{"id":16280,"date":"2026-05-11T10:17:49","date_gmt":"2026-05-11T08:17:49","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=16280"},"modified":"2026-05-28T10:24:43","modified_gmt":"2026-05-28T08:24:43","slug":"minerva-coira-de-asociacion-chamorro-agora-doulle-mais-importancia-a-validar-a-emocion-a-entender-que-hai-detras-e-a-respectar-os-tempos-de-cada-persoa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/minerva-coira-de-asociacion-chamorro-agora-doulle-mais-importancia-a-validar-a-emocion-a-entender-que-hai-detras-e-a-respectar-os-tempos-de-cada-persoa\/","title":{"rendered":"Minerva Coira, de Asociaci\u00f3n Chamorro: \u201cAgora doulle m\u00e1is importancia a validar a emoci\u00f3n, a entender que hai detr\u00e1s e a respectar os tempos de cada persoa\u201d"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/2.Minerva.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-16281 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/2.Minerva.jpg\" alt=\"\" width=\"554\" height=\"333\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/2.Minerva.jpg 1602w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/2.Minerva-300x180.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/2.Minerva-1024x614.jpg 1024w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/2.Minerva-768x461.jpg 768w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/2.Minerva-1536x921.jpg 1536w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/2.Minerva-610x366.jpg 610w\" sizes=\"(max-width: 554px) 100vw, 554px\" \/><\/a>Minerva COIRA \u00e9 educadora\/monitora na Asociaci\u00f3n Nosa Sra. De Chamorro, unha entidade en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual. En 2025 participou en VIRADA EMOCI\u00d3NS, un programa formativo de Algalia que est\u00e1 a piques de comezar a s\u00faa segunda edici\u00f3n 2026.<\/p>\n<p><strong>1. Antes de entrar en VIRADA EMOCI\u00d3NS, que expectativas ti\u00f1as tanto a nivel persoal como profesional? Hab\u00eda algunha necesidade concreta \u2014emocional, formativa ou dentro do teu labor na Asociaci\u00f3n Chamorro\u2014 que te impulsase a dar este paso? Como chegaches a co\u00f1ecer o programa VIRADA EMOCI\u00d3NS e que che motivou a participar nel?<\/strong><\/p>\n<p>A verdade \u00e9 que, antes de empezar VIRADA, sent\u00eda a necesidade de parar un pouco.<\/p>\n<p>A nivel profesional, buscaba ferramentas que me axudasen a xestionar mellor todo o emocional, porque no d\u00eda a d\u00eda traballamos con situaci\u00f3ns intensas e non sempre \u00e9 doado sostelas sen que che pasen factura. Quer\u00eda mellorar como profesional, si, pero tam\u00e9n atopar un xeito de acompa\u00f1ar que fose m\u00e1is tranquilo e m\u00e1is sostible para min.<\/p>\n<p>A nivel persoal tam\u00e9n contaba con esa sensaci\u00f3n de cansazo, de esixirme moito e de non parar nunca a recolocarme. Necesitaba aprender a coidarme un pouco m\u00e1is dentro do propio traballo.<\/p>\n<p>Co\u00f1ecimos o programa a trav\u00e9s da entidade, e desde Direcci\u00f3n t\u00edvose moi claro que era importante que particip\u00e1semos persoas de atenci\u00f3n directa. Para min foi importante, porque sent\u00edn que non era s\u00f3 algo individual, sen\u00f3n unha aposta real por coidar c\u00f3mo acompa\u00f1amos. E a partir de a\u00ed, sent\u00edn que este programa pod\u00eda darme xusto ese espazo que me faltaba: parar, mirarme e entender desde onde estou a facer o meu traballo. Iso foi o que me animou a participar.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>2. Durante o proceso, axudouche o programa para identificar aspectos de ti mesma que antes non ti\u00f1as tan presentes? Cales?<\/strong><\/p>\n<p>Si, moit\u00edsimo. Sobre todo axudoume a darme conta do importante que \u00e9 po\u00f1er l\u00edmites. Vinme reflectida en moitas situaci\u00f3ns nas que asum\u00eda m\u00e1is do que me correspond\u00eda ou preocup\u00e1bame por cousas que realmente non depend\u00edan de min.<\/p>\n<p>Moitas veces fas iso desde o compromiso, pero chega un punto no que te sobrecarga sen darche conta. Po\u00f1erlle nome a isto foi clave. Axudoume a baixar a autoexigencia e a empezar a tratarme cun pouco m\u00e1is de coidado. Non foi especialmente c\u00f3modo velo, pero si moi necesario.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>3. Incorporaches ferramentas ou metodolox\u00edas do programa na t\u00faa pr\u00e1ctica profesional? Como se beneficiou a t\u00faa entidade diso?<\/strong><\/p>\n<p>Si, aos poucos fun incorporando cousas que agora forman parte do meu xeito de traballar. A escoita activa, por exemplo, foi un cambio importante. Agora intento parar m\u00e1is, escoitar sen tanta pr\u00e9sa, sen querer resolver r\u00e1pido, e validar o que a outra persoa est\u00e1 a sentir. Tam\u00e9n utilizo a respiraci\u00f3n consciente e pequenas estratexias para regular situaci\u00f3ns cando hai tensi\u00f3n: baixar est\u00edmulos, esperar, non reaccionar de primeiras\u2026 Son cousas sinxelas, pero que marcan moito a diferenza.