{"id":16188,"date":"2026-04-02T11:53:15","date_gmt":"2026-04-02T09:53:15","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=16188"},"modified":"2026-04-17T11:56:56","modified_gmt":"2026-04-17T09:56:56","slug":"o-novo-real-decreto-de-facturacion-electronica-obrigara-ao-terceiro-sector-a-dar-un-salto-en-dixitalizacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/o-novo-real-decreto-de-facturacion-electronica-obrigara-ao-terceiro-sector-a-dar-un-salto-en-dixitalizacion\/","title":{"rendered":"O novo Real Decreto de facturaci\u00f3n electr\u00f3nica obrigar\u00e1 ao terceiro sector a dar un salto en dixitalizaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>O Real Decreto 238\/2026, publicado o pasado 31 de marzo, que regula a facturaci\u00f3n electr\u00f3nica obrigatoria entre empresas e profesionais, introduce un cambio de calado que tam\u00e9n impactar\u00e1 directamente en asociaci\u00f3ns e fundaci\u00f3ns. A\u00ednda que a norma non menciona expresamente ao terceiro sector, si afecta a todas aquelas entidades que desenvolven actividade econ\u00f3mica, unha realidade cada vez m\u00e1is habitual en organizaci\u00f3ns sociais.<\/p>\n<p>Este novo marco obriga a emitir, recibir e xestionar facturas electr\u00f3nicas a trav\u00e9s de plataformas espec\u00edficas \u2014privadas, ou a soluci\u00f3n p\u00fablica que crear\u00e1 a Axencia Tributaria\u2014 e a informar en prazos moi reducidos sobre o seu estado (aceptaci\u00f3n, rexeitamento ou pago). Na pr\u00e1ctica, a factura deixa de ser un simple documento contable para converterse nun proceso dixital completo e monitorizado.<\/p>\n<p>O impacto \u00e9 especialmente relevante para o sector non lucrativo pola s\u00faa estrutura e forma de traballar. Moitas entidades contan con equipos reducidos, sistemas administrativos pouco dixitalizados e unha actividade mixta na que conviven actividades econ\u00f3micas (nas que emiten facturas e reciben facturas) con outras que non o son (xeralmente financiadas por doaz\u00f3ns, cotas ou subvenci\u00f3ns). Isto esixir\u00e1 unha maior separaci\u00f3n e control destas operaci\u00f3ns, as\u00ed como unha reorganizaci\u00f3n interna xa que todas as actividades veranse afectadas de cheo.<\/p>\n<p>O real decreto introduce novas esixencias operativas: xesti\u00f3n de estados de facturas (aceptada, rexeitada, paga), comunicaci\u00f3n de pagos en prazos curtos e maior coordinaci\u00f3n entre \u00e1reas como administraci\u00f3n, contabilidade e tesourer\u00eda. Todo iso sup\u00f3n un aumento da carga administrativa, unha coordinaci\u00f3n clara e regular e a necesidade de implantar ferramentas tecnol\u00f3xicas adecuadas.<\/p>\n<p>Cun calendario de aplicaci\u00f3n progresivo \u2014como m\u00ednimo de 24 meses para a maior\u00eda de entidades\u2014, o terceiro sector disp\u00f3n dunha marxe para adaptarse. Con todo, o cambio de fondo xa \u00e9 claro: pasar de xestionar facturas a xestionar procesos dixitais completos, con maior rastrexabilidade, control e esixencia na xesti\u00f3n.<\/p>\n<p>En Algalia, levamos anos acompa\u00f1ando a asociaci\u00f3ns e fundaci\u00f3ns na mellora da s\u00faa xesti\u00f3n econ\u00f3mica e administrativa, e este cambio normativo reforza algo que xa estamos a realizar con moitas entidades: a necesidade de ordenar procesos, dixitalizar a xesti\u00f3n e anticiparse.<\/p>\n<p>A boa noticia \u00e9 que non se trata s\u00f3 de cumprir cunha obrigaci\u00f3n legal. Ben abordado, este proceso pode axudar \u00e1s organizaci\u00f3ns para ga\u00f1ar control, reducir erros e tomar mellores decisi\u00f3ns sobre a s\u00faa actividade econ\u00f3mica.<\/p>\n<p>Neste contexto, o acompa\u00f1amento \u00e9 clave. Analizar que parte da actividade est\u00e1 suxeita a facturaci\u00f3n, elixir a ferramenta adecuada e adaptar os procesos internos marcar\u00e1 a diferenza entre unha adaptaci\u00f3n forzada ou unha oportunidade de mellora.<\/p>\n<p>Desde Algalia queremos trasladar unha mensaxe de tranquilidade: a\u00ednda hai marxe para adaptarse e o desenvolvemento pr\u00e1ctico da norma ir\u00e1 concret\u00e1ndose nos pr\u00f3ximos meses. Neste tempo seguiremos ao lado dos nosos clientes para que a adaptaci\u00f3n se faga en prazo, con sentido, de forma ordenada e axustada \u00e1 realidade de cada organizaci\u00f3n.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Real Decreto 238\/2026, publicado o pasado 31 de marzo, que regula a facturaci\u00f3n electr\u00f3nica obrigatoria entre empresas e profesionais, introduce un cambio de calado que tam\u00e9n impactar\u00e1 directamente en asociaci\u00f3ns e fundaci\u00f3ns. A\u00ednda que a norma non menciona expresamente ao terceiro sector, si afecta a todas aquelas entidades que desenvolven actividade econ\u00f3mica, unha realidade [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":16189,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[11,35,48],"tags":[50,18],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16188"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16188"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16188\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16190,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16188\/revisions\/16190"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16189"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16188"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16188"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16188"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}