{"id":15956,"date":"2025-11-26T13:06:16","date_gmt":"2025-11-26T11:06:16","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=15956"},"modified":"2026-03-24T12:14:20","modified_gmt":"2026-03-24T10:14:20","slug":"doce-meses-once-historias-novembro-unha-mais-da-familia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/doce-meses-once-historias-novembro-unha-mais-da-familia\/","title":{"rendered":"DOCE MESES, ONCE HISTORIAS: NOVEMBRO. Unha m\u00e1is da familia."},"content":{"rendered":"<p><strong><a href=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/Luisa_2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-15959 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/Luisa_2.jpg\" alt=\"\" width=\"474\" height=\"297\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/Luisa_2.jpg 1125w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/Luisa_2-300x188.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/Luisa_2-1024x642.jpg 1024w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/Luisa_2-768x481.jpg 768w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/Luisa_2-610x382.jpg 610w\" sizes=\"(max-width: 474px) 100vw, 474px\" \/><\/a>Luisa Barciela: \u201cAgora que me xubilo, a metade dunha parte da mi\u00f1a vida queda en Algalia\u201d<\/strong><\/p>\n<p><strong>Co\u00f1ece en profundidade os corredores de Algalia e \u00e1s persoas que os habitan. Despois de 26 anos dando lustro \u00e1s s\u00faas oficinas, Luisa xub\u00edlase cun sorriso e o agradecemento por atopar xente marabillosa que conseguiu facela sentir unha m\u00e1is. <\/strong><\/p>\n<p>A primeira vez que pisei a oficina de Algalia foi en 1999. Cheguei acompa\u00f1ada da mi\u00f1a xefa porque eu era moi t\u00edmida e cust\u00e1bame relacionarme con xente, pero despois dunha semana comezou unha viaxe que durar\u00eda 26 anos ata hoxe, cando celebramos o seu 30 aniversario.<\/p>\n<p>Durante ese tempo tiven a oportunidade de co\u00f1ecelos a fondo, cheguei a saber cos ollos pechados como quer\u00eda ter cada un o seu espazo de traballo, e na medida do posible, fixen porque as\u00ed fose, para que sentisen confortables. Era a \u00fanica maneira de agradecerlles o ben que me fixeron sentir, e por iso non me importou botar m\u00e1is horas das que deb\u00eda polos corredores de Algalia.<\/p>\n<p>A\u00ednda me acordo de Jorge po\u00f1endo folios polo chan para non \u2018pisar o fregado\u2019 ou a Rafa, sempre discreto, tralo seu computador. As confidencias con Marta ou a vez que escoitei a Celso dicirlle a Lupe que non ti\u00f1a cunca para beber auga. Ao d\u00eda seguinte fun comprarlle unha e deixeilla no escritorio. Creo que nunca soubo que fora eu.<\/p>\n<p>Cando traballas no sector da limpeza non todo o mundo resp\u00e9ctache da mesma maneira. Atopar a xente tan honrada e marabillosa \u00e9 un privilexio. Desde o primeiro momento, sent\u00edn que era unha traballadora m\u00e1is en Algalia, escoit\u00e1banme e t\u00ed\u00f1anme en conta, permitiron que vi\u00f1ese ao mediod\u00eda para non esperar a \u00faltima hora da tarde a que se baleirase a oficina, ou cando a mi\u00f1a sogra e o meu marido estiveron ingresados ao mesmo tempo, Celso d\u00edxome que me esquecese da oficina e me centrara no importante. E iso non ten prezo.<\/p>\n<p>A humanidade \u00e9 un valor que escasea nunha sociedade tan individualizada onde parece que cada un s\u00f3 mira para si mesmo. Se de cando en vez levant\u00e1semos a cabeza atopariamos persoas que paga a pena co\u00f1ecer, escoitar, porque cho dan todo sen pedir nada a cambio. Sempre tentei facer o meu traballo con profesionalidade e discreci\u00f3n, pero, sobre todo, con lealdade cara a un equipo que se abriu e me integrou no seu d\u00eda a d\u00eda como unha m\u00e1is. Se algo me d\u00e1 pena da xubilaci\u00f3n \u00e9 por eles, pero que non se despisten que en calquera momento regreso a lembrar os vellos tempos compartidos.<\/p>\n<p><em>Luisa Barciela \u00c1lvarez, responsable da limpeza das oficinas de Algalia<\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Luisa Barciela: \u201cAgora que me xubilo, a metade dunha parte da mi\u00f1a vida queda en Algalia\u201d Co\u00f1ece en profundidade os corredores de Algalia e \u00e1s persoas que os habitan. Despois de 26 anos dando lustro \u00e1s s\u00faas oficinas, Luisa xub\u00edlase cun sorriso e o agradecemento por atopar xente marabillosa que conseguiu facela sentir unha m\u00e1is. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":15957,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[54,14],"tags":[31],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15956"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15956"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15956\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15961,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15956\/revisions\/15961"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15957"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15956"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15956"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15956"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}