<\/p>\n<p>Isto n\u00f3tase especialmente en momentos de frustraci\u00f3n, conflito ou axitaci\u00f3n. Antes pod\u00eda vivilo con m\u00e1is nervios ou sensaci\u00f3n de desborde, e agora sento que podo estar desde un lugar m\u00e1is tranquilo.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n me axudou a escoitarme m\u00e1is e a non esixirme tanto constantemente. E ao final, todo isto vaise notando na contorna: hai m\u00e1is calma, m\u00e1is comprensi\u00f3n e un xeito de relacionarnos m\u00e1is coidada.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>4. Cres que cambiou o teu xeito de acompa\u00f1ar a outras persoas ou colectivos? En que sentido?<\/strong><\/p>\n<p>Si, claramente. Agora acompa\u00f1o desde un sitio diferente. Antes ti\u00f1a m\u00e1is a necesidade de facer, de resolver, de intervir r\u00e1pido\u2026 e agora estou moito m\u00e1is no estar, en acompa\u00f1ar desde a presenza. Doulle m\u00e1is importancia a validar a emoci\u00f3n, a entender que hai detr\u00e1s e a respectar os tempos de cada persoa. Tam\u00e9n son m\u00e1is consciente do que me pasa a min nesas situaci\u00f3ns, e iso ax\u00fadame a non reaccionar de forma autom\u00e1tica.<\/p>\n<p>Creo que agora o acompa\u00f1amento \u00e9 m\u00e1is tranquilo, m\u00e1is humano e real. E iso fai que os v\u00ednculos tam\u00e9n sexan m\u00e1is fortes e que se xeren espazos m\u00e1is seguros.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>5. Como definir\u00edas agora a importancia do traballo emocional dentro do \u00e1mbito social?<\/strong><\/p>\n<p>Para min agora \u00e9 clar\u00edsimo: \u00e9 a base. Se non coidamos a parte emocional, o traballo acaba sendo moi autom\u00e1tico e desgasta moit\u00edsimo. Perdes conexi\u00f3n, tanto coas persoas como contigo mesma. En cambio, cando hai ese coidado, todo cambia. O acompa\u00f1amento v\u00f3lvese m\u00e1is pr\u00f3ximo, m\u00e1is humano, m\u00e1is aut\u00e9ntico. Non \u00e9 un engadido, \u00e9 o que sost\u00e9n todo o demais.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>6. Se tiveses que describir nunha palabra ou met\u00e1fora o que supuxo VIRADA EMOCI\u00d3NS para ti, cal ser\u00eda?<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u201cRespiro\u201d.<\/strong> Porque foi xusto iso: un espazo para parar, baixar o ritmo e recolocarme un pouco por dentro.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>7. Houbo alg\u00fan aspecto que che resultase especialmente desafiante ou inc\u00f3modo? Como o xestionaches?<\/strong><\/p>\n<p>Si, abrirme e falar do que sento diante de xente que non co\u00f1ec\u00eda ao principio foi bastante retador. Tam\u00e9n o tema dos l\u00edmites removeume bastante. Ver tan claro ata onde podes chegar e ata onde non\u2026 non sempre \u00e9 c\u00f3modo. Pero fun levando aos poucos, sen forzarme, d\u00e1ndome tempo e confiando no proceso.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>8. Se puideses mellorar algo do programa, que ser\u00eda?<\/strong><\/p>\n<p>Engadir\u00eda algunha sesi\u00f3n de seguimento despois de terminar. Algo que permita volver conectar co traballado, porque no d\u00eda a d\u00eda \u00e9 doado que todo isto dil\u00faase se non o segues traballando.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>9. Recomendar\u00edas esta experiencia a outras persoas do \u00e1mbito social ou asociativo? Por que?<\/strong><\/p>\n<p>Si, totalmente. Creo que \u00e9 unha experiencia moi necesaria. Non s\u00f3 che d\u00e1 ferramentas, sen\u00f3n que che d\u00e1 un espazo para parar e mirarche, que moitas veces non temos. E no noso traballo iso \u00e9 clave porque, ao final, acompa\u00f1amos mellor cando estamos mellor.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Minerva COIRA \u00e9 educadora\/monitora na Asociaci\u00f3n Nosa Sra. De Chamorro, unha entidade en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual. En 2025 participou en VIRADA EMOCI\u00d3NS, un programa formativo de Algalia que est\u00e1 a piques de comezar a s\u00faa segunda edici\u00f3n 2026. 1. Antes de entrar en VIRADA EMOCI\u00d3NS, que expectativas ti\u00f1as tanto a nivel persoal [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":16281,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12,53],"tags":[39],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16280"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16280"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16280\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16282,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16280\/revisions\/16282"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16281"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16280"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16280"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16280"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}