{"id":16540,"date":"2026-09-16T10:29:27","date_gmt":"2026-09-16T08:29:27","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=16540"},"modified":"2026-09-25T10:38:56","modified_gmt":"2026-09-25T08:38:56","slug":"romina-dios-a-implantacion-de-odoo-e-unha-oportunidade-para-ser-unha-organizacion-mais-integrada-e-eficiente","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/romina-dios-a-implantacion-de-odoo-e-unha-oportunidade-para-ser-unha-organizacion-mais-integrada-e-eficiente\/","title":{"rendered":"Romina Dios: \u201cA implantaci\u00f3n de ODOO \u00e9 unha oportunidade para ser unha organizaci\u00f3n m\u00e1is integrada e eficiente\u201d"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/Romina_sept-e1790325229363.png\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-16541 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/Romina_sept-e1790325229363.png\" alt=\"\" width=\"401\" height=\"285\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/Romina_sept-e1790325229363.png 1521w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/Romina_sept-e1790325229363-300x213.png 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/Romina_sept-e1790325229363-1024x727.png 1024w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/Romina_sept-e1790325229363-768x545.png 768w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/Romina_sept-e1790325229363-610x433.png 610w\" sizes=\"(max-width: 401px) 100vw, 401px\" \/><\/a><\/p>\n<ol>\n<li><strong> Por que decidiu Algalia implantar Odoo como ferramenta de xesti\u00f3n integral e que necesidades internas buscaba resolver con este cambio?<\/strong><\/li>\n<\/ol>\n<p>A decisi\u00f3n parte dunha necesidade bastante clara: integrar e simplificar a nosa forma de xestionar a organizaci\u00f3n. Co tempo fomos incorporando diferentes aplicaci\u00f3ns para responder a necesidades concretas \u2014facturaci\u00f3n, contabilidade, xesti\u00f3n interna, relaci\u00f3n con clientes\u2026\u2014 e iso xerou unha certa dispersi\u00f3n da informaci\u00f3n e procesos que non sempre est\u00e1n suficientemente conectados entre si.<\/p>\n<p>Con Odoo queremos avanzar cara a unha contorna \u00fanica no que poidamos integrar progresivamente \u00e1mbitos como a contabilidade, a facturaci\u00f3n, a xesti\u00f3n de proxectos, a relaci\u00f3n con clientes, a xesti\u00f3n de persoas e o portal de cliente. O obxectivo non \u00e9 simplemente substitu\u00edr unhas aplicaci\u00f3ns por outra, sen\u00f3n revisar os nosos procesos e constru\u00edr un modelo de xesti\u00f3n m\u00e1is integrado, eficiente e sostible a longo prazo.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n valoramos especialmente que Odoo sexa unha soluci\u00f3n de c\u00f3digo aberto e cunha gran capacidade de adaptaci\u00f3n e integraci\u00f3n. Ofr\u00e9cenos unha base sobre a que seguir evolucionando, incorporar automatizaci\u00f3ns e aproveitar progresivamente as posibilidades que ofrece a intelixencia artificial, sempre coas garant\u00edas necesarias en materia de seguridade e protecci\u00f3n de datos.<\/p>\n<ol start=\"2\">\n<li><strong> Todo cambio de ferramenta implica tam\u00e9n un proceso de adaptaci\u00f3n. Como est\u00e1 a vivir o equipo de Algalia esta transformaci\u00f3n e que novas formas de traballar est\u00e1 a abrir Odoo? Que procesos se simplificaron, conectado ou mellorado?<\/strong><\/li>\n<\/ol>\n<p>Estamos a abordar a implantaci\u00f3n como un proxecto de transformaci\u00f3n organizativa, non unicamente tecnol\u00f3xico. Cambiar unha ferramenta obriga a revisar como facemos as cousas, que informaci\u00f3n necesitamos, onde se producen duplicidades e que tarefas poder\u00edan simplificarse ou automatizarse.<\/p>\n<p>Por iso, a participaci\u00f3n dos equipos \u00e9 unha parte importante do proceso. Estamos a aproveitar a implantaci\u00f3n para analizar procedementos e expornos como podemos traballar dunha forma m\u00e1is coordinada. Ademais, facelo xunto con Som IT Cooperatiu perm\u00edtenos combinar o co\u00f1ecemento que temos en Algalia sobre os nosos propios procesos coa s\u00faa experiencia tecnol\u00f3xica e de traballo con organizaci\u00f3ns da econom\u00eda social.<\/p>\n<p>Un dos principais cambios que esperamos \u00e9 que a informaci\u00f3n poida flu\u00edr mellor entre os diferentes procesos e \u00e1reas. Por exemplo, que a informaci\u00f3n relacionada cun cliente, un proxecto, a s\u00faa facturaci\u00f3n ou o seguimento da relaci\u00f3n comercial non estea distribu\u00edda entre distintas aplicaci\u00f3ns e fontes de informaci\u00f3n, sen\u00f3n que poida estar conectada dentro dunha mesma contorna.