.jpeg 1536w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/INRED-300x180.jpeg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/INRED-1024x615.jpeg 1024w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/INRED-768x461.jpeg 768w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/INRED-610x366.jpeg 610w\" sizes=\"(max-width: 483px) 100vw, 483px\" \/><\/a>O futuro das entidades da discapacidade e da sa\u00fade mental pasa por afrontar importantes retos relacionados coa s\u00faa sustentabilidade, o financiamento, o talento e a s\u00faa capacidade de adaptaci\u00f3n. Estas foron algunhas das cuesti\u00f3ns abordadas o pasado 25 de setembro en <strong>IN-FUTURO: Encontros Sectoriais d\u00e1 Discapacidade de Galicia<\/strong>, organizado pola Asociaci\u00f3n Empresarial Galega de Entidades Non Lucrativas d\u00e1 Discapacidade IN-REDE no Edificio F\u00f3rum, en Carballo.<\/p>\n<p>Neste marco, Celso G\u00e1ndara, xerente de Algalia S. Coop. Galega, analizou os principais resultados do estudo \u201c<em>Perspectivas do Terceiro Sector de Acci\u00f3n Social en Galicia<\/em>\u201d, realizado recentemente pola entidade en colaboraci\u00f3n coa Facultade de Administraci\u00f3n de Empresas da Universidade de Vigo.<\/p>\n<p>O estudo recolle a percepci\u00f3n de 73 entidades do Terceiro Sector de Acci\u00f3n Social, unha mostra diversa en canto a tama\u00f1o, \u00e1mbito de actividade e estrutura. Os seus resultados identifican tanto preocupaci\u00f3ns com\u00fans como diferenzas vinculadas \u00e1 dimensi\u00f3n das organizaci\u00f3ns. Entre as principais oportunidades aparece a cooperaci\u00f3n e a creaci\u00f3n de alianzas, xunto coa procura de novas fontes de financiamento e a capacidade de responder a novas demandas sociais. Fronte a elas, o incremento dos custos, a posible reduci\u00f3n do financiamento e as dificultades para captar profesionais sit\u00faanse entre as principais ameazas percibidas polas entidades.<\/p>\n<p>A s\u00faa intervenci\u00f3n tam\u00e9n puxo de manifesto un reto especialmente relevante: avanzar na transformaci\u00f3n das organizaci\u00f3ns. Mentres que cuesti\u00f3ns como a formaci\u00f3n, a calidade ou a igualdade contan cunha implantaci\u00f3n significativa, a transformaci\u00f3n dixital e a medici\u00f3n do impacto a\u00ednda presentan un menor desenvolvemento.<\/p>\n<p>As conclusi\u00f3ns apuntan as\u00ed cara a unha axenda compartida para o sector, baseada en financiamento estable e diversificado, cooperaci\u00f3n e redes, talento e profesionalizaci\u00f3n, e avances en dixitalizaci\u00f3n, transparencia e impacto. Ao mesmo tempo, o estudo destaca que as prioridades non son id\u00e9nticas para todas as organizaci\u00f3ns e que as respostas deben adaptarse ao seu tama\u00f1o e realidade.<\/p>\n<p>A participaci\u00f3n de Algalia en IN-FUTURO permitiu trasladar ao debate sectorial estes resultados e contribu\u00edr, desde o co\u00f1ecemento acumulado xunto \u00e1s entidades da econom\u00eda social e o Terceiro Sector, \u00e1 reflexi\u00f3n sobre os cambios e oportunidades que marcar\u00e1n o seu futuro.<\/p>\n<p>O director xerente de In-Rede, Dominico Tinelli, rematou cun balance final moi positivo desta xornada, tanto pola afluencia de p\u00fablico como pola participaci\u00f3n e a presenza de representantes de entidades, da Administraci\u00f3n e de diferentes forzas pol\u00edticas. Tinelli conclu\u00edu que \u201ctras as intervenci\u00f3ns quedou claro que o pacto salarial auton\u00f3mico que necesitamos en Galicia \u00e9 posible, porque existen exemplos noutras comunidades aut\u00f3nomas\u201d.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O futuro das entidades da discapacidade e da sa\u00fade mental pasa por afrontar importantes retos relacionados coa s\u00faa sustentabilidade, o financiamento, o talento e a s\u00faa capacidade de adaptaci\u00f3n. Estas foron algunhas das cuesti\u00f3ns abordadas o pasado 25 de setembro en IN-FUTURO: Encontros Sectoriais d\u00e1 Discapacidade de Galicia, organizado pola Asociaci\u00f3n Empresarial Galega de Entidades [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":16555,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[14,48,53],"tags":[31,49],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16554"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16554"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16554\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16556,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16554\/revisions\/16556"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16555"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16554"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16554"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16554"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}