<\/p>\n<p>Isto abre tam\u00e9n moitas posibilidades de automatizaci\u00f3n. Hai tarefas administrativas e repetitivas que hoxe requiren intervenci\u00f3n manual e que progresivamente poderemos simplificar. Para n\u00f3s, a automatizaci\u00f3n ten sentido precisamente a\u00ed: reducir tarefas de pouco valor engadido para que as persoas poidamos dedicar m\u00e1is tempo ao acompa\u00f1amento, \u00e1 an\u00e1lise e ao traballo que realmente achega valor aos nosos clientes.<\/p>\n<p>A implantaci\u00f3n ser\u00e1 gradual. Nunha primeira fase abordaremos o portal de cliente, a contabilidade e a facturaci\u00f3n, e posteriormente incorporaremos a xesti\u00f3n de proxectos, o CRM e a xesti\u00f3n de persoas. Isto permitiranos ir aprendendo e adaptando a organizaci\u00f3n a medida que avanzamos.<\/p>\n<ol start=\"3\">\n<li><strong> Algalia traballa con entidades da econom\u00eda social e o terceiro sector. Que valor ten para Algalia contar cunha ferramenta de xesti\u00f3n integral e como cre que esta transformaci\u00f3n pode repercutir no servizo que ofrece \u00e1s s\u00faas entidades clientes?<\/strong><\/li>\n<\/ol>\n<p>Para Algalia, a tecnolox\u00eda \u00e9 unha ferramenta ao servizo do noso prop\u00f3sito e das organizaci\u00f3ns coas que traballamos. Mellorar a nosa xesti\u00f3n interna deber\u00eda permitirnos tam\u00e9n prestar un mellor servizo \u00e1s nosas entidades clientes.<\/p>\n<p>Dispo\u00f1er de informaci\u00f3n m\u00e1is integrada pode axudarnos a ter unha visi\u00f3n m\u00e1is completa de cada cliente, mellorar a coordinaci\u00f3n entre os distintos servizos de Algalia e facilitar o seguimento dos proxectos e das relaci\u00f3ns que mantemos coas entidades.<\/p>\n<p>Pero probablemente o impacto m\u00e1is relevante estea en como utilizamos o noso tempo. Se conseguimos automatizar tarefas repetitivas, reducir duplicidades e diminu\u00edr determinados traballos manuais, poderemos dedicar m\u00e1is recursos a aquilo no que cremos que Algalia achega un valor diferencial: comprender as necesidades das organizaci\u00f3ns, acompa\u00f1alas nos seus procesos e ofrecer respostas especializadas e adaptadas \u00e1 realidade da econom\u00eda social e do terceiro sector.<\/p>\n<p>Ademais, hai unha dimensi\u00f3n que para n\u00f3s \u00e9 especialmente importante: realizar esta transformaci\u00f3n tecnol\u00f3xica de xeito coherente cos nosos valores. Por iso eliximos desenvolver o proxecto xunto con Som IT Cooperatiu, unha organizaci\u00f3n vinculada \u00e1 econom\u00eda social. Non buscamos unicamente unha soluci\u00f3n tecnol\u00f3xica, buscamos tam\u00e9n constru\u00edr unha forma de dixitalizaci\u00f3n baseada na colaboraci\u00f3n, a intercooperaci\u00f3n e un uso responsable da tecnolox\u00eda.<\/p>\n<p>En definitiva, entendemos a implantaci\u00f3n de Odoo como unha oportunidade para ser unha organizaci\u00f3n m\u00e1is integrada e eficiente, pero tam\u00e9n para reforzar a calidade e o valor do acompa\u00f1amento que ofrecemos \u00e1s nosas entidades clientes.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong><em>Romina Dios \u00e9 responsable de Control de Negocio de Algalia.<\/em><\/strong><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Por que decidiu Algalia implantar Odoo como ferramenta de xesti\u00f3n integral e que necesidades internas buscaba resolver con este cambio? A decisi\u00f3n parte dunha necesidade bastante clara: integrar e simplificar a nosa forma de xestionar a organizaci\u00f3n. Co tempo fomos incorporando diferentes aplicaci\u00f3ns para responder a necesidades concretas \u2014facturaci\u00f3n, contabilidade, xesti\u00f3n interna, relaci\u00f3n con clientes\u2026\u2014 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":16543,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[14],"tags":[31,25,63],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16540"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16540"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16540\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16542,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16540\/revisions\/16542"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16543"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16540"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16540"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16540"